bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 32
Ezekiel 32
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 33 →
1
O ano doce, no mes doce, o primeiro do mes, veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, entoa unha elexía sobre o Faraón, rei de Exipto, e dille: Parecías o leonciño das nacións, pero eras coma crocodilo nas canles do Nilo, a rebolos atoldabas a auga cos pés e enlodabas as correntes.
3
Así fala o meu Señor, Iavé: —Estenderei sobre ti a miña rede: cando se xunten as nacións populosas, sacarante na miña rede varredoira;
4
botareite contra a terra, e contra a superficie do chan esnaquizareite, farei pousar sobre ti a todas as aves de rapina do ceo, e farei que se farten de ti todos os animais carnívoros da terra.
5
Porei a túa carnaza sobre as montañas e encherei os vales da túa carne podrecida.
6
Dareille de beber á terra, verténdote a ti co teu sangue sobre as montañas, e os barrancos encheranse de ti.
7
Cando ti te apagues, cubrirei o ceo e porei de loito as súas estrelas, o sol tapareino con nubes e a lúa non alumará coa súa luz.
8
A todos os astros luminosos que hai no ceo, poreinos de loito por ti, e porei as tebras sobre a túa terra, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
9
Perturbarei o corazón dos pobos ricos, cando leve os teus despoxos a nacións, a países que non coñecedes.
10
Farei que se sintan desolados por ti os pobos ricos, e ós seus reis poránselles os pelos de punta por ti, cando eu faga voar a miña espada na súa presenza; tremerán conturbados cada un pola súa vida, o día da túa caída.
11
Pois, así fala o meu Señor, Iavé: —Chegará sobre ti a espada do rei de Babilonia,
12
farei caer a túa tropa por espadas de valentes, que en conxunto forman o máis tirano dos pobos: eles arrasarán o orgullo de Exipto e quedará devastada toda a súa tropa.
13
Farei desaparecer todos os seus animais da presenza do caudaloso río, e nin pé de home o volverá a alodar, nin casco de animal o atoldará.
14
Entón lanzarei ó Abismo as súas augas, e farei correr os seus afluentes de cor amarela, —é o meu Señor, Iavé quen fala—.
15
Cando se converta o país de Exipto nun deserto, entón quedará despoxado de todo o que o enche; cando eu fira a todos os seus habitantes, entón recoñecerán que eu son o Señor.
16
Esta será a elexía que cantarán, cantarana as cidades das nacións, cantarana por Exipto e por toda a súa tropa —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
17
O ano doce, o quince do mesmo mes, veume a palabra do Señor nestes termos:
18
—Fillo de Adam, entoa unha lamentación pola tropa de Exipto; fai baixar a tropa cos seus afáns de poder, e as cidades das nacións poderosas ata as profundidades da terra, xunto cos que baixan ó abismo.
19
Foi acaso Exipto máis agraciado cós máis? Pois anda vagabundo e cae xunto cos incircuncisos,
20
que caen canda os acoitelados pola espada. Entréganse espadas que dispersan a Exipto e a toda a súa tropa.
21
Un exército de valentes persegue a tropa de Exipto, persegue ata o medio do Xeol os reforzos da tropa: os incircuncisos baixarán a descansar no Abismo, acoitelados con espada.
22
Alá está Asur e todo o seu exército, arredor da tropa de Exipto, arredor das súas sepulturas, todos eles acoitelados, caídos a espada.
23
Pois a sepultura de Asur está posta no máis fondo do Abismo, e o seu exército está arredor da súa sepultura; todos eles caeron acoitelados con espada, pois puxeron terror no mundo dos vivos.
24
Alí está Elam e todas as súas tropas arredor da súa sepultura: todos eles caeron acoitelados con espada, e así baixaron incircuncisos ó profundo da terra, pois puxeron terror no mundo dos vivos; levaron a súa deshonra xunto cos que baixaban ó Abismo.
25
Entre os acoitelados puxéronlle o leito a Elam, con toda a súa tropa arredor do leito, arredor da súa sepultura. Todos eles foron incircuncisos, acoitelados con espada, pois o seu terror estendeuse polo mundo dos vivos; por isto levaron a súa deshonra xunto cos que baixaron ó Abismo, e foron colocados entre os acoitelados.
26
Alí está Méxec, Tubal e todo o seu exército arredor do leito, arredor da súa sepultura: todos eles incircuncisos, acoitelados con espada, pois estenderon o seu terror polo mundo dos vivos.
27
Pero non están deitados xunto cos heroes que caeron separados dos incircuncisos e que baixaron ó Xeol coas súas armaduras de guerra, que puxeron as súas espadas debaixo das súas cabezas e os seus escudos sobre os seus esqueletos, pois o terror dos heroes estendérase polo mundo dos vivos.
28
Pero ti iraste descompoñendo entre incircuncisos e descansarás cos acoitelados con espada.
29
Para alá van Edom, os seus reis e todos os seus príncipes, que coas súas poderosas mulleres foron sepultados xunto cos acoitelados con espada; eles mesmos descansan xunto cos incircuncisos e cos que baixan ó Abismo.
30
Para alá van os príncipes do Norte, todos eles e todos os sidonios, que, apartados das súas poderosas mulleres, polo seu propio terror baixaron ó Abismo xunto cos acoitelados, e, incircuncisos, descansaron xunto cos acoitelados a espada; e levaron a súa deshonra xunto cos que baixaron ó Abismo.
31
O ver a estes, o Faraón consolarase de toda a súa tropa, pois os mortos a espada son o Faraón e todo o seu exército —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
32
Pois eu deixei que provocase o terror no mundo dos vivos, para que o Faraón e toda a súa tropa se deitase entre incircuncisos, cos acoitelados a espada, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 33 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48