bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 40
Ezekiel 40
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 41 →
1
O ano vinte e cinco despois de que nos levaron desterrados, no comezo do ano, o día dez do mes, catorce anos despois da caída da cidade, nese mesmo día, veu sobre min a man do Señor e levoume alá.
2
En éxtase levoume ó país de Israel e deixoume nun monte altísimo e na cima del, cara ó sur, había coma as construcións dunha cidade.
3
Levoume alí, e vin un home: o seu aspecto era coma o aspecto do bronce; tiña na súa man un cordel de liño e unha cana de medir. Estaba de pé á porta.
4
Entón o home díxome: —Fillo de Adam, olla cos teus ollos, escoita atentamente cos teus oídos, e pon toda a túa atención en todo o que eu che vou mostrar, pois fuches traído aquí para que vexas. Cóntalle á Casa de Israel todo o que ti vas ver.
5
E velaí: unha muralla exterior do templo en todo o arredor. A cana de medir que o home tiña na man, era de seis cóbados (en cóbados vellos, de cóbado e palmo). El mediu a anchura da construción: unha cana; e a altura, unha cana.
6
Logo foi á porta que mira cara ó nacente e subiu polos seus chanzos e mediu a entrada da porta: unha cana de fondo; e cada entrada, unha cana de ancho.
7
As garitas eran dunha cana de longo por unha cana de ancho; entre as garitas había cinco cóbados; a entrada da porta, desde o lado de dentro da porta polo lado do santuario, era dunha cana.
8
E mediu o interior da porta, desde o que xa é santuario: unha cana.
9
Logo mediu o portal interior: oito cóbados; e as súas pilastras: dous cóbados.Tal era a soleira da porta polo lado do santuario.
10
As garitas da porta que daba ó nacente eran tres dun lado e tres do outro lado. As tres tiñan a mesma medida e tamén as pilastras dun lado e máis do outro tiñan a mesma medida.
11
Logo mediu a anchura do oco da portada: dez cóbados; e o longo, trece cóbados.
12
Había un adro diante das garitas dun cóbado por un lado, e un cóbado de adro polo outro lado; e cada garita medía seis cóbados por un lado e seis cóbados polo outro.
13
Logo mediu a entrada, desde o teito dunha garita ó teito da garita oposta: un ancho de vinte e cinco cóbados; cada entrada estaba fronte á outra entrada.
14
Fixo a medición das pilastras: sesenta cóbados; e diante das pilastras, todo arredor, o adro da entrada.
15
Enfronte estaba a fachada da porta; había un corredor de cincuenta cóbados, ata a fachada interior do vestíbulo da porta.
16
E nas garitas e nas súas pilastras de cara ó interior da portada, todo arredor, había fiestras enreixadas; tamén había a barreira para a morte con fiestras todo arredor cara a dentro, e sobre as pilastras había adornos en forma de palmeira.
17
Logo levoume ó adro exterior, e velaí as salas e un lousado; había no adro todo arredor unha construción: trinta salas ó lado do lousado.
18
O lousado estaba a carón mesmo das portas, en proporción coa lonxitude das portas: tal era o lousado de máis abaixo.
19
Logo mediu a anchura desde fronte á porta de abaixo ata a porta interior, por fóra da porta: cen cóbados. Isto polo nacente. E polo norte,
20
velaí a porta que dá cara ó norte: no adro exterior mediulle o longo e mais a anchura.
21
As súas garitas —tres dun lado e tres do outro—, as súas pilastras e a súa entrada tiñan as mesmas medidas cá primeira porta: cincuenta cóbados de longo e vinte e cinco cóbados de ancho.
22
As súas fiestras, a súa entrada e os adornos en forma de palmeira eran das mesmas medidas cá porta que miraba cara ó nacente; subíase a ela por sete banzos, e o vestíbulo estaba fronte a eles.
23
Había unha porta no adro interior enfronte da porta que daba ó norte, o mesmo que cara ó nacente; mediu de porta a porta: cen cóbados.
24
Logo levoume cara ó sur, e velaí unha porta cara ó mediodía. Mediu as súas pilastras e o seu vestíbulo: o mesmo cás medidas das outras portas.
25
As súas fiestras e o seu vestíbulo todo arredor eran da mesma medida cás outras fiestras: cincuenta cóbados de longo e vinte e cinco cóbados de anchura.
