bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 29
Ezekiel 29
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 30 →
1
O ano dez, o día doce do mes décimo, veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, dirixe a túa ollada cara ó Faraón, rei de Exipto, e profetiza contra el e contra todo o Exipto.
3
Fala e dille: Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu estou contra ti, Faraón, rei de Exipto, grande monstro, deitado entre as canles do Nilo, que di: "De min sae o meu Nilo, e eu prodúzoo para min".
4
Poñerei dous ganchos nas túas queixadas, e apegarei os peixes do Nilo ás túas escamas; farei que subas do medio do Nilo, e leves pegados todos os peixes do Nilo nas túas escamas.
5
Arrastrareite ó deserto a ti e a todos os peixes do Nilo; morrerás sobre a superficie do campo, sen que te recollan nin te enterren. Poñereite de pasto para os bechos de debaixo da terra e para os paxaros do ceo;
6
entón todos os habitantes de Exipto recoñecerán que eu son o Señor. Por seren eles un bastón de canivela, para a Casa de Israel,
7
cando ti os apertes coa túa man, sentiraste débil pero romperás ante eles todo apoio; cando eles se apoien en ti, romperaste, pero farás que todas as túas forzas se restablezan para o ben deles.
8
Por isto así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, vou traer a espada contra ti e exterminar de ti homes e animais,
9
e o país de Exipto volverase desolación e ruína. Entón recoñeceredes que eu son o Señor. Por dicires: "O Nilo sae de min, eu son quen o fixen",
10
por isto, velaí, eu estou contra ti e contra o teu Nilo; eu vou converter o país de Exipto en ruínas, nunha ruína desértica desde a Torre das Caravanas ata a fronteira de Etiopía.
11
Non o atravesará pé de home nin casco de animal o cruzará; nin será habitado durante corenta anos.
12
Converterei o país de Exipto nunha desolación maior cós países que están desolados: as súas cidades que foron arruinadas, durante corenta anos. Esparexerei a Exipto entre os pobos e espallareino entre os países.
13
Velaí o que di o meu Señor, Iavé: —O cabo de corenta anos reunirei a Exipto de entre os pobos a onde foi esparexido;
14
deste xeito cambiarei a sorte da catividade de Exipto e fareinos volver ó país do Sur, a súa terra de orixe, e formarán alí un reino humilde,
15
que será máis humilde cós outros reinos; e non se volverá levantar contra os outros pobos, fareino miúdo para que non oprima ós demais pobos.
16
Exipto nunca máis será para a Casa de Israel a seguridade, que fai lembrar a iniquidade de cando Israel se volvía tras el, senón que a Casa de Israel recoñecerá que eu son o Señor, Iavé.
17
O ano vinte e sete, o un do primeiro mes, veume a palabra do Señor nestes termos:
18
Fillo de Adam: Nabucodonosor, rei de Babilonia, fixo traballar ó seu exército en dura campaña contra Tiro; todas as cabezas quedaron peladas, e todos os ombreiros quedaron sen pel; pero nin el nin o seu exército sacarán proveito de Tiro, a pesar da campaña que contra el fixeron.
19
Por isto, así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, voulle entregar o país de Exipto a Nabucodonosor, rei de Babilonia, que collerá os tesouros de Exipto, roubará as súas ganancias e arrebatará o seu botín, e así terá salario para o seu exército.
20
En paga da esforzada campaña que fixeron contra Tiro, eu entregareilles o país de Exipto, pois fixérono por min, —é o meu Señor, Iavé, quen o di—.
21
O día aquel medrará a puxanza da Casa de Israel, e a ti concedereiche o poder abrir a boca no medio deles. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
← Chapter 28
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 30 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48