bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 20
Ezekiel 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 21 →
1
No ano sétimo, o dez do mes quinto, viñeron algúns dos anciáns de Israel consultar o Señor e sentáronse diante de min.
2
Veume entón a palabra do Señor nestes termos:
3
—Fillo de Adam, fálalles ós anciáns de Israel e dilles: Así fala o meu Señor, Iavé: —Seica vindes consultarme a min? Xúroo pola miña vida que non deixarei que me consultedes —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
4
Non os vas xulgar ti?: non os vas xulgar, fillo de Adam? Amósalles as abominacións de seus pais;
5
has de lles dicir: así fala o meu Señor, Iavé: —O día no que eu escollín a Israel, xureille coa miña man erguida á liñaxe da Casa de Xacob, cando me dei a coñecer a eles, xureilles coa man levantada: Eu son o Señor, o voso Deus.
6
No día aquel xureilles coa man erguida, que os sacaría do país de Exipto, para a terra onde eu me aparecera a eles, terra que deita leite e mel, terra que é a máis gloriosa de todas as terras.
7
Tamén lles dixen: Cada un de vós botade fóra as abominacións que vos levan os ollos, e non vos lixedes cos ídolos de Exipto. Eu son o Señor, o voso Deus.
8
Pero eles reviráronse contra min, e non me quixeron facer caso. Ninguén deles botou fóra as abominacións que lles levan os ollos, nin abandonou os ídolos de Exipto. Entón véuseme ó pensamento verter contra eles o meu noxo, e esgotar contra eles a miña ira en pleno país de Exipto.
9
Pero obrei de acordo co meu nome, de xeito que non fose profanado á vista dos pobos no medio dos que vivían, e na presenza dos cales me dera a coñecer a eles, sacándoos do país de Exipto.
10
Saqueinos da terra de Exipto e leveinos ó deserto.
11
Deilles os meus preceptos e fíxenlles coñecer as miñas leis, que dan vida ó home que as cumpre.
12
E tamén lles dei os meus sábados para que sirvan de sinal entre min e eles, para que se saiba que eu son o Señor que os consagra.
13
Pero rebelouse contra min a Casa de Israel no deserto: non seguiron os meus preceptos, senón que rexeitaron os meus mandamentos, que dan vida ó home que os cumpre, e profanaron os meus sábados desde antigo. Eu vinme tentado de verter contra eles o meu noxo para os exterminar.
14
Pero obrei por mor do meu Nome, para que non fose profanado á vista dos pobos, á presenza dos cales os saquei.
15
Pero volvín xurarlles no deserto, coa man levantada, que non os levaría á terra que lles dera, que deita leite e mais mel, e que é a máis gloriosa de todas as terras;
16
por rexeitaren as miñas leis e por non se comportaren conforme ós meus preceptos, e por profanaren os meus sábados, pois íaselles o corazón tralos seus ídolos.
17
Pero o meu ollo tivo compaixón de facerlles mal, e así non os exterminei no deserto.
18
Os seus fillos díxenlles no deserto: Non sigades os preceptos de vosos pais nin gardedes as súas leis, nin vos contaminedes cos seus ídolos.
19
Eu son o Señor, o voso Deus: seguide os meus preceptos, gardade as miñas leis e cumprídeas,
20
santificade os meus sábados: que sirvan de sinal entre min e vós, para que se saiba que eu son o Señor, o voso Deus.
21
Pero os fillos rebeláronse contra min: non seguiron os meus preceptos, nin gardaron as miñas leis, nin as cumpriron, pois o home que as cumpre ten a vida por elas, e profanaron os meus sábados. Entón véuseme ó pensamento verter contra eles o meu noxo, e esgotar a miña ira contra eles no deserto.
22
Pero retirei a miña decisión de forza e entón decidín obrar de acordo co meu Nome, de xeito que non fose profanado á vista dos pobos, á presenza dos cales eu os fixera saír.
23
Volvín xurar coa man levantada contra eles no deserto que os dispersaría entre os pobos e que os esparexería entre os países,
24
por non cumpriren as miñas leis e por rexeitaren os meus preceptos, por profanaren os meus sábados, e por írenselles os seus ollos tralos ídolos de seus pais.
