bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 42
Ezekiel 42
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 43 →
1
Entón fíxome saír ó adro exterior polo corredor do norte, e levoume ás habitacións que están fronte ó adro e fronte ó edificio que dá ó norte:
2
A fachada era de cen cóbados de longo, coa porta cara ó norte, e a súa anchura era de cincuenta cóbados.
3
Diante do altar das libacións que está no adro interior, fronte ó lousado que está no patio exterior, había galerías, unha sobre outra, en tres pisos.
4
Diante destas habitacións había un camiño de dez cóbados de ancho, e no interior das habitacións un corredor dun cóbado, e as portas das habitacións daban ó norte.
5
As habitacións de arriba estaban acurtadas, pois as galerías collían máis edificios ca elas, máis cás habitacións de abaixo, e máis cá do medio;
6
e pola outra banda, aínda que as habitacións formaban tres pisos, non tiñan columnas coma as columnas dos outros adros; por isto, as habitacións de arriba comparadas coa planta do edificio eran máis pequenas cás de abaixo e cás do medio.
7
Había un muro polo lado de fóra das habitacións, polo adro exterior, e estaba ó lado da fachada das habitacións, e medía cincuenta cóbados de longo.
8
A lonxitude das habitacións que había no adro exterior era de cincuenta cóbados; e a das habitacións que había fronte á fachada do santuario era de cen cóbados.
9
Por debaixo destas habitacións estaba a entrada que viña do nacente, e que daba entrada a elas desde o adro exterior.
10
Todo ó ancho do muro do adro, en dirección do nacente, fronte á fachada do adro e fronte á fachada do edificio, había habitacións,
11
e mais un corredor diante delas. Tiñan o mesmo aspecto cás salas que había contra o norte; tiñan o mesmo longo ca ancho, todas as súas saídas e as súas distribucións e as súas portadas eran do mesmo xeito.
12
O mesmo cás portas das habitacións que daban ó mediodía, había unha porta no comezo do corredor; era o corredor que había na fachada do muro de protección, o corredor do nacente ó que as habitacións daban paso.
13
Entón díxome: —As habitacións do norte e mais as habitacións do mediodía que están nas fachadas do adro son as habitacións do templo, onde os sacerdotes que se chegan xunto ó Señor comen comidas santísimas. É alí onde se poñen as cousas santísimas, as ofrendas, as vítimas dos sacrificios polos pecados e mais as vítimas para sacrificios de reparación; ben certo que o lugar é santo.
14
Cando os sacerdotes entran alí non saen do santuario ó adro exterior, senón que deixan alí as vestiduras coas que oficiaron, pois son vestiduras santas. Han de vestir outras roupas para se achegaren ó lugar que lle corresponde ó pobo.
15
Cando acabou a medición do interior do santuario, fíxome saír pola porta que dá ó nacente, e logo mediu o templo todo arredor.
16
Mediu o lado do nacente coa cana de medir: cincocentas canas, en cana de medir. Deu a volta e
17
mediu a cara norte: cincocentas canas con cana de medir. Deu a volta
18
ó lado do mediodía, e mediu cincocentas canas con cana de medir.
19
Deu a volta para o poñente, e mediu cincocentas canas con cana de medir.
20
Mediu o templo polas catro caras: tiña un muro todo arredor de cincocentas canas de longo por cincocentas de ancho, para separar o santo do profano.
← Chapter 41
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 43 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48