bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 12
Ezekiel 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 13 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, ti estás vivindo no medio da Casa Rebelde: teñen ollos para ver, e non ven; teñen oídos para escoitar, e non escoitan, pois son Casa Rebelde.
3
Oe ti, fillo de Adam, prepara o teu fardelo de desterrado, e marcha ó desterro en pleno día, ante os seus propios ollos; marcha do teu lugar a outro lugar á vista deles, a ver se o ven, pois son Casa Rebelde.
4
Colle o teu fardelo, fardelo de deportado, en pleno día á vista deles; e sairás polo serán e á vista deles, como os que saen para o desterro.
5
A vista deles fura o muro e saca por el o fardelo.
6
A vista deles bótao ás costas, sácao de noite, cubre a túa cara para non ver o país, fíxate: fago de ti un sinal para a casa de Israel.
7
Eu fixen tal como se me mandara: collín en pleno día o meu fardelo coma fardelo de desterrado, furei polo serán no muro coa man, saquei o fardelo na escuridade e cargueino ó lombo á vista deles.
8
A mañá seguinte veume a palabra do Señor nestes termos:
9
Fillo de Adam, acaso non che preguntou a Casa de Israel, a Casa Rebelde, que era o que estabas a facer?
10
Dilles: así fala o meu Señor, Iavé: Este oráculo é para o príncipe que hai en Xerusalén e para toda a Casa de Israel que está no medio dela.
11
Dilles: Eu fun un sinal para vós: o mesmo que eu fixen, así se lles fará a eles: Irán deportados ó desterro.
12
O príncipe que vive entre eles cargará ó lombo o seu fardelo na escuridade e sairá polo muro que furaron para poderen saír por el, tapará a súa cara para non ver cos seus ollos o país.
13
Eu estenderei a miña rede sobre el, e será cazado na miña trampa; levareino a Babilonia, país dos caldeos, pero el non a verá, aínda que morrerá alí.
14
E a todos os que están ó seu arredor, ós seus axudantes e ás súas tropas esparexereinos ós catro ventos, e desenfundarei a espada tras eles.
15
E recoñecerán que eu son o Señor, cando os esparexa por entre os pobos e os disperse polos países.
16
Pero deixarei de entre eles un resto, uns poucos homes escapados da espada, da fame e da peste, para que conten as súas abominacións nos pobos a onde vaian. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
17
Veume a palabra do Señor nestes termos:
18
Fillo de Adam, come o teu pan con estremecemento, bebe a túa auga con tremor e receo.
19
Haslle dicir á xente do país: —Así fala o Señor Iavé acerca dos habitantes de Xerusalén, dos que viven na terra de Israel: Comerán o seu pan con receo e beberán a súa auga con medo, pois a súa terra estará feita unha desolación chea da violencia de todos os que habitan nela;
20
As cidades que agora están habitadas, estarán devastadas, e o país será unha desolación. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
21
Veume a palabra do Señor nestes termos:
22
Fillo de Adam, que significa para vós este dito na terra de Israel, cando dicides: "Os días alónganse, e perde forza a visión?"
23
Pois ben, dilles: así fala o Señor Iavé: Eu acabo con este dito que non se volverá a usar máis en Israel. Máis ben, dilles ti estoutro: "Están cerca os días do cumprimento de toda visión profética".
24
Certo, non volverá a haber visións vas nin adiviñanzas mentireiras na Casa de Israel.
25
Pois eu, Iavé, falarei o que teña que falar, unhas palabras que se cumprirán e non se volverán a demorar; si, nos vosos días, Casa Rebelde, falarei unha palabra e cumprireina é o Señor Iavé quen fala.
26
Veume a palabra do Señor nestes termos:
27
Fillo de Adam, velaí a Casa de Israel que anda a dicir: "As visións deste van para longo, este profetiza para tempos remotos".
28
Pois ben, dilles: así fala o Señor, Iavé: Ningunha das miñas palabras se demorará, pois eu digo unha palabra e cúmprese é o Señor Iavé quen fala.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48