bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 3
Ezekiel 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 4 →
1
Logo díxome: Fillo de Adam, o que tes diante, cómeo: come este rolo, e vai logo falarlle á casa de Israel.
2
Entón eu abrín a miña boca e deume a comer este rolo,
3
dicíndome: Fillo de Adam, alimenta o teu ventre, enche as túas entrañas con este rolo que che dou. Comino e volvéuseme na boca doce coma o mel.
4
E díxome: Fillo de Adam, marcha á casa de Israel e fálalle coas miñas palabras,
5
pois non se te manda a un pobo de inintelixible falar e de lingua difícil; es enviado á casa de Israel,
6
non a pobos numerosos de inintelixible falar e de lingua difícil, dos que ti non comprendes o seu falar. Certo, se te mandase onda eles, eles faríanche caso;
7
pero a casa de Israel non quererá escoitarte, porque non me quere facer caso a min, pois toda a casa de Israel é dura de cabeza e obstinada de corazón.
8
Mira que eu volvo a túa cara tan dura coma a súa cara e a túa cabeza tan dura coma a súa.
9
Eu volvo a túa testa coma o diamante, que é máis duro ca un croio. Non lles teñas medo nin te amedrentes diante deles, pois son casa rebelde.
10
E díxome tamén: Fillo de Adam, todos os oráculos que eu che diga, apréndeos de memoria e escóitaos atentamente.
11
Vai onda os deportados, onda os fillos do teu pobo e así te escoiten, así te rexeiten dilles: "Así fala o Señor".
12
O Espírito colleume en arroubo e escoitei detrás miña o ruído dun gran terremoto: "Bendita a gloria do Señor no seu templo!".
13
Despois, o ruído das ás dos seres viventes, ó se daren o ósculo as dun contra as do outro, e ó mesmo tempo o ruído das rodas: o ruído dun gran terremoto.
14
O Espírito colleume en arroubo, e marchei fortalecido polo ardor do meu espírito, pois a poderosa man do Señor estaba sobre min.
15
E fun onda os deportados de Tel Abib, os que vivían xunto ó río Quebar, pois era alí onde eles vivían, e quedei alí sete días, sendo un horror entre eles.
16
E ó cabo de sete días sucedeu que me veu esta palabra do Señor:
17
Fillo de Adam, constitúote sentinela para a casa de Israel. Cando escoites unha palabra da miña boca, avísaos da miña parte.
18
Se eu lle digo ó malvado "vas morrer", e ti non o avisas isto é, non falas avisando ó malvado de que deixe o seu ruín comportamento, para que el viva, el, sendo malvado, morrerá por culpa da súa iniquidade; pero a ti pedireiche contas do seu sangue.
19
Pero se ti avisas o malvado, e el non deixa a súa ruindade nin o seu comportamento malvado, el morrerá por culpa da súa iniquidade; pero ti salvarás a túa vida.
20
Se o xusto deixa a súa xustiza, e comete iniquidades, eu poñerei diante del un tropezo e morrerá, porque ti non o avisaches; morrerá polo seu pecado e non se recordarán as obras de xustiza que fixo, pero a ti pedireiche contas do seu sangue.
21
Pero se ti avisas o xusto, para que non peque e el non peca, de certo vivirá, porque foi avisado, e ti salvarás a túa vida.
22
Estando alí, púxose sobre min a man do Señor, que me dixo: —Levántate e sae cara ó val, que che vou falar alí.
23
Entón levanteime e fun cara ó val, e velaí a Gloria do Señor, a mesma Gloria que eu vira xunto ó río Quebar; e entón caín rostro en terra.
24
Entrou en min un espírito que me puxo de pé, faloume e díxome: —Vai cerrarte dentro da túa casa.
25
Es—coita ti, fillo de Adam, velaí que che porán cordas e atarante con elas, de xeito que non poidas saír de entre elas.
26
Eu farei que se che apegue a lingua ó padal e volveraste mudo, de xeito que xa non serás para eles o home que os reprende, pois son casa rebelde.
27
Pero cando eu che fale, abrirás a túa boca e diraslles: "Así fala o Señor Deus". O que che faga caso, que cho faga; e o que te rexeite, que te rexeite, pois son casa rebelde.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48