bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 22
Ezekiel 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 23 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Oe ti, fillo de Adam, acaso non vas condenar, si, condenar, a cidade sanguinaria, e facerlle ver todas as súas abominacións?
3
Dille: así fala o meu Señor, Iavé: —A cidade que verte sangue en medio de si chegaralle de certo o seu momento: e a que se constrúe ídolos diante de si volverase de certo impura.
4
Co sangue que ti vertiches volvícheste culpable, e cos ídolos que ti fixeches volvícheste impura, e deste xeito precipitaches a túa hora, e chegaches á fin dos teus anos, por isto convértote en escarnio para os pobos, e en burla para todos os países.
5
Países veciños e países remotos burlaranse de ti, famosa pola túa impureza, grande na consternación.
6
Fíxate: os príncipes de Israel están dentro de ti para verteren sangue, cada un canto lle dá o seu brazo.
7
Dentro de ti trátase con desprezo a pai e nai, dentro de ti trátase con violencia ó emigrante, dentro de ti son oprimidos o orfo e a viúva.
8
Ti desprezas as miñas santas institucións, e profanas os meus sábados.
9
En ti hai xente que calumnia a fin de que se verta sangue; en ti cómense banquetes sacros na cima dos montes, e dentro de ti fanse cousas infames.
10
En ti hai quen destapa a nudez que pertence ó pai, en ti abusan da muller na impureza da regra.
11
En ti uns cometen abominacións coa muller do irmán, outros manchan con impureza a propia nora, e outros abusan da irmá, filla de seu pai.
12
En ti acéptanse regalos para verter sangue, ti cobras intereses de usura e enriquéceste violentamente á conta dos teus próximos; pero a min esquecéstesme, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
13
Velaí, vou bater en ti cos meus puños por todos os inxustos negocios que estás facendo, e polo sangue que se está vertendo en medio de ti.
14
Manterase firme o teu corazón? Seguirán fortes os teus brazos os días que eu proceda contra ti? Eu, o Señor, son quen o digo e quen o farei.
15
Hei de dispersarte entre as nacións, hei de esparexerte por entre os países, hei de levar ata o colmo a túa impureza por culpa túa,
16
e deste xeito ti recibirás de ti mesmo a herdanza á vista de todas as nacións. Entón recoñecerás que eu son o Señor.
17
Veume a palabra do Señor nestes termos:
18
—Fillo de Adam, a Casa de Israel resulta escoura para min; todos eles son bronce e estaño, ferro e chumbo; no medio do forno resultan escoura de prata.
19
Por iso así fala o meu Señor, Iavé: —Volvéstesvos todos escoura, por isto, vede, vouvos xuntar no medio de Xerusalén.
20
Xa xuntei a prata e o cobre, o bronce, o chumbo e o estaño: aticei neles o lume para fundilos; así vos xuntarei a vós, na miña ira e no meu noxo, si, metereivos e fundireivos.
21
Heivos xuntar, e atizar contra vós o lume do meu noxo onde vos fundiredes.
22
O mesmo que se fai a fundición de prata no medio do forno, así habédesvos de fundir no medio do meu furor, e saberedes que eu, o Señor, son quen vertín a miña ira sobre vós.
23
Veume a palabra do Señor nestes termos:
24
—Fillo de Adam, dille a Xerusalén: Ti es terra non lavada, non tes chuvias fortes desde o día do enfado.
25
No medio dela hai unha confabulación dos seus profetas; coma un león ruxidor que esnaquiza unha presa, devoran vidas, apodéranse de riquezas e obxectos de valor, e fan aumentar na cidade o número das súas viúvas.
26
Os seus sacerdotes violan a miña lei e profanan as miñas institucións santas, non distinguen o sacro do profano, non fan notar a diferenza entre o impuro e o puro, pechan os seus ollos para os meus sábados, e deste xeito eu son profanado entre vós.
27
Os seus xefes están no medio dela coma lobos que esnaquizan a presa, vertendo sangue e acabando coa xente para se enriqueceren.
28
Os seus profetas caleáronos de branco, anunciándolles visións ilusorias, e profetizándolles mentiras, dicíndolles: "Así fala o meu Señor Iavé", cando o Señor non falara.
29
Os donos da terra practican a violencia e cometen roubos, oprimen o humilde e mais o pobre, e maltratan o emigrante coa inxustiza.
30
Eu busquei entre eles un que volva a levantar a muralla, que se manteña na brecha diante de min, por mor do país, para que eu non o destrúa, e non o atopo.
31
Por iso vertín sobre eles a miña ira, destruínos co lume do meu furor, volvín sobre a súa cabeza o castigo do seu comportamento, —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48