bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 37
Ezekiel 37
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 38 →
1
A man do Señor pousou sobre min e fíxome saír coa forza do seu espírito, e púxome no medio do val, que estaba cheo de ósos.
2
Fíxome pasar ante eles dando voltas: e velaí que había moitísimos sobre a superficie do val, e estaban totalmente resecos.
3
Entón díxome: Fillo de Adam, poderán revivir estes ósos? Eu repuxen: Señor, Iavé, ti sábelo.
4
Logo díxome: —Pronuncia un oráculo sobre estes ósos e dilles: —Osos resecos, escoitade a palabra do Señor:
5
Así lles fala o meu Señor, Iavé, a estes ósos: —Velaí: vou traer sobre vós o alento e reviviredes.
6
Porei sobre vós tendóns e farei que criedes carne; cubrireivos con pel, porei en vós o alento, e reviviredes. Entón recoñeceredes que eu son o Señor.
7
Eu pronunciei o oráculo tal como se me mandara; e mentres eu pronunciaba o oráculo, houbo un trono e logo un terremoto, e os ósos xuntáronse cada un co seu compañeiro.
8
Logo ollei e vin que sobre eles había tendóns, a carne ía medrando e a pel íaselles estendendo por riba. Pero non había neles alento.
9
Logo díxome: —Pronúncialle un oráculo ó espírito, pronúnciao, fillo de Adam, e dille ó espírito: Así fala o meu Señor, Iavé: —Desde os catro ventos, vén, espírito, e sopra nestes cadáveres, para que revivan.
10
Eu pronunciei o oráculo, conforme me mandara. Entón o espírito entrou neles, e reviviron, e tíñanse de pé sobre as súas pernas: era un exército enormemente grande.
11
Entón díxome: —Fillo de Adam, estes ósos son a Casa de Israel enteira. Velaí o que din: os nosos ósos están resecos, a nosa esperanza está perdida; estamos esnaquizados.
12
Por iso profetiza e dilles: así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí que eu vou abrir as vosas sepulturas, e vouvos facer subir das vosas sepulturas, meu pobo, e vouvos levar á terra de Israel.
13
Recoñeceredes que eu son o Señor, cando eu abra as vosas sepulturas, e cando vos faga subir das vosas sepulturas, meu pobo.
14
Vou poñer en vós o meu espírito e vouvos facer revivir na vosa terra. Así recoñeceredes que eu, o Señor, o digo e o fago —é o Señor quen fala—.
15
Veume a palabra do Señor nestes termos:
16
—Oe ti, fillo de Adam, colle un pau e escribe nel "Xudá e os fillos de Israel, os seus aliados"; logo colle outro pau e escribe nel "Xosé, pai de Efraím e toda a Casa de Israel, os seus aliados".
17
E que alguén chos empalme un co outro para que formen un só pau e dos dous resulte na túa man un só pau.
18
Cando che digan os fillos do teu pobo: "Non nos explicas que queren dicir para ti estas cousas?",
19
respóndelles: —Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí que eu vou coller o pau de Xosé, que está na man de Efraím, e os cetros de Israel, os seus compañeiros, e poreinos sobre o cetro de Xosé, xunto co pau de Xudá, e convertereinos nun só pau, para que resulten un só pau, para que resulten un só na miña man.
20
Os dous paus, nos que escribas, teralos na túa man á vista deles,
21
e haslles dicir: Así fala o meu Señor, Iavé: —Sabede que eu recollerei os fillos de Israel de entre os pobos onde marcharon, xuntareinos do arredor, e traereinos á súa terra.
22
Convertereinos en nación única no seu país, nos montes de Israel, e un único rei fará de rei para todos eles, e ese pobo non se volverá converter en dous, nin se volverá dividir en dous reinos nunca máis.
23
E nunca máis se volverán manchar cos seus ídolos, nin coas súas abominacións, nin con todos os seus pecados, senón que os librarei de todos os lugares onde viven, nos que pecaron. Purificareinos e serán para min o meu pobo, e eu serei para eles o seu Deus.
24
E o meu servidor David será o seu rei, o pastor único de todos eles, e camiñarán conforme as miñas leis, gardarán os meus preceptos e cumpriranos.
25
Entón habitarán no país que eu lle dei ó meu servidor Xacob, no que habitaron vosos pais, e habitarán nel para sempre, eles, os fillos e os fillos de seus fillos; e o meu servidor David será o seu príncipe para sempre.
26
Establecerei con eles unha alianza perfecta, e o sinal que eu lles darei é que a alianza será eterna, e farei que se multipliquen. Porei para sempre o meu santuario no medio deles,
27
e a miña morada estará no medio deles; serei o seu Deus e eles serán o meu pobo.
28
E cando o meu santuario estea no medio deles para sempre, recoñecerán que eu son o Señor, o que consagra a Israel.
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 38 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48