bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 28
Ezekiel 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 29 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, dille ó príncipe de Tiro: Así fala o meu Señor, Iavé: Dado que se ensoberbeceu o teu corazón e pensaches: "Son un deus, estou sentado nun trono de deuses no corazón do mar", sendo ti un home, non un deus; aínda que ti pensaches que tiñas unha sabedoría coma a dos deuses.
3
Seica ti es máis sabio ca Daniel e ningún misterio se che resiste!
4
Coa túa habilidade e coa túa agudeza conseguiches ouro e prata entre os teus tesouros.
5
Con aguda habilidade nos teus tratos aumentaches a túa fortuna, e coa riqueza o teu corazón volveuse orgulloso.
6
Por isto así fala o meu Señor, Iavé: —Porque consideraches a túa sabedoría coma a sabedoría dun deus,
7
por isto, velaí que eu vou traer contra ti os bárbaros, os máis tiranos dos pobos; desenfundarán as súas espadas contra a túa preciosa sabedoría e acoitelarán o teu esplendor.
8
Farante baixar ó Abismo, e no corazón do mar morrerás coa morte do acoitelado.
9
Aínda te atreverás a dicir: "Eu son un deus" na presenza dos que te van matar? Pois ti es un home, non un deus, nas mans dos que te van acoitelar.
10
Nas mans dos bárbaros morrerás coa morte dos castrados, pois eu son quen falei, —oráculo do Señor—.
11
Veume a palabra do Señor nestes termos:
12
—Fillo de Adam, entoa unha elexía sobre o rei de Tiro: Así fala o meu Señor, Iavé: —Ti es a serpente da perfección, cheo de sabedoría, e perfecto en fermosura;
13
ti vives no Edén, o xardín de Deus, toda sorte de pedras preciosas son o teu valo: cornalina, topacio, augamariña, crisólito, berilo e ónix; zafiro, rubí e esmeralda, e o ouro que hai en ti é por causa da túa fermosura, e do teu esplendor; foi preparado para ti o día que fuches creado.
14
Ti eras un querubín coas ás estendidas, púxente de gardián, estabas no monte santo dos deuses, e movíaste por entre carbóns ardendo.
15
Ti eras perfecto polo teu comportamento, desde o día en que fuches creado ata o día no que se atopou en ti a iniquidade.
16
Coa abundancia do teu comercio íaste enchendo por dentro de violencia e pecados, por isto eu destituínte da categoría sacra, lonxe da montaña de Deus, e elimineite a ti, querubín protector, de entre os carbóns acendidos.
17
O teu corazón ensoberbeceuse por mor da túa fermosura, e ti destruíches a sabedoría a causa do teu esplendor; eu boteite no Xeol e púxente diante dos reis para que te contemplasen.
18
Coa multitude das túas iniquidades e a inxustiza do teu comercio profanaches o teu santuario; por isto farei saír lume do medio de ti, que te devorará, e convertereite en cinsa, sobre a terra, na presenza de todos os que miren.
19
Todos os teus amigos entre as nacións estarán horrorizados por causa túa; ti serás algo horrible, e nunca máis volverás existir.
20
Veume a palabra do Señor nestes termos:
21
—Fillo de Adam, dirixe a túa ollada cara a Sidón e profetiza contra ela:
22
Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaquí, eu estou contra ti, Sidón, e vou ser glorificado dentro de ti. Entón recoñecerán que eu son o Señor, cando execute nela a sentencia e mostre nela a miña santidade.
23
Mandarei contra ela a peste e o sangue ás súas rúas; caerá o asasino sobre ela, coa espada subirá a Sidón de todo o arredor. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
24
E xa non volverá haber para os da Casa de Israel espiño que se crava nin aguillón que fura de parte de todos os veciños que os desprezan. Entón recoñecerán que eu son o Señor, Deus.
25
Así fala o meu Señor, Iavé: —Cando eu reúna a Casa de Israel de entre os pobos onde están esparexidos, mostrarei a miña santidade neles á vista de todos os pobos e asentarán na terra que eu lle dei ó meu servo, Xacob.
26
Asentarán nela con tranquilidade, construirán casas e plantarán viñas e vivirán na tranquilidade, cando eu execute as sentencias contra todos os que ó seu arredor os desprezan. Entón recoñecerán que eu son o Señor, o seu Deus.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48