bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 11
Ezekiel 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 12 →
1
O Espírito arrebatoume e levoume á porta oriental do templo do Señor, que dá ó nacente, e vin á entrada da porta vintecinco homes; no medio deles vin a Iezanías, fillo de Azur e mais a Pelatías, fillo de Benaías, xefes do exército.
2
Entón o Señor díxome: Fillo de Adam, estes son os homes que están a maquinar iniquidades e a dar malos consellos nesta cidade.
3
Están a dicir: "Certo, antes de que se aproxime o tempo de construír casas, a cidade será a pota e nós seremos a tallada".
4
Por isto, profetiza contra eles, profetiza, fillo de Adam.
5
Entón caeu sobre min o Espírito do Señor e díxome: Dilles: así fala o Señor: Deste xeito falades vós, Casa de Israel; o que se vos sobe á cabeza seino ben eu.
6
Multiplicastes os vosos caídos nesta cidade e enchestes as rúas de vítimas.
7
Por isto, así fala o Señor, Deus: as vosas vítimas, as que vós puxestes no medio da cidade, elas son a tallada e a cidade é a pota; pero a vós fágovos saír da cidade.
8
Tédeslle medo á espada, pero a espada traereina contra vós é o Señor Iavé, quen fala.
9
Heivos facer saír do medio da cidade, heivos entregar no poder de estranxeiros e hei facer convosco xustiza.
10
A espada caeredes, sobre o territorio de Israel heivos xulgar, e deste xeito recoñeceredes que eu son o Señor.
11
A cidade non vos servirá de pota nin vós serviredes de tallada no medio dela: heivos xulgar sobre o territorio de Israel.
12
E deste xeito recoñeceredes que eu son o Señor, do que non seguistes os preceptos senón que obrastes segundo os costumes dos pobos que están ó voso arredor.
13
Mentres eu profetizaba, Pelatías, fillo de Benaías, morreu. Entón eu caín rostro en terra e gritei con forte berro: Ai, meu Señor, Iavé! Vas ti exterminar o resto de Israel?
14
Entón veume a palabra do Señor nestes termos:
15
Fillo de Adam, os teus irmáns, os teus propios irmáns, os homes da túa familia e toda a Casa de Israel desapareceron, pois os habitantes de Xerusalén dinlles a eles: "Quedádevos lonxe do Señor; é a nós a quen se nos deu esta terra en herdanza".
16
Por iso dilles: así fala o Señor, Iavé: —Certo que os fixen apartar entre os pobos, certo que os esparexín polos países; pero por un pouquiño eu fun para eles un santuario nos países a onde foron.
17
Por isto, así fala o Señor Iavé: —Heivos reunir de entre os pobos, heivos xuntar de entre os países a onde fostes esparexidos, e heivos dar a terra de Israel.
18
Entrarán nela e retirarán dela todos os seus ídolos e todas as súas abominacións.
19
Heilles dar un só corazón e infundirei en vós un espírito novo: arrincarei da súa carne o corazón de pedra e dareilles un corazón de carne,
20
para que se comporten conforme os meus preceptos, garden os meus mandamentos e os cumpran; eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.
21
Pero se o seu corazón se apega á crenza dos ídolos e das súas abominacións, eu farei recaer o seu comportamento sobre as súas cabezas, é o Señor, Iavé, quen fala.
22
Entón os querubíns levantaron as súas ás, estando as rodas xunto a eles; a gloria do Deus de Israel sobresaía sobre eles.
23
A gloria do Señor levantouse do medio da cidade e detívose sobre o monte que está ó nacente da cidade.
24
Logo o Espírito arrebatoume e, en éxtase baixo o efecto do Espírito do Señor, levoume a Caldea onda os desterrados, e a visión que eu vira subiu por enriba de min.
25
Eu conteilles ós desterrados todas as cousas que o Señor me concedera ver.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48