bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 33
Ezekiel 33
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 34 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, fálalles ós fillos do teu pobo e dilles: Se eu traio contra unha cidade un exército, a poboación da cidade colle a un dos seus e pono ó seu servizo coma vixía;
3
e el, ó ver que vén o exército contra a cidade, toca o corno e avisa á poboación.
4
Se alguén oe o toque do corno e non fai caso nin avisa, cando chegue o exército e o colla será responsable da propia vida.
5
Oíu o toque do corno e non colleu o aviso, é responsable do seu propio sangue. Quen colle o aviso salva a propia vida.
6
Pero se o vixía ve que vén o exército e non toca o corno, e a poboación non está avisada, se cando chega o exército mata a algún deles, este morre pola culpa súa, pero do sangue pediránselle contas ó vixía.
7
Eh ti, fillo de Adam!: a ti constituínte vixía para a Casa de Israel, vas escoitar da miña boca as palabras, e valos avisar da miña parte.
8
Cando eu lle diga ó malvado: "Malvado, vas morrer", se ti non lle falas para avisalo do seu destino, el, o malvado, morrerá pola súa culpa; pero a ti pediránseche contas do seu sangue.
9
Pero se ti avisas o malvado do seu destino para apartalo del, e el non cambia de conduta, el morrerá pola súa culpa pero ti salvarás a túa vida.
10
—Oe ti, fillo de Adam, dille á Casa de Israel: Así vindes dicindo: "Velaí, as nosas rebeldías e os nosos pecados están contra nós, e con eles estámonos consumindo: como poderemos seguir vivindo?"
11
Dilles, pola miña vida! —é o meu Señor, Iavé, quen fala— que non me dá gusto que morra o malvado, senón que o malvado se converta da súa conduta e viva. Convertédevos, cambiade a vosa conduta depravada! Por que queredes morrer, Casa de Israel?
12
Oe ti, fillo de Adam, dilles ós fillos do teu pobo: —A xustiza do xusto non o salvará o día da súa rebeldía, e a maldade do malvado non o fará caer o día en que el se arrepinta da súa maldade; nin o xusto será capaz de vivir na súa xustiza o día do seu pecado.
13
Se eu lle digo ó xusto: "Certo que vivirás" e el, porque confía na súa xustiza, comete iniquidade, todas as súas obras xustas non se terán en conta, senón que, pola iniquidade que cometeu, por ela morrerá.
14
Cando eu lle digo ó malvado: "Certo que morrerás", pero logo el convértese do seu pecado, e practica o dereito e a xustiza,
15
devolve a fianza inxusta, restitúe o roubado, e compórtase conforme os preceptos de vida, de xeito que non comete iniquidade, ben certo que vivirá, non morrerá.
16
Todos os pecados que cometeu non se lle terán en conta; practicou o dereito e a xustiza, pois certo que vivirá.
17
Entón responderán os fillos do teu pobo: "Non é xusto o comportamento do Señor", cando é o comportamento deles o que non é xusto.
18
Cando o xusto se aparta da súa xustiza, e comete iniquidades, entón morre por culpa delas.
19
Cando o malvado se aparta das súas maldades e pon en práctica obras conforme o dereito e a xustiza, por mor destas obras é polo que el vive.
20
Vós dicides: "Non é xusto o comportamento do Señor". Pois eu xulgareivos a cada un, Casa de Israel, conforme o seu comportamento.
21
O ano doce da nosa deportación, o día cinco do mes once, veu onda min un escapado de Xerusalén dicirme: "A cidade foi abatida".
22
A man do Señor estivo sobre min a tarde aquela, antes de que chegase o escapado, e abriu a miña boca tan pronto como el chegou onda min pola mañá; abriuse a miña boca e non volvín estar mudo.
23
Entón veume a palabra do Señor nestes termos:
24
—Fillo de Adam, os habitantes desas ruínas sobre a superficie de Israel andan falando deste xeito: "Se Abraham era un só e tomou posesión desta terra, canto máis a nós, que somos moitos, nos deron esta terra en posesión!
25
Por isto dilles: así fala o meu Señor, Iavé: —Vós andades facendo banquetes sobre o sangue vertido, levantando os vosos ollos cara ós vosos ídolos e vertendo sangue, e ides ter en posesión esa terra?
26
Vós mantédesvos firmes, confiados nas vosas espadas. Vós, mulleres, cometedes delitos abominables e cada un de vós, homes, profana a muller do seu próximo, e ides quedar en posesión desa terra?
27
Dilles isto: así fala o meu Señor, Iavé: —Pola miña vida que os que estean nas ruínas caerán a espada, a quen estea no campo entregareino en pasto ás feras, e os que estean nas fortalezas e refuxios morrerán de peste.
28
Eu converterei esa terra nunha soidade deserta, e acabaráselle o orgullo do seu poderío; os montes de Israel volverán ser un deserto sen que haxa quen pase por eles.
29
E entón recoñecerán que eu son o Señor, cando converta esa terra nunha soidade desértica por mor de todas as abominacións que cometeron.
30
Oe ti, fillo de Adam, os fillos do teu pobo cánsanse falando de ti á beiriña das paredes, ás portas das casas, e din cada un ó seu veciño, deste xeito: "Imos escoitar cál é a palabra que nos vén da parte do Señor".
31
Veñen onda ti coma ás xuntanzas do pobo. Así os do meu pobo sentan na túa presenza; escoitan as túas palabras, pero cumprir, non as cumpren; coas súas bocas están facendo promesas de amor, pero os seus corazóns van tralas inxustas ganancias.
32
Velaí, ti es coma un canto de promesas de amor, coma unha voz temperada e que se acompaña ben cun instrumento de corda. Escoitan as túas palabras, pero entre eles non hai quen as cumpra.
33
Cando se cumpran —e velaí que se están cumprindo— recoñecerán que hai un profeta no medio deles.
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 34 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48