bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 5
Ezekiel 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 6 →
1
—E ti, fillo de Adam, colle unha coitela ben afiada, colle unha navalla barbeira, e pásaa pola túa cabeza e máis pola túa barba. Despois colle unha balanza de pesar e distribúe o pelo en partes.
2
Unha terceira parte quéimaa no lume no medio da cidade, cando se acaben os días do asedio; logo colle outro terzo e dálle cortes coa espada todo ó arredor da cidade; e o outro terzo esparéxeo ó vento: certo, eu desenfundarei a espada tras eles.
3
Destes últimos pelos collerás unha pequena cantidade e meteralos ben apertados na dobrez do teu manto;
4
logo volverás coller algúns deles e botaralos no medio do lume e queimaralos nel, e deste lume sairá un incendio para toda a casa de Israel.
5
Isto di o Señor, Iavé: —Esta é Xerusalén! Púxena no medio dos pobos, arredor dela puxen países;
6
pero rebelouse contra as miñas ordes, é máis desleal cós pobos pagáns; rebelouse contra os meus preceptos é máis desleal cós países que hai ó seu arredor. Rexeitaron as miñas ordes, non se comportaron conforme os meus preceptos.
7
Por isto así fala o Señor, Iavé: —Xa que a vosa seguridade proviña das nacións que se atopaban ó arredor voso, non seguistes os meus preceptos, nin cumpristes as miñas ordes, e nin sequera vos comportastes de acordo cos costumes dos pobos que están ó arredor voso.
8
Por isto así fala o Señor, Iavé: —Olla: eu estou contra ti, eu mesmo, para facer en ti xustiza á vista dos pobos.
9
Farei en ti o que nunca fixen, nin volverei facer cousa semellante, por causa de todas as túas abominacións.
10
Pois os pais devorarán os fillos no medio de ti e os fillos devorarán a seus pais; e executarei a sentencia en ti, ó esparexer ós catro ventos o que queda de ti.
11
Pois, pola miña vida é o Señor, Iavé, quen fala, por teres profanado o meu santuario cos teus ídolos e coas túas abominacións, xuro que tamén eu te rexeitarei, e que o meu rostro non terá compaixón de ti e eu tampouco non te perdoarei.
12
Unha terceira parte de ti morrerá pola espada e consumirase de fame no medio de ti; o outro terzo caerá pola espada ó arredor de ti; e ó último terzo esparexereino ós catro ventos e logo desenfundarei a espada tras eles,
13
e a miña ira chegará á fin, desabafarei o meu furor contra eles, e quedarei tranquilo cando o meu furor contra eles chegue á fin: entón daranse conta de que eu son o Señor que falei coa paixón dos meus celos.
14
Pois eu á vista de todos os que pasan convertereite nunha morea de ruínas e nunha vergonza entre todos os pobos que están ó teu arredor,
15
e serás para todos os pobos que están ó teu arredor obxecto de vergonza e de escarnio, de escarmento e horror, cando faga en ti xustiza con ira e furor, con furiosos castigos. Son eu, o Señor, quen o digo.
16
Cando eu lance as fatídicas frechas da fame, vós seredes destruídos por elas, que se converterán no destrutor, pois son eu quen as lanzarei. Aumentareivos a fame e privareivos da abundancia de pan.
17
Mandarei contra vós fame e animais salvaxes: deixarante sen fillos, pois a peste e mais o sangue pasarán por ti, e mandarei a espada contra ti. Eu, o Señor, son quen o di.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48