bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 45
Ezekiel 45
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 44
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 46 →
1
Cando repartades en porcións a terra, reservade para o Señor unha parte de ofrenda, unha parte sacra separada do resto da terra, de vinte e cinco mil cóbados de longo e dez mil cóbados de ancho. Será un lugar sagrado, con todo o seu muro de separación arredor.
2
Disto deixarase para o santuario un cadrado de cincocentos por cincocentos cóbados todo arredor, e o santuario terá arredor unha eira de cincuenta cóbados.
3
E despois destas medicións, mediredes vinte e cinco mil cóbados de longo por dez mil de ancho, pois aquí estará o santuario, o lugar máis santo,
4
o máis sagrado do país; e isto será para os sacerdotes que son ministros do santuario, os que se acercan a dar culto ó Señor. Deste xeito terán un lugar para casas e mais un lugar sagrado para santuario.
5
Vintecinco mil cóbados de longo por dez mil de ancho serán para os levitas, ministros oficiantes do templo; eles posuirán a súa cidade para habitar.
6
E como propiedade de tal cidade, concederédeslle cinco mil cóbados de ancho por vinte e cinco mil cóbados de longo, ó lado da parte destinada ó santuario; isto será de toda a Casa de Israel.
7
O príncipe tocaralle a un lado e ó outro do lugar do templo e da parte da cidade, enfronte ó lugar do templo e enfronte ó lugar da cidade, polo lado do poñente, cara ó mar; e polo lado do nacente, cara ó nacente, e a longura será do mesmo xeito para cada unha das partes: desde a fronteira do poñente ata a fronteira do nacente
8
do país. Esta será a súa propiedade en Israel, e os meus príncipes xa non volverán oprimir o meu pobo, senón que lle repartirán a terra á Casa de Israel segundo as súas tribos.
9
Así fala o Señor, Deus: —Xa hai abondo convosco, príncipes de Israel! Deixade a opresión e a violencia; practicade o dereito e a xustiza; retirade as vosas explotacións de sobre o meu pobo —é o Señor, Deus, quen fala—.
10
Usade balanzas fieis e fanegas xustas e canadas xustas.
11
Que o efah e o bat teñan a mesma cabida: o bat que levante a décima parte do hómer, e o efah que levante tamén a décima parte do hómer: que a súa proporción se faga con hómer.
12
O siclo son vinte gueras; vinte siclos máis vinte e cinco siclos máis quince siclos serán para vós unha mina.
13
Este será o imposto que vós recolleredes: seis efáhs por hómer de trigo e outros seis efáhs por hómer de centeo.
14
Velaí o precepto do aceite, do bat de aceite: a décima parte dun bat por cada kor, pois dez bates fan un hómer e tamén dez bates fan un kor.
15
Tamén unha res do rabaño por cada duascentas reses do ben regado chan de Israel será para a ofrenda, para o holocausto, para o sacrificio de comuñón, para facer a expiación sobre eles —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
16
Toda a poboación do país terá parte nesta contribución a favor do príncipe de Israel,
17
pois o príncipe é o responsable dos holocaustos, da ofrenda, das libacións nas festas, nas lúas novas, nos sábados e en todas as romarías da Casa de Israel. El mesmo fará o sacrificio polos pecados, a ofrenda, o holocausto e os sacrificios de comuñón para facer a expiación en favor da Casa de Israel.
18
Así fala o meu Señor, Iavé: —O día primeiro do primeiro mes collerás un becerro, fillo de vaca, sen defecto, e purificarás de pecados o santuario.
19
O sacerdote collerá o sangue do sacrificio de purificación dos pecados, e untará con el os marcos do santuario, as catro esquinas do zócalo do altar e os marcos da porta do adro interior.
20
O mesmo has de facer o día sete dese mes, por mor do home que pecou por descoido ou por ignorancia, e así facedes a expiación do templo.
21
O día catorce do mes primeiro celebraredes a Pascua, unha festa de sete días, nos que se comerá pan sen fermento.
22
Ese día, o príncipe ofrecerá un becerro en sacrificio de expiación por si mesmo e por toda a poboación do país.
23
Durante os sete días de festa, ofreceralle ó Señor, cada día, un holocausto de sete becerros e sete carneiros, sen defecto. Durante os sete días tamén ofrecerá, cada día, un sacrificio de expiación polo pecado, un chibo,
24
e fará a ofrenda dun efah de fariña por becerro e doutro efah por carneiro e dun hin de aceite por cada efah de fariña.
25
Na festa do día quince do sétimo mes farase o mesmo que nestes sete días: os mesmos sacrificios de expiación polo pecado, os mesmos holocaustos, a mesma ofrenda e o mesmo aceite.
← Chapter 44
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 46 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48