bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 24
Ezekiel 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 25 →
1
O ano nove do mes décimo, o dez deste mes, veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, escribe ti mesmo a data de hoxe, a data deste preciso día. Neste preciso día o rei de Babilonia atacou Xerusalén.
3
Proponlle á Casa Rebelde unha parábola, dicíndolles: Así fala o meu Señor, Iavé: Pon, pon no fogón unha ola, e bótalle dentro auga;
4
bota nela os anacos de carne, todas as talladas mellores, pernil e solombo. Énchea dos mellores ósos.
5
Colle o mellor do rabaño. Que un feixe de ósos debaixo dela fagan ferver o seu cocido! Que cozan os ósos que ten dentro!
6
Por isto, así fala o meu Señor, Iavé: —Ai da cidade lixada de sangue! Ai da ola emporcallada e enferruxada, da que non sae a ferruxe! Que a baleiren tallada a tallada, pois non houbo sorte con ela!
7
O seu sangue está no medio dela; púxoo sobre un penedo pelado, non o verteu na terra, para que o po o tape.
8
Para aumentar o meu noxo para tomar a miña vinganza, deixeina poñer o seu sangue sobre un penedo pelado, para que non se cubra.
9
Por isto así fala o meu Señor, Iavé: —Ai da cidade lixada de sangue! Eu mesmo farei máis grande a rima de leña, aumentarei a leña,
10
prenderei o lume e farei que se consuma a carne, botareille graxas recendentes e queimaranse os ósos.
11
Logo poñerei a ola baleira sobre as brasas para que o seu bronce se requeime e se poña relucente; e derreterase a porcallada que ten dentro, consumiráselle a súa ferruxe.
12
Aínda que multiplicase os meus traballos, non lle sairía a súa moita ferruxe, nin con lume sairía a ferruxe.
13
Na túa impureza hai lascivia; por máis que te limpei, ti non quedaches limpa da túa impureza, e non volverás estar limpa ata que esgote contra ti a miña ira.
14
Eu, o Señor, dixen: Chega a miña ira, e fareino, non o descoidarei, non me apiadarei, nin me compadecerei; serás xulgada conforme o teu comportamento e conforme as túas accións —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
15
Veume a palabra do Señor nestes termos:
16
—Fillo de Adam, velaí, vouche arrebatar de repente a alegría dos teus ollos. Non fagas dó nin chores e que non che veñan as bágoas.
17
Quéixate en silencio pola túa morta, non fagas dó; cingue o teu turbante e calza nos pés as túas sandalias; non cubras a barba nin comas pan doutros homes.
18
Pola mañá faleille ó pobo, e polo serán morreu a miña muller e á mañá seguinte fixen tal como se me mandou.
19
Entón díxome a xente: —Acaso non nos vas mostrar que queren dicir estas cousas? Que é o que estás facendo?
20
Logo, díxenlles: —Veume a palabra do Señor nestes termos:
21
Dille á Casa de Israel: isto di o meu Señor, Iavé: —Sabede que eu vou profanar o meu santuario, o orgullo da vosa cidadela, a alegría dos vosos ollos, e instrumento de expiación polas vosas vidas. Os fillos e as fillas que deixastes caerán pola espada.
22
Entón faredes tal como eu fixen: Non taparedes a barba nin comeredes pan doutros homes.
23
Seguiredes cos turbantes nas vosas cabezas e coas sandalias nos vosos pés; non faredes dó nin choraredes, consumirédesvos por culpa das vosas iniquidades, e lamentarédesvos cada un polo seu irmán.
24
E cando isto veña, Ezequiel serviravos de sinal admirable: faredes todo tal coma el fixo e recoñeceredes que eu son o Señor, Iavé.
25
E ti, fillo de Adam, o día que eu lles arrebate a súa fortaleza, a alegría da súa gloria, a ledicia dos seus ollos, e o rexurdir das súas vidas, os seus fillos e as súas fillas,
26
o día aquel irá onda ti o que puido fuxir, para traer a noticia ós teus oídos.
27
E o día aquel a túa lingua soltarase e falarás co fuxitivo; non volverás estar mudo, senón que serás para eles un sinal admirable. Recoñecerán que eu son o Señor.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48