bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 13
Ezekiel 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 14 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, profetiza contra os profetas de Israel, profetiza e dilles ós que profetizan desde o seu propio corazón: escoitade a palabra do Señor:
3
Así fala o Señor Iavé: Ai dos profetas que profetizan e seguen o seu propio espírito, pero sen veren!
4
Coma as raposas entre as ruínas son os teus profetas, Israel.
5
Non subistes ás brechas, non erguestes un muro ante a Casa de Israel, para que resistise firme na guerra, o día do Señor.
6
Viron cousas ilusorias, e adiviñaron mentiras os que dicían "oráculo do Señor", cando El non os mandou, aínda que agardaban que lles confirmase a palabra.
7
Acaso non vistes vós visións ilusorias, e acaso non dixestes adiviñanzas mentireiras, cando diciades "oráculo do Señor", pero eu non falara?
8
Por iso, así fala o Señor Iavé: —Por falardes en van e terdes visións mentireiras, por isto estou eu contra vós, —é o Señor, Iavé quen fala—:
9
A miña man estará contra os profetas que profetizan visións ilusorias e adiviñanzas mentireiras; eles non formarán parte da asemblea do meu pobo, nin serán inscritos no censo da Casa de Israel, nin entrarán na terra de Israel. Así recoñeceredes que eu son o Señor, Iavé.
10
Polo feito de que eles extravían o meu pobo, dicíndolle: "Haberá paz", cando non a haberá, e cando o meu pobo constrúe un muro, eles danlle o recebo;
11
por isto dilles ós que fan o recebo: Caerá de certo, haberá unha tormenta arrasadora, farei que caian bolas de pedrazo e que irrompa un vento de furacán.
12
E velaí: caerá o muro. Non se vos preguntará entón: "Onde está o recebo que vós destes?".
13
Por isto, así fala o Señor Iavé: —Desencadearei un vento de furacán coa miña ira, coa miña ira haberá unha tormenta arrasadora, e co meu noxo haberá pedrazo para a destrución.
14
Eu tirarei o muro ó que vós lle destes recebo, e fareino vir á terra; os seus alicerces quedarán ó descuberto; caerá, e vós pereceredes debaixo del. Entón recoñeceredes que eu son o Señor.
15
Eu levarei ó extremo a miña ira contra o muro, e contra os que lle deron o recebo, e logo direivos: "Xa non hai nin muro nin os que lle deron o recebo.
16
Os profetas de Israel profetizan sobre Xerusalén, e ven acerca dela visións de paz, pero non hai paz", —é o Señor, Iavé, quen fala—.
17
Oe, fillo de Adam, encárate coas fillas do teu pobo, que profetizan o que lles sae do seu corazón, e profetiza contra elas.
18
Dilles: así fala o Señor Iavé: —Ai das que cosedes lazos en todos os pulsos e facedes carapuchos para as cabezas de calquera medida para cazar a vida! Declarades cazada a vida do meu pobo, mentres mantedes viva a vosa propia vida.
19
Profanádesme a min diante do meu pobo por un puñado de cebada, por un bocado de pan, sentenciando á morte a vida que non debía morrer, e mantendo viva a vida que non tiña dereito a vivir, embelecando o meu pobo que escoita os vosos embustes.
20
Por iso, así fala o meu Señor Iavé: —Velaí que eu estou contra os vosos carapuchos, cos que vós cazades as vidas coma paxaros; arrincareinos dos vosos brazos, e deste xeito deixarei libres as vidas que vós cazades, a vida dos paxaros.
21
Racharei os vosos carapuchos e librarei das vosas mans o meu pobo, que non volverá a ser presa das vosas mans. Deste xeito recoñeceredes que eu son o Señor.
22
Por aflixirdes o corazón do xusto con mentiras, sen que eu o aflixa; e por apreixardes forte as mans do impío, para que non se retire do seu mal comportamento e deste xeito poida vivir;
23
por isto, non volveredes ter máis visións ilusorias, non volveredes adiviñar máis adiviñanzas mentireiras; librarei o meu pobo das vosas mans. Entón recoñeceredes que eu son o Señor.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48