bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 47
Ezekiel 47
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 46
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 48 →
1
Logo fíxome volver á entrada do templo, e velaí que debaixo do vestíbulo do templo saía auga cara ó nacente, pois a fachada do templo daba ó nacente e a auga baixaba polo lado dereito do templo, ó sur do altar.
2
Logo fíxome saír pola porta do norte e dar a volta polo exterior ata a porta exterior, que mira ó nacente, e velaí que a auga ía correndo pola ladeira dereita.
3
Cando o home saíu cara ó nacente, levaba un cordel na súa man e mediu mil cóbados; logo fíxome atravesar pola auga, que me chegaba ós nocellos.
4
Volveu medir mil cóbados, e fíxome atravesar polas augas, que me chegaban ata os xeonllos; volveu medir mil cóbados, e fíxome atravesar: a auga ata a cintura!
5
Volveu medir mil cóbados: era un río que eu non era capaz de cruzar. Tanto subiran as augas, que eran augas de nadar, un río que non se podía cruzar.
6
Entón díxome: —Viches, fillo de Adam? Logo fíxome dar a volta, e levoume á beira do río.
7
E cando dei a volta, velaí, á beira do río, unha enorme arboredo dun lado e do outro.
8
Entón díxome: —Esta auga está correndo cara á bisbarra do nacente, e baixará sobre a Arabah e entrará no mar Morto; estas augas conducidas cara ó mar, quedarán de certo saneadas.
9
E todo ser vivente, que rebula en calquera lugar onde vai tal río, vivirá; peixes haberaos abondo, pois estas augas chegarán alí e farán revivir todo o lugar: onde desemboque o río haberá vida.
10
E os pescadores estarán de pé á beira do río: desde En—Guedí ata Eneglaim haberá secadoiros para as redes; os seus peixes serán por especies tan abundantes coma os peixes do Mediterráneo.
11
Nas súas marismas e nas súas lagoas non haberá saneamento, senón que se deixarán para ter sal.
12
A beira do río, nunha marxe e noutra, medrará toda clase de árbores froiteiras: a súa follaxe non murchará, e a súa froita non acabará, senón que cada mes dará unha nova colleita, pois as augas do río son as que saen do santuario; por isto a súa froita servirá para comer, e as súas follas servirán para remedios.
13
Así fala o Señor, Deus: —Estas son as marxes, dentro das que vós repartiredes a propiedade da terra entre as doce tribos de Israel: a Xosé tocaranlle dúas partes de terra.
14
Repartiredes a terra, tocándolle a cada un o mesmo có seu irmán, xa que eu xurei coa man levantada, que llela daría ós vosos pais, e por iso esta terra tocaravos a vós en partes de herdanza.
15
Estes son os lindeiros do país: polo lado do norte: desde o mar Mediterráneo, polo camiño de Hetlón, entrando en Sedadah,
16
Hamat, Berotah, Sibraim —entre a marxe de Damasco e a marxe de Hamat—, Haser do medio que está cerca do territorio de Haverán.
17
Así esta fronteira irá desde o mar ata Haser Enón, lindando co territorio de Damasco polo norte, e ó norte tamén o territorio de Hamat. Tal será o lado norte.
18
Velaquí o lado do nacente: medide vós entre Haverán e Damasco, e entre Galaad e a terra de Israel, logo o Xordán será a linde ata o mar do nacente. Tal será o lado do nacente.
19
Velaí o lado do Négueb, cara ó sur: desde Tamar ata o oasis de Meribah de Cadex, na dirección do río e ata o mar Mediterráneo: tal será o lado do sur, na dirección do Négueb.
20
Velaí o lado do poñente: o mar Mediterráneo serve de marxe fronte á entrada de Hamat: este é o lado do poñente.
21
Vós repartirédesvos a terra esta entre as tribos de Israel,
22
pero farédelo botando ás sortes as partes da herdanza para vós e para os estranxeiros que viven entre vós, os que xa tiveron fillos entre vós; serán para vós coma nativos entre os fillos de Israel, e con eles botaredes ás sortes as partes da herdanza no medio das tribos de Israel.
23
Será na tribo na que resida o estranxeiro onde lle daredes a súa parte de herdanza —é o Señor, Deus, quen fala—.
← Chapter 46
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 48 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48