bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 27
Ezekiel 27
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 28 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Oe ti, fillo de Adam, entoa sobre Tiro unha elexía:
3
Tiro, a ti que sentas rexiamente á entrada do mar, que a moitas costas vas traficando cos pobos, así fala o meu Señor, Iavé: —Tiro, ti pareces un barco de acabada fermosura,
4
os teus lindeiros están no corazón do mar, os que te construíron consumaron a túa fermosura;
5
de cipreses de Senir fixéronche todo o teu casco, colleron un cedro do Líbano para facer o mastro para ti;
6
con carballos de Baxán fixeron os teus remos, fixeron os bancos de almafí; os cuartos, de cedro traído das costas de Chipre;
7
de liño curado de Exipto con bordados era a tea que che servía de vela; de púrpura azul e de púrpura vermella das costas de Elixah era o teu toldo.
8
Príncipes de Sidón e de Arvad eran os teus remeiros, sabios de Tiro estaban en ti: eran os teus mariñeiros.
9
Expertos de Biblos e os seus sabios estaban en ti tapando as túas fendas; todos os barcos do mar e mais os seus mariñeiros aparecen en ti para facer comercio coa túa carga;
10
persas, lidios e mais libios estaban no teu exército, eran os teus homes de guerra; escudos e helmos colgaban en ti, dábanche esplendor.
11
Os de Arvad eran o teu exército, dos teus muros todo ó arredor, e os gamaditas estaban nas túas fortalezas; colgaban os seus escudos nos teus muros todo ó arredor, e consumaban a túa fermosura.
12
Tárxix era o teu arrieiro pola abundancia da túa riqueza; por prata, bronce, estaño e chumbo cambiaban a túa mercadoría.
13
Iaván, Tubal e mais Méxec eran os teus mercadores, por escravos e útiles de bronce cambiaban a túa mercadoría.
14
Os do estado de Togarmah cambiábanche a túa mercadoría por cabalos, corceis e mais mulos.
15
Os homes de Rodas eran os teus traficantes; os de moitas costas eran comerciantes intermediarios teus, dábanche en paga dentes de almafí e mais madeira de ébano.
16
Aram era o teu mercador pola abundancia da túa produción; por granate, púrpura, fío, corais e rubís cambiaban parte da túa mercadoría.
17
Xudá e o país de Israel eran os traficantes; por trigo de Minit e por bicas doces, mel, aceite e bálsamo cambiaban as túas mercadorías.
18
Damasco era quen traficaba, coa abundancia dos teus produtos, coa abundancia das túas riquezas, polo viño de Helbón, pola lá de Sahar,
19
e polas xerras de viño de Izal cambiaban parte da túa mercadoría; ferro forxado, canela e canivela aromática eran parte das túas mercadorías.
20
Dedán era o teu mercador en mantas de montar a cabalo.
21
Arabia e os príncipes de Quedar eran traficantes dos teus haberes en años, carneiros e castróns; eran os teus traficantes nestas mercadorías.
22
Os traficantes de Sabá e de Ramah eran os que traficaban contigo; polo mellor de todas as especias, pedras preciosas e ouro cambiaban as túas mercadorías.
23
Harán, Caneh e Edén eran os que traficaban con Sabá, Asur e Kilmad a túa mercadoría;
24
estes eran os teus traficantes en vestidos elegantes, en mantos de púrpura e bordados, en alfombras de lá de varias cores, en cordas ben torcidas e fortes; eran os teus traficantes nestas mercadorías.
25
Os barcos de Tárxix eran os que che transportaban a túa mercancía; enchícheste e pesabas moito no corazón do mar;
26
os que te traían a maltraer, leváronte a alta mar, e o vento do leste esnaquizoute no corazón do mar.
27
As túas riquezas, as túas mercadorías e o teu comercio, os teus mariñeiros e os teus homes do mar, os que tapan as túas gretas e os que trafican coa túa mercadoría, todos os teus homes de guerra que había en ti, e toda a túa tripulación que está dentro de ti caerán ó corazón do mar no intre da túa caída.
28
O grito de auxilio da túa tripulación estremecerá o espazo remoto:
29
entón todos os que empuñan o remo baixarán dos seus barcos, mariñeiros e todas as tripulacións do mar quedarán en terra.
30
Levantarán a súa voz e berrarán amargamente por ti, botarán po nas súas cabezas e envorcallaranse na cinsa.
31
Raparán a súa cabeza por ti, e vestiranse de saco. Chorarán por ti con amargura persoal, con lamentos amargos.
32
E no seu dó entoarán por ti unha elexía, cantarán por ti esta elexía: "Quen foi coma Tiro, coma a Fortaleza no medio do mar?".
33
Coa exportación das túas mercadorías polo mar fartabas os pobos das túas riquezas; coa abundancia dos teus bens e das túas mercadorías enriquecías os reis do mundo.
34
Agora ti estás desfeita polo mar, estás nos profundos do mar; as túas mercadorías e a túa tripulación naufragaron.
35
Todos os habitantes das costas están estarrecidos por causa túa, e os seus reis están horrorizados, conmóveselles a faciana.
36
Os traficantes entre as nacións asubían por ti: volvícheste algo horrible, deixaches de existir para sempre!
← Chapter 26
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 28 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48