bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 36
Ezekiel 36
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 37 →
1
Fillo de Adam, profetiza sobre os montes de Israel e di: Montes de Israel, escoitade a palabra do Señor:
2
Así fala o meu Señor, Iavé: —Por diciren os vosos inimigos: "Que ben! O outeiro perpetuo queda para nós en posesión",
3
por iso, profetiza e di: Así fala o meu Señor, Iavé: —Xa que de propio intento vos desolaron e vos esmagaron por todo o arredor, para que vós fosedes posesión do resto dos pobos, e xa que andastes nas linguas difamadoras e calumniadoras dos pobos,
4
por iso, montes de Israel, escoitade a palabra do meu Señor, Iavé: Así lles fala o meu Señor, Iavé, ós montes e ós outeiros, ás veigas e ós vales, ás ruínas desoladas e ás cidades abandonadas, que serviron de botín e de escarnio ó refugallo dos pobos do arredor:
5
Ben certo que así fala o meu Señor, Iavé: —Xuro que no incendio dos meus celos falei contra o resto dos pobos e contra todo o Edom, porque lles entregaron a miña terra en posesión con alegría de todos os corazóns e con desprezo de todo afán lexítimo, xa que a superficie da miña terra lles servía de botín.
6
Si, profetiza acerca da terra de Israel e dilles ós montes e ós outeiros, ás varcias e ós vales: Así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí: nos meus celos e na miña ira dixen que cargásedes coa vergonza que vos causaron as nacións.
7
Pero así fala o meu Señor, Iavé: —Eu xuro coa miña man levantada que as nacións que están ó voso arredor, elas cargarán coa súa ignominia.
8
E vós, montes de Israel, floreceredes as vosas pólas e darédeslles os vosos froitos ó meu pobo Israel, porque el está para chegar.
9
Pois sabede que eu vou cara a vós e me volvo cara a vós: seredes traballados e seredes sementados.
10
Multiplicarei sobre vós a poboación da casa de Israel, toda ela, e as cidades serán habitadas e as ruínas serán reconstruídas.
11
Multiplicarei sobre vós a poboación e o gando que se multiplicará e dará crías, e fareivos habitar coma noutros tempos vosos, e fareivos mellores ca nos vosos comezos. Entón recoñeceredes que eu son o Señor.
12
E farei camiñar sobre vós unha poboación, o meu pobo Israel; eles apoderaranse de ti e ti volveraste herdanza deles e nunca máis os volverás privar de fillos.
13
Así fala o meu Señor, Iavé: —Porque dixeron de vós: "Ti es quen devora a poboación, ti es a que deixa sen fillos ó teu pobo".
14
Por isto, non volverás devorar o teu pobo, nin o volverás deixar sen fillos —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
15
Eu farei que non se volvan oír as burlas entre as nacións contra ti, e ti non volverás soportar os insultos dos pobos, e o teu pobo non volverá quedar sen fillos —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
16
Veume a palabra do Señor nestes termos:
17
—Fillo de Adam, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra, volvérona impura co seu comportamento e cos seus feitos; o seu comportamento foi na miña presenza coma a impureza dunha muller na menstruación.
18
Pero eu desafoguei o meu noxo neles polo sangue que verteron sobre a terra, e polos feitos cos que a mancharon.
19
Entón eu esparexinos por entre os pobos e dispersáronse polos países; xulgueinos conforme o seu comportamento e conforme os seus feitos.
20
O entraren nas nacións onde foron, profanaron o meu santo Nome, e dicíase deles: "Estes son o pobo do Señor, e tiveron que saír da terra del".
21
Entón eu tiven consideración co meu santo Nome, o que profanara a Casa de Israel entre os pobos onde fora.
22
Por isto, dille á Casa de Israel: Así fala o meu Señor, Iavé: —Casa de Israel, non por vós vou eu actuar, senón por mor do meu santo Nome, que vós profanastes entre as nacións onde fostes.
23
Pois vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome, profanado entre as nacións nas que vós o profanastes. Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor —é o meu Señor, Iavé, quen fala—, cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.
24
Pois recollereivos das nacións, xuntareivos de todos os países e traereivos á vosa terra.
25
Asperxerei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de todas as vosas impurezas e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.
26
Dareivos un corazón novo e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo; sacarei da vosa carne o corazón de pedra e poreivos un corazón de carne.
27
Porei nas vosas entrañas o meu espírito e farei que camiñedes conforme os meus preceptos e que gardedes os meus mandamentos e os cumprades.
28
Viviredes no país que lles dei a vosos pais: seredes o meu pobo e eu serei o voso Deus.
29
Librareivos de todas as impurezas, chamarei polo pan, e farei que o haxa abondo: non vos impoñerei a fame.
30
Farei que abunden os froitos das árbores e os produtos dos campos, para que non volvades recibir de parte das nacións o desprezo de pasar fame.
31
O lembrarvos do voso comportamento perverso e dos vosos feitos nada bos, sentiredes noxo en vós mesmos das vosas iniquidades e das vosas abominacións.
32
Que vos quede sabido que non é por vós que eu vou actuar; sentide a vergonza e a confusión do voso comportamento, Casa de Israel.
33
Así fala o meu Señor, Iavé: —O día que vos purifique das vosas iniquidades, farei que as cidades se habiten e que as ruínas se reconstrúan.
34
O país que estea desolado será traballado despois de estar ermo, á vista de todos os que o cruzaban.
35
Velaí o que estes dicían: "O país este, antes desolado, é agora coma o xardín do Edén; e as cidades, arruinadas, desoladas e esborralladas, son agora fortalezas inaccesibles".
36
As nacións que queden ó voso arredor recoñecerán que eu son o Señor, que reconstrúo o esborrallado e replanto o desolado, eu o Señor, díxeno e fareino.
37
Así fala o meu Señor, Iavé: —Volverei deixar que me busquen para isto, para lles facer ben; multiplicareinos coma un rabaño humano.
38
Coma os rabaños do templo, coma os rabaños de Xerusalén na súa asemblea pola festa, así as cidades arruinadas estarán cheas de rabaños humanos. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 37 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48