bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 39
Ezekiel 39
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 40 →
1
Oe ti, fillo de Adam, profetiza contra Gog e di: Así fala o meu Señor, Iavé: Velaí, eu estou contra ti, Gog, grande príncipe de Méxec e de Tubal,
2
vou conducirte fóra e facerte saír, fareite subir desde o remoto norte, e levareite ós montes de Israel.
3
A golpes farei que soltes o arco da túa man esquerda, e farei caer as frechas da túa man dereita.
4
Nos montes de Israel caerás ti e todas as túas tropas, e os exércitos que estarán contigo. Entregareite en pasto ás aves de rapina, ós paxariños, ós paxaros de toda clase e ós animais salvaxes.
5
Caerás no campo raso, pois eu son quen o dixen —oráculo do meu Señor, Iavé—.
6
Mandarei lume contra Magog e contra os que viven nas illas con tranquilidade. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
7
Darei a coñecer o meu santo Nome entre o meu pobo Israel, e non deixarei que volvan profanar o meu santo Nome. Recoñecerán as nacións que eu son Iavé, o Santo de Israel.
8
Velaí que isto chega, que acontece —oráculo do meu Señor, Iavé—: é o día do que falei.
9
Entón os que viven nas cidades de Israel sairán e prenderán lume e queimarán as armas: rodelas e escudos, arcos e frechas grandes, mazas e lanzas. Con isto terán para facer lume durante sete anos.
10
Xa non levarán dos montes a madeira, nin cortarán leña para a traer desde a touza, senón que coas armas farán lume. Saquearán ós seus saqueadores, e roubarán ós seus ladróns —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
11
Sucederá no día aquel que eu lle darei a Gog sepultura alí, unha tumba en Israel, no Val dos Camiñantes, ó nacente do mar Morto, o val que lles cerra o camiño ós camiñantes. Alí enterrarán a Gog e a toda a súa tropa, por isto lle chamarán o val das tropas de Gog.
12
A Casa de Israel enterraraos para facer a purificación do país en sete meses.
13
Enterraraos toda a xente do país, e o día no que eu me cubra de gloria seralles memorable —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
14
Os membros da confraría dos medidores da terra escollerán ós que percorran o país, para enterraren —eles que percorren o país— ós que queden sobre a superficie da terra, e deste xeito a limpen. O cabo de sete meses empezarán a inspección.
15
Os corredores percorrerán o país, e quen ollar uns ósos humanos, poralles ó lado, de sinal, unha pedra dereita. De tanto enterraren ósos os sepultureiros no val das tropas de Gog,
16
empequenecerá a cidade coas sepulturas da tropa, pero limparán o país.
17
—Oe ti, fillo de Adam: Así fala o meu Señor, Iavé: —Dilles ós paxariños de toda clase de pluma, e a todos os animais do campo: —Xuntádevos, vinde, reunídevos de todo o arredor para a matanza coa que vos vou convidar, unha grande matanza nos montes de Israel. Comeredes carne e beberedes sangue.
18
Comeredes a carne dos heroes, e beberedes o sangue dos príncipes da terra; todos eles serán os carneiros, os años, os castróns, os xatos e os becerros de Baxán.
19
Comeredes graxa ata fartarvos e beberedes sangue ata emborracharvos: tal será o banquete que vos teño preparado.
20
Na miña mesa fartarédesvos de cabalos e de cabaleiros, de heroes e de todos cantos interveñen na guerra —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
21
Porei a miña gloria no medio das nacións e todas as nacións verán a sentencia que eu executarei e a miña man, que eu porei sobre eles.
22
Desde o día aquel e de alí para adiante recoñecerá a Casa de Israel que eu son o Señor, o seu Deus.
23
E as nacións recoñecerán que a Casa de Israel marchou ó desterro pola súa culpa, porque se rebelaron contra min, e entón eu escondinlles a miña cara, e entregueinos na man dos seus inimigos: todos eles caeron pola espada.
24
Trateinos de acordo coas súas porcalladas, e conforme as súas rebeldías, e escondinlles a miña cara.
25
Pero, fixádevos, así fala o Señor: —Agora eu fago volver os desterrados de Xacob e compadézome de toda a Casa de Israel, pois sinto celos polo meu santo Nome.
26
Esquecerán a súa vergonza e a súa rebeldía coa que se rebelaron contra min, cando vivan na súa terra con tranquilidade e sen haber quen os atemorice.
27
Cando os faga volver de entre os pobos e os reúna traéndoos dos países dos seus inimigos, mostrarei a miña santidade neles, na presenza doutros pobos grandes e numerosos.
28
E recoñecerán que eu son o Señor, o seu Deus, pois, aínda que os levei deportados a outras nacións, xuntareinos na súa terra e non deixarei que volva quedar alá ningún deles.
29
Nin lles volverei esconder a miña cara porque vertín o meu espírito sobre a Casa de Israel —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 40 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48