bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 31
Ezekiel 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 32 →
1
O ano once, o primeiro día do mes terceiro, veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, dilles ó Faraón, rei de Exipto, e á súa tropa: A quen te pareces na túa grandeza?
3
Velaí unha exuberante ramaxe, ramallada sombriza, impoñente altura, as súas pólas están entre as nubes.
4
As augas da chuvia fano medrar, e as augas de baixo terra fano crecer, a súa raizame camiña por todo o arredor cara ás correntes de baixo terra, que manda os seus regos onda todas as árbores do campo.
5
Por isto a súa altura supera a todas as árbores do campo, as súas pólas multiplicáronse, o seu talo ensanchou, ó lanzarse el onda as augas abundantes.
6
Nas súas pólas aniñaban todos os paxariños do ceo, debaixo da súa ramallada parían todos os animais do campo, e á súa sombra descansaban todos os pobos ricos.
7
Que fermoso era coa súa grandura e coa anchura da súa ramaxe! Como alongaba as súas raíces cara ás augas abundantes!
8
No xardín dos deuses os cedros non eran máis altos ca el, nin os cipreses se podían comparar á súa ramaxe, nin os plátanos eran coma as súas ramas; ningunha árbore do xardín dos deuses se podía comparar con el na súa beleza.
9
Espléndido o fixen, coa abundancia da súa ramaxe, Como lle tiñan envexa todas as árbores do Edén, que está no xardín dos deuses!
10
Pois ben, así fala o meu Señor, Iavé: —Por ensoberbecerse da altura, e por poñer a súa ramaxe entre as nubes, e por oufanarse os seus pensamentos coa altura,
11
eu entregueino ó poder do xefe das nacións, que o ha tratar conforme á súa maldade,
12
Deixeino para que o corten os bárbaros, os máis tiranos de entre os pobos, e o abandonen no monte, e as súas pólas caian por todos os barrancos, e a súa ramaxe sexa esnaquizada polos máis valentes do mundo, e todos os poderosos do mundo saian da súa sombra e o rexeiten.
13
Nas súas pólas caídas pousáronse todos os paxariños do ceo e todos os animais do campo estiveron na súa ramaxe.
14
Deste xeito ningunha árbore ben regada se oufanará coa altura, nin poñerá a súa ramaxe entre as nubes, nin ningunha árbore ben regada se manterá firme na súa soberbia fronte ás outras, pois todas elas están destinadas á morte, ás profundidades da terra, a estaren cos fillos de Adam, cos que baixan ó abismo.
15
Así fala o meu Señor, Iavé: —O día que o cedro baixou ó reino dos mortos, eu fixen que o Abismo fixese loito por el, e que o cubrise: parei a súa corrente e detivéronse as augas caudalosas. Fixen que o Líbano se puxese de loito por el, e cubríronse de loito por el todas as árbores do campo.
16
Fixen que co estrondo da súa caída se estremecesen as nacións, cando o fixen baixar ó reino dos mortos cos que baixaban ó Abismo; consoláronse nas profundidades da terra todas as árbores do Edén, e o escollido e o mellor do Líbano, todas as árbores ben regadas de auga.
17
Pois tamén baixaron elas xunto co cedro ó reino dos mortos, o exército dos atravesados pola espada e os xermolos do cedro, que vivían á súa sombra no medio das nacións.
18
E, así, a quen te parecías en gloria e grandeza entre as árbores do Edén? Farante baixar xunto coas árbores do Edén ás profundidades da terra, e deitaraste no medio dos incircuncisos, xunto cos pasados pola espada. Tal será o Faraón e todo o seu exército —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48