bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 26
Ezekiel 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 27 →
1
Sucedeu no ano undécimo, no primeiro do mes, que me veu a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam: Xa que Tiro dixo acerca de Xerusalén: "Velaquí!, están esnaquizadas as portas da cidade, e pasa ó meu poder: fartarei nela a miña espada".
3
Por isto, así fala o meu Señor, Iavé: —Óllame aquí contra ti, Tiro! Levanto contra ti os pobos en masa o mesmo que o mar levanta as súas ondas.
4
Destruirán as murallas de Tiro e botarán abaixo as súas fortalezas; eu varrerei dela o mesmo po e deixareina na nudez do penedo.
5
Será un secadoiro de redes no medio do mar. Son eu quen o dixo! —oráculo do Señor—. E servirá de botín para as nacións.
6
As súas vilas que están en terra firme serán traspasadas coa espada. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
7
Pois así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu traio contra Tiro a Nabucodonosor, rei de Babilonia; desde o Norte traio o rei de reis, con cabalos, con carros e con cabaleiros, cun exército de moita xente.
8
As túas vilas que están na terra firme serán traspasadas coa espada, construirá contra ti un muro de asedio, levantará contra ti un terraplén e erguerá contra ti un teito de protección.
9
Dirixirá os golpes dos seus arietes contra as túas murallas, e derrubará as túas fortalezas coas súas machadas.
10
Coa multitude dos seus cabalos cubrirate de po. E co ruído dos animais de arrastre, das rodas e dos carros, bambearán as túas murallas, cando el entre polas túas portas, coma quen entra nunha cidade onde se abriron brechas.
11
Cos cascos dos seus cabalos irá esmagando todas as túas rúas. Coa espada atravesará ó teu pobo, e as túas poderosas estelas caerán por terra.
12
Saquearán o teu tesouro e farán botín das túas mercancías. Botarán abaixo as túas murallas e derrubarán os teus suntuosos palacios. As túas pedras, as túas madeiras e as túas ruínas botaranas ó medio do mar.
13
Eu farei parar o son dos teus cantares e a música das túas liras non se volverá oír.
14
Deixareite na nudez do penedo, serás un secadoiro de redes, non volverás ser reedificada, pois eu, o Señor, son quen falei, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
15
Así fala o meu Señor, Iavé: —Tiro, escoita: as costas estremeceranse co ruído da túa caída, co lamentarse dos teus acoitelados, coa matanza das vítimas dentro de ti.
16
Baixarán dos seus tronos todos os príncipes mariñeiros, despoxaranse dos seus mantos e quitaranse os seus vestidos bordados; vestiranse de estremecemento, sentarán no chan, tremerán horrorizados sentiranse estarrecidos por mor de ti.
17
Entoarán unha elexía por ti, dicindo: "Como desapareciches e fuches esnaquizada no mar, vila renomeada! A que era máis forte có Mar, ela e mais os seus reis, os que sementaban o terror en seu favor, si, todos os reis!
18
Agora as illas tremen no intre da túa caída, as illas que hai no mar están aterrorizadas por causa da túa desfeita".
19
Pois así fala o meu Señor, Iavé: —Cando eu te converta en cidade asolada, coma as cidades onde xa non se habita; cando eu erga o Abismo sobre ti, e te cubran as grandes augas,
20
entón fareite baixar onda os que baixaron ó Foxo, onda os pobos doutros tempos, e fareite habitar nas profundidades, nas eternas ruínas, cos que baixaron ó Foxo, para que non volvas reinar, nin volvas encher de esplendor a terra dos vivos.
21
Convertereite en espanto, e xa non existirás; buscarante e non te atoparán nunca máis, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48