bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 8
Ezekiel 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 9 →
1
No ano sexto, no mes sexto, o cinco deste mes, estando eu sentado na miña casa e estando sentados os anciáns de Xudá diante de min, caeu alí sobre min a man do Señor, Iavé.
2
Entón tiven unha visión: e velaí unha forma, coma o aspecto dun home: desde o que parecía a súa cintura para abaixo, era lume; e desde a súa cintura para arriba tiña coma o aspecto do fulgor, coma o brillo do electro.
3
Alongou unha especie de man e colleume polas guedellas da cabeza; entón o Espírito levantoume entre a terra e o ceo, e en visións divinas levoume a Xerusalén, á entrada da porta interior, que dá ó norte, onde está o sitio da imaxe dos celos, a imaxe do creador.
4
E alí estaba a gloria do Deus de Israel, semellante á visión que eu tivera na chaira.
5
Entón díxome: Fillo de Adam, levanta os teus ollos, en dirección ó norte. Eu levantei os meus ollos en dirección ó norte, e velaí que ó norte da porta do altar estaba a imaxe dos celos, a que estaba na entrada.
6
Logo engadiu: Fillo de Adam, non estás a ollar o que eles fan: as grandes abominacións que comete aquí a casa de Israel ó apartarse do meu santuario? Aínda volverás ver abominacións maiores.
7
Logo levoume á porta do adro; ollei, e vin unha físgoa na parede.
8
Díxome: Fillo de Adam, fai que a físgoa se abra no muro. Eu fixen que a físgoa se abrise no muro, e había unha abertura.
9
Logo díxome: Entra e olla as perversas abominacións que eles están facendo aquí.
10
Entrei e ollei, e vin todo xeito de réptiles e animais, as abominacións e todos os ídolos da casa de Israel esculpidos sobre o muro ó arredor.
11
E alí, tamén ó arredor, setenta homes dos anciáns da Casa de Israel, con Iezanías, fillo de Xafán no medio deles; estaban de pé cara ás imaxes; cada un tiña o seu incensario na man e o perfume da nube de incenso subía.
12
Díxome: Non ves, fillo de Adam, o que están a facer os anciáns da Casa de Israel na escuridade, cada un no camarín da súa imaxe? Oe o que están a dicir: "O Señor non é capaz de nos ver, o Señor abandonou o país".
13
E seguiume dicindo: Aínda volverás a ver as abominacións máis grandes que eles fan.
14
Entón levoume á entrada da porta do templo do Señor que dá ó norte, e vin as mulleres sentadas chorando por Tamuz.
15
Díxome: Non ves, fillo de Adam? Aínda volverás ver abominacións máis grandes ca estas.
16
Entón levoume ó adro interior do templo do Señor, e vin na porta do templo do Señor, entre a entrada e mais o altar, coma uns vinte e cinco homes, de costas para o templo do Señor e coa cara para o nacente: eles estaban prostrados cara ó nacente adorando o sol.
17
Díxome: Víchelo, fillo de Adam? Parécelle pouco á Casa de Xudá cometer as abominacións que está a cometer aquí, que enche o país de violencia e volve enfadarme! Velaí que envían tropa forzuda, a súa forza irada!
18
Pois eu tamén obrarei con carraxe, nin o meu rostro terá compaixón deles, nin os perdoarei; clamarán a grandes berros ós meus oídos, pero eu non os escoitarei.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48