25
Por iso non fun tamén eu quen lles dei preceptos que non son bos, e leis que non os fan vivir?
26
Non fixen eu que se contaminasen coas súas ofrendas, ó faceren pasar polo lume a todos os primoxénitos, para volvelos unha desolación e para que así recoñezan que eu son o Señor?
27
Por isto, fillo de Adam, fálalle á Casa de Israel e dille: Así fala o meu Señor, Iavé: —Aínda así me inxuriaron vosos pais, coa súa infidelidade, coa que me traizoaron.
28
Eu tróuxenos ó país que, coa miña man levantada, xurara llelo dar a eles; pero eles, ó veren calquera outeiro elevado ou calquera árbore enramallada, ofreceron alí os seus sacrificios, deron alí as súas ofrendas provocadoras, puxeron alí os perfumes que, segundo eles, aplacan e verteron alí as súas libacións.
29
Eu díxenlles: "Que é ese outeiro onde ides?". E quedoulle de nome o "outeiro" ata o día de hoxe.
30
Por isto dille á Casa de Israel: Así fala o meu Señor, Iavé: —Non é verdade que vós vos lixades segundo o vieiro dos vosos pais, e que vos ides prostituír cos seus mesmos ídolos?
31
Cando vós levantades as vosas ofrendas, cando facedes pasar os vosos fillos polo lume, estádesvos lixando con todos os vosos ídolos ata hoxe, e voume deixar eu consultar por vós, Casa de Israel? Pola miña vida —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, que non me deixarei consultar por vós.
32
O que se vos vén á cabeza non sucederá de ningún xeito, pois vós pensades: "Debemos ser coma os demais pobos e razas dos outros países, dando culto ó pau e mais á pedra".
33
Pola miña vida —é o Señor, Iavé, quen fala— xuro que con man forte, con brazo estendido, e con noxo rebordado, hei reinar sobre vós,
34
pois con man poderosa, con brazo estendido, e con noxo rebordado, heivos facer saír de entre os pobos, e heivos xuntar, traéndovos dos países onde estades esparexidos,
35
e heivos levar ó deserto dos pobos, para preitear alí convosco cara a cara.
36
O mesmo que preiteei cos vosos pais, no deserto do país de Exipto, así preitearei convosco, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—,
37
fareivos pasar por debaixo do cetro, e fareivos entrar no compromiso da alianza;
38
separarei de entre vós os que se rebelen e pequen contra min: a estes fareinos saír do país do seu desterro, pero non entrarán nas terras de Israel. Deste xeito recoñeceredes que eu son o Señor.
39
Decatádevos, Casa de Israel! Así fala o meu Señor, Iavé: —Uns ide, e adorade os vosos ídolos; e os demais, que ninguén de entre vós deixe de me facer caso, e non volvades profanar o meu santo Nome coas vosas ofrendas e cos vosos ídolos.
40
Que no meu monte santo, no alto monte de Israel, —é o meu Señor, Iavé quen fala— que alí me adore toda a Casa de Israel, toda ela no país. Alí me sentirei compracido deles, alí pedirei os vosos tributos, as vosas ofrendas, e todo o que vós consagredes.
41
Coma do perfume que aplaca, sentireime compracido de vós, cando vos faga saír de entre os pobos e vos xunte traéndovos dos países onde estades esparexidos: entón mostrarei por medio voso a miña santidade á vista dos pagáns.
42
E vós recoñeceredes que eu son Iavé, cando vos faga entrar na terra de Israel, no país que, coa man levantada, lles xurara dar a vosos pais.
43
Unha vez alí, lembrádevos do voso comportamento e de todas as obras coas que vos lixastes, e sentiredes noxo de vós mesmos por todas as maldades que cometestes.
44
Entón recoñeceredes que eu son Iavé, cando me comporte convosco conforme o meu Nome, non segundo o voso mal comportamento e segundo as vosas obras perversas, Casa de Israel, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48