bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 38
Ezekiel 38
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 39 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, ponte de cara a Gog, oriúndo do país de Magog, gran príncipe de Méxec e de Tubal, e profetiza contra el.
3
Di: así fala o meu Señor, Iavé: Velaí que eu veño contra ti, Gog, grande príncipe de Méxec e de Tubal:
4
voute sacar fóra e pór ganchos nas túas meixelas; fareite saír a ti e todo o teu exército: cabalos e cabaleiros, vestidos esplendidamente todos eles, unha grande multitude militar de rodelas e de escudos, todos eles empuñando espadas.
5
Persia, a Nubia e Put irán con eles; todos eles con escudo e helmo.
6
Gómer e todas as súas formacións militares, Bet—Togarmah, no remoto norte, con todos os seus exércitos valentes e numerosos, estarán contigo.
7
Certo! Estate ben preparado ti e toda a túa multitude militar, reunida ó teu lado, pois serviraslle de protección.
8
O cabo de moitos días recibirás unha orde miña; ó remate deses anos entrarás nunha nación, rescatada da espada, de entre moitos pobos. Congregada sobre os montes de Israel, foi unha continua desolación, pero logo foron sacados de entre as nacións e por último todos eles viviron na tranquilidade.
9
Ti subirás coma o nubrado dunha tormenta, entrarás coma unha nube a cubrir esta nación, ti, todos os teus exércitos, e os moitos exércitos que están contigo.
10
Así fala o meu Señor, Iavé: —Sucederá no día aquel, que se che subirán os proxectos á cabeza, e cismarás en matinacións de destrución.
11
Pensarás: "Subirei contra un país de chairas, entrarei a xunto das xentes pacíficas, que viven todas elas na tranquilidade, que viven sen murallas, nin trancas, e nin sequera portas teñen".
12
Entrarei a saquear e a conseguir botín, a facer que a túa man se volva contra as ruínas repoboadas, e contra un pobo reunido de entre as nacións, que conseguiu gando e bens, e que vive no embigo do mundo.
13
Sabá e Dedán, os traficantes de Tárxix e todos os seus moradores, diranche: "É a saquear ó que viñeches? Xuntaches o teu exército para conseguir botín, para levar prata e ouro, para roubar gando e bens, para facer un grande saqueo?".
14
Si, por iso, profetiza, fillo de Adam, e dille a Gog: así fala o meu Señor, Iavé: —No día aquel, cando o meu pobo Israel viva na tranquilidade, non te vas dar conta?
15
Virás desde o teu lugar, desde o remoto norte, ti, e contigo numerosos exércitos, todos eles montados a cabalo, unha multitude enorme, un exército numerosísimo.
16
E subirás contra o meu pobo Israel, coma unha nube que cobre o seu país; ó cabo deses días estarás alí e eu fareite entrar en ataque contra o meu pobo, para que as nacións me recoñezan a min, cando ti, Gog, me recoñezas por santo á vista deles.
17
Así fala o meu Señor, Iavé: —Es ti aquel de quen eu falei nas épocas antigas por medio dos meus servidores, os profetas de Israel, que veñen profetizando desde aquelas épocas e aqueles anos que eu te traería contra eles?
18
Pois sucederá o día aquel, o día que veña Gog contra a terra de Israel —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, que o noxo subirá á miña cara.
19
Movido polos celos e polo lume da miña ira, dixen: Ben certo que o día aquel haberá un grande terremoto no territorio de Israel.
20
E tremerán ante a miña cara anoxada os peixes do mar, os paxariños do ceo, os animais salvaxes, todos os bechos que serpean pola terra, e todos os homes da superficie da terra; estomballaranse os montes, e derrubaranse as fragas, e caerán as murallas da capital: virán ó chan.
21
Por todos os meus montes chamarei a espada contra el —é o meu Señor, Iavé, quen fala— e a espada de cada un volverase contra seu irmán.
22
Executarei a sentencia contra el coa peste e co sangue; e unha chuvia de diluvio e pedrazo, lume e xofre, farei chover sobre el, sobre as súas tropas e sobre os numerosos exércitos que estarán con el.
23
Deste xeito mostrarei a miña grandeza e a miña santidade, e dareime a coñecer na presenza de pobos numerosos. Recoñecerán que eu son o Señor.
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 39 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48