26
As súas escaleiras eran de sete banzos e tiñan o seu vestíbulo enfronte delas; e sobre as pilastras había esculturas en forma de palmeira, unha nunha cara e outra noutra.
27
Había unha porta no adro interior cara ó sur; mediu de porta a porta cara ó sur: cen cóbados.
28
Logo fíxome entrar no adro interior pola porta do sur, e logo mediu a porta do sur: as mesmas medidas cás outras.
29
As súas garitas, as súas pilastras e o seu vestíbulo tamén tiñan as mesmas medidas cás outras; tiña fiestras e o seu vestíbulo todo arredor medía cincuenta cóbados de longo; e de ancho, vinte e cinco cóbados.
30
Había vestíbulos todo arredor de vinte e cinco cóbados de longo por vinte e cinco cóbados de ancho.
31
O seu vestíbulo daba ó adro exterior, e tamén había palmeiras esculpidas nas súas pilastras; as súas escaleiras eran de oito banzos.
32
Logo fíxome entrar no adro interior pola entrada do nacente, e mediu esta porta, que deu as mesmas medidas cás outras.
33
As súas garitas, as súas pilastras e o seu vestíbulo deron as mesmas medidas cás outras; tamén tiña fiestras, e o seu vestíbulo todo arredor medía cincuenta cóbados de longo por vinte e cinco cóbados de ancho.
34
O seu vestíbulo daba ó adro de fóra, e tamén había palmeiras esculpidas nas súas pilastras dun lado e do outro; as súas escaleiras eran de oito banzos.
35
Logo levoume á porta do norte, e mediuna: as mesmas medidas cás outras.
36
Tiña as súas garitas, as súas pilastras, o seu vestíbulo e as fiestras todo arredor: cincuenta cóbados de longo por vinte e cinco de ancho.
37
O seu vestíbulo daba ó adro de fóra, e tamén había palmeiras esculpidas nas súas pilastras dun lado e do outro; as súas escaleiras eran de oito banzos.
38
Había unha sala, e a súa porta daba ó vestíbulo desta porta; nela era onde se lavaban as vítimas dos holocaustos.
39
No vestíbulo desta porta había dúas mesas a un lado e dúas mesas ó outro, para sacrificar sobre elas as vítimas dos holocaustos e as vítimas dos sacrificios polos pecados e as ofensas.
40
Polo lado de fóra das escaleiras da entrada da porta norte había dúas mesas e polo outro lado, isto é, no vestíbulo desa porta, había outras dúas mesas.
41
Catro mesas a un lado e catro mesas ó outro. O lado desta porta, oito mesas, sobre as que sacrificaban.
42
As catro mesas para as vítimas dos holocaustos eran de pedras de labra; tiñan un cóbado e medio de longo, un cóbado e medio de ancho, e un cóbado de alto; sobre elas tamén puxeran as ferramentas coas que sacrificaban as vítimas dos holocaustos e as dos sacrificios.
43
Dúas repisas dun palmo estaban amarradas no interior todo arredor; sobre as mesas estaba a carne das ofrendas.
44
Fóra da porta interior, no adro interior, estaban as salas dos xefes: a que estaba ó lado da porta do norte, tiña a súa fachada cara ó sur; a outra estaba ó lado da porta do nacente, e tiña a fachada de cara ó norte.
45
Entón díxome: —Esta sala que ten a fachada cara ó sur é para os sacerdotes que atenden o servizo do santuario.
46
A sala que ten a súa fachada cara ó norte é para os sacerdotes que atenden o servizo do altar; eles, fillos de Sadoc, son os que de entre os fillos de Leví están cerca do Señor para o serviren.
47
Logo mediu o adro: cen cóbados de longo e cen cóbados de ancho: un cadrado. O altar estaba fronte ó santuario.
48
Logo fíxome entrar no vestíbulo do santuario e mediu as pilastras do vestíbulo: cinco cóbados dun lado e cinco cóbados do outro; o ancho da porta era de tres cóbados dun lado e tres cóbados do outro.
49
O longo do vestíbulo era de vinte cóbados, e o ancho, de doce cóbados; por dez banzos subíase ata el, e tiña columnas xunto ás pilastras: unha dun lado e outra do outro.
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 41 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48