bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 14
Ezekiel 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 15 →
1
Viñeron onda min uns homes de entre os anciáns de Israel, que sentaron en fronte de min.
2
Entón veume a palabra do Señor nestes termos:
3
Fillo de Adam, estes homes traen os ídolos no corazón, poñen diante deles o que os fai caer nas súas iniquidades, voume deixar consultar?, voume deixar consultar por eles?
4
Por isto fálalles e dilles: así fala o Señor, Iavé: Calquera home da casa de Israel que traia os seus ídolos no corazón, e que traia diante del o que o fai caer nas súas iniquidades, se vén onda o profeta, eu, Iavé, virareime contra o profeta por culpa del, por culpa da multitude dos seus ídolos.
5
Deste xeito, sorprenderei á casa de Israel nos seus pensamentos, pois apartáronse de min por culpa de todos os seus ídolos.
6
Por isto, dille á casa de Israel: así fala o Señor, Iavé. Arrepentídevos e convertédevos das vosas idolatrías, e retirade a cara de todas as vosas abominacións,
7
pois, se un calquera da casa de Israel ou dos forasteiros que residen en Israel se aparta de min e trae os seus ídolos no corazón e pon diante de si o que o fai caer nas súas abominacións, e logo vén a xunto do profeta consultarme por medio del, eu, Iavé, virareime contra o profeta por culpa súa.
8
Encarareime con el, convertereino nun escarmento proverbial e arrincareino do medio do meu pobo. Deste xeito vós recoñeceredes que eu son o Señor.
9
En canto a ese profeta, se se deixa seducir e pronuncia un oráculo, eu, o Señor, seducirei a ese profeta, estenderei a miña man contra el e extirpareino do medio do meu pobo, Israel.
10
Os dous cargarán coa súa culpa, pois a culpa do profeta é a mesma cá culpa do que fai a consulta.
11
Deste xeito a casa de Israel non volverá apartarse de min, nin volverá profanarse con todas as súas infidelidades, senón que serán o meu pobo e eu serei o seu Deus é o Señor, Iavé, quen fala.
12
Veume a palabra do Señor nestes termos:
13
Fillo de Adam, poñamos o caso dunha cidade: se peca contra min e comete un sacrilexio, entón eu estendo a miña man contra ela, córtolle as provisións de pan, mando contra ela a fame e retiro dela homes e animais.
14
Se estivesen no medio da cidade estes tres homes, Noé, Daniel e Xob, eles salvarían a vida por mor da súa xustiza.
15
Ou se non, se eu soltase feras salvaxes nesa cidade deixándoa sen fillos, volveríase unha desolación por falta de quen pasase por ela a causa das feras;
16
Aínda que estes tres homes estivesen no medio dela, xúroo pola miña vida —é o Señor, Iavé, quen fala— que nin salvarían os seus fillos nin as súas fillas, senón que soamente eles se salvarían e a cidade quedaría feita unha desolación.
17
Ou se non, se mandase a espada contra esa cidade e dese ordes de que a espada atravesase a cidade, e deste xeito eu eliminase dela homes e animais,
18
Aínda que estivesen dentro da cidade estes tres homes, xúroo pola miña vida! quen fala é o Señor, Iavé que non salvarían os seus fillos nin as súas fillas, senón que se salvarían eles sós.
19
Ou se non, se eu mandase peste a ese país e contra el vertese o meu noxo en sangue, eliminando dese país homes e animais,
20
Aínda que Noé, Daniel e Xob estivesen no país, xúroo pola miña vida! quen fala é o Señor, Iavé que non salvarían nin fillo nin filla, aínda que por mor da súa xustiza eles salvarían a vida.
21
Velaí o Señor Iavé, que fala así: Aínda que eu mande contra Xerusalén os meus catro terribles castigos: a espada, a fame, as feras salvaxes e mais a peste para eliminar dela homes e animais,
22
dela quedarán só os fuxidos, os fillos e mais as fillas que puideron escapar. Ollade que virán onda vós, e vós comprobaredes o seu comportamento e os seus feitos; deste xeito consolarédesvos da desgraza que eu trouxen contra Xerusalén, de todo o que trouxen contra ela.
23
Os mesmos fuxidos vos consolarán, pois comprobaredes o seu comportamento e mais os seus feitos. Vós recoñeceredes que non sen razón fixen eu todo o que fixen nela quen fala é o Señor Iavé.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48