bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Ezekiel 30
Ezekiel 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 31 →
1
Veume a palabra do Señor nestes termos:
2
Fillo de Adam, profetiza e di: así fala o Señor, Iavé: Facede esta lamentación: Ai do día aquel!
3
Chega o día, chega o día do Señor!: Será un día de nubes, será o instante das nacións!
4
Unha espada penetrará en Exipto, e o estremecemento chegará ata Etiopía, cando caian os acoitelados en Exipto; arrebataranlle os seus tesouros, e derrubaranlle os seus alicerces.
5
Etiopía, Put, Lud e toda a Arabia, Cub e xente do país aliado, caerán mortos pola espada xunto con eles.
6
Así fala o Señor: —Caerán os que sosteñen a Exipto, e derrubarase o seu orgulloso poder; desde a Torre das Caravanas todos caerán en Exipto, —é o meu Señor, Iavé, quen o di—.
7
Exipto quedará máis desolado cós países desolados, e as súas cidades quedarán máis arrasadas ca cidade ningunha.
8
E recoñecerán que eu son o Señor, cando lle poña lume a Exipto e sexan desbaratados todos os que o axudan.
9
O día aquel sairán, en barcos, mensaxeiros de onda min, para aterrorizar a tranquila Etiopía; haberá angustia entre os etíopes o día de Exipto, si, velaí chega!
10
Así fala o meu Señor, Iavé: —Eu poreille fin á riqueza de Exipto, por medio de Nabucodonosor, rei de Babilonia.
11
El e mais as súas tropas con el, as máis poderosas das nacións, serán levados para destruír o país; desenvaiñarán as súas espadas contra Exipto, e encherán o país de mortos.
12
Farei un sequeiro das canles do Nilo, e entregarei en venda o país na man dos malvados, por man de bárbaros arrasarei o país e canto o enche. Eu, o Señor, son quen falei.
13
Así fala o meu Señor, Iavé: —Eu vou destruír os seus ídolos, e facer desaparecer de Menfis os deuses importantes, e da capital de Exipto o príncipe, que nunca máis volverá haber. Impoñerei respecto sagrado no país de Exipto.
14
Destruirei o país do Sur, poñereille lume a Tanis e executarei a sentencia contra Tebas.
15
Desafogarei o meu noxo en Pelusio, praza forte de Exipto; e destruirei as riquezas de Tebas;
16
prendereille lume a Exipto, Pelusio retorcerase de dor, e a muralla de Tebas estará para fenderse, e Menfis terá o seu asedio no seu día.
17
Os escollidos de One e de Pibéset caerán a espada; e as mulleres irán á catividade.
18
En Tafnes deterase o día, cando eu rompa alí os cetros de Exipto, e se acabe nela o orgullo do seu poderío. A ela cubriraa unha nube, e as súas fillas irán á catividade.
19
Entón eu executarei sentencia contra Exipto, e recoñecerán que eu son o Señor.
20
O ano once, o sete do primeiro mes, veume a palabra do Señor nestes termos:
21
—Fillo de Adam, rompín o brazo do Faraón, rei de Exipto, e velaí que non está recomposto para poñerlle medicamentos e aplicarlle vendaxes, non está atado nin colle forza para empuñar a espada.
22
Por isto, así fala o meu Señor, Iavé: —Velaí, eu estou contra o Faraón, rei de Exipto; voulle romper os brazos, o brazo san e mais o quebrado, e vou facer caer a espada da súa man.
23
Vou espallar a Exipto entre as nacións, e a dispersalo entre os países.
24
Dareilles forza ós brazos do rei de Babilonia, e entregarei a miña espada na súa man; pero romperei os brazos do Faraón, que lanzará diante del xemidos de acoitelado.
25
Farei fortes os brazos do rei de Babilonia, mentres que os brazos do Faraón caerán; recoñecerán que eu son o Señor cando poña a miña espada na man do rei de Babilonia, para que a manexe contra o país de Exipto.
26
Dispersarei a Exipto entre as nacións, e espallareino entre os países. Entón recoñecerán que eu son o Señor.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48