bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 17
Ezekiel 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 18 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam propón un enigma, imaxina unha parábola para a casa de Israel,
3
dille: así fala o meu Señor, Iavé: A aguia grande, de grandes ás, de longa envergadura, de espesa plumaxe, de cor pintada, voou ata o Líbano; e colleu a copa do cedro,
4
esgazou a punta do seu gromo, levouna a unha cidade de traficantes, e púxoa nunha cidade de arrieiros.
5
Logo colleu parte da semente da cidade e sementouna en terra de labradío, á beira de augas abundantes, xunto a un remanso.
6
Prendeu e converteuse nunha cepa opulenta, de baixa altura, dirixía as súas ramas cara ó cedro, e as súas raíces puxéronse debaixo del, e converteuse nunha cepa. Botou vides e sacou abrochos, e agromou cos bacelos.
7
Logo apareceu unha aguia grande, de grandes ás e de moita plumaxe; e, velaí, a cepa estendeu avidamente as súas raíces cara á aguia e dirixiu cara a ela as súas ramas, para beber dela máis ca no bacelo do seu plantío,
8
Aínda que estaba plantada nun terreo chuvioso, xunto a augas abundantes, para botar vides e para dar froito, para ser unha cepa excelente.
9
Dille: así fala o meu Señor, Iavé: —Seguirá adiante? Non a arrincará de raíz a aguia e non lle esgazará o froito e secará? Todos os xermolos da súa medra secarán, pois ela con brazo forte e cun pobo numeroso é forte abondo para a levantar de raíz.
10
Olládea, a plantada cepa, seguirá adiante? Acaso non secará cando a azoute o vento soán? Acaso non secará no bacelo onde foi plantada?
11
Veume a palabra do Señor nestes termos:
12
Dille á casa rebelde: Non sabedes o que quere dicir isto? Dille: vede, o rei de Babilonia veu a Xerusalén, colleu o seu rei e mais os seus príncipes, e levounos a xunto del a Babilonia.
13
Colleu un de estirpe real e fixo con el un pacto comprometéndoo con xuramento; levou os nobres do país,
14
para que fose un rei humilde e deste xeito non se levantase, para que gardase a súa alianza e que esta fose estable.
15
Pero rebelouse contra el, mandando mensaxeiros a Exipto, para que lle desen cabalos e moitos soldados. Terá éxito? Librarase o que fixo tales cousas? Quebrantou o pacto, e librarase?
16
Xuro pola miña vida, —é o meu Señor, Iavé, quen fala— que no país do rei que o fixo reinar a el, o do xuramento que el desprezou e o do pacto que el quebrantou, nese país, el morrerá, no medio de Babilonia.
17
Pero o Faraón non se fará ver na guerra cun grande exército e cunha numerosa multitude, cando se levanten terrapléns e se constrúan muros de asedio para segar moitas vidas.
18
Desprezou o xuramento, quebrantando o pacto. Pois xa que deu a súa man, pero fixo todas estas cousas: non se librará.
19
Por iso, así fala o meu Señor, Iavé: —Xuro pola miña vida que o xuramento que desprezou, e o pacto que quebrantou, llos volverei de certo sobre a súa cabeza.
20
Botarei sobre el a miña rede, e cazareino na miña trampa; conducireino a Babilonia para preitear con el no xuízo da deslealdade que contra min cometeu.
21
A todos os fuxitivos dos seus exércitos decapitaranos, e os fuxitivos dispersaranse ós catro ventos: así saberedes que eu, o Señor, fun quen falou.
22
Así fala o meu Señor, Iavé: —Eu collerei das ramas do cedro a máis alta e fixareina; dos gallos máis novos arrincarei un xermolo, e plantareino nun monte alto e elevado,
23
no monte elevado de Israel plantareino; botará gromos e dará froitos e volverase un cedro magnífico; aniñarán debaixo del todos os paxariños, todas as aves aniñarán á sombra das súas ramas.
24
Entón todas as árbores do monte caerán na conta de que eu, o Señor, derreo a árbore ergueita e levanto a árbore derreada; seco a árbore verde e fago florecer a árbore seca. Eu, o Señor, díxeno e fareino.
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48