bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 10
Isaiah 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 11 →
1
Ai dos que impoñen prescricións de iniquidade, e dos que ó escribiren, escriben para desgraza
2
privando ós pobres do xuízo, Roubándolles a xusta sentencia ós oprimidos do meu pobo, convertendo as viúvas na súa presa e saqueando os orfos.
3
Que faredes no día das contas, e no da devastación que xa vén desde lonxe? Xunto a quen correredes a pedir socorro? Onde deixaredes as vosas riquezas?
4
Non! Teredes que axeonllarvos entre os prisioneiros e caeredes entre os asasinados. Con todo isto non se muda a súa ira, e a súa man está aínda estendida.
5
Ai!, Asiria, bastón da miña ira, e vara na man do meu furor.
6
Vouna mandar contra o pobo impío, e voulle dar ordes contra o pobo da miña indignación, para saquealo e para roubalo, para convertelo nun pisadoiro, coma a lama dos camiños.
7
Si, Asiria non imaxinaba a cousa así, o seu corazón non o planeaba deste xeito, pois no seu corazón estaba desolar, e arrasar non poucos pobos.
8
Así pensaba: "Non son reis cada un dos meus príncipes?
9
Non é Kalnó coma Kárkemix? Non é Hamat coma Arpad? Non é Samaría coma Damasco?
10
O mesmo que a miña man atopou os reinos dos ídolos (e iso que os seus ídolos son máis cós de Xerusalén e Samaría),
11
non puiden facerlles a Samaría e ós seus ídolos o mesmo que lles hei facer a Xerusalén e ós seus ídolos?"
12
Si, cando o meu Señor remate a súa obra no monte Sión e en Xerusalén, examinará os soberbios plans do rei de Asiria e o fachendoso orgullo dos seus ollos,
13
pois (Asiria) pensaba así: "Fíxeno coa forza da miña man e coa miña habilidade: que lista fun! Apartei as fronteiras das nacións, saqueei os seus almacéns, como un heroe afundín os seus habitantes.
14
A miña man deu, coma cun niño, coas riquezas das nacións; como quen colle ovos abandonados, eu recollín todos os países, e non houbo quen batese as ás, nin quen abrise o pico e piase".
15
Oufánase a machada ante quen corta con ela? Engrandécese a serra ante quen a move? Levanta a vara a quen a ergue a ela? Ergue o pau a aquel que non é pau?
16
Por isto o Señor Iavé dos Exércitos mandará enfraquecemento ós que El engordou. E debaixo da súa opulencia acenderá unha fornalleira, si, unha fornalleira de incendio.
17
Resultará que a Luz de Israel se converterá en incendio, e o seu Santo en chama, que queimará e devorará espiños e silvas no mesmo día,
18
que consumirá totalmente o esplendor do seu bosque e do seu verxel. Si, será coma o decaemento dun enfermo.
19
O resto das árbores do bosque será tan pequeno que un meniño as poderá cortar.
20
Sucederá no día aquel que o resto de Israel e o que queda da casa de Xacob, non volverá afiuzar no pobo que o castigaba, senón que afiuzará con firmeza no Señor, o Santo de Israel.
21
Un resto, o que queda de Xacob, volverá ó Deus Forte.
22
Aínda que o teu pobo, Israel, fose coma a area do mar, soamente un resto volverá a El. A destrución está decidida, desbordante de xustiza.
23
Si, a destrución xa se decidiu. O meu Señor, o Deus dos Exércitos, vaina facer en todo o país.
24
Por isto así fala o meu Señor, Deus dos Exércitos: "Non lle teñas medo a Asiria, meu pobo, que habitas en Sión, que cunha vara en ti bate e contra ti levanta o seu pau no camiño de Exipto,
25
porque un pouco, un pouquiño máis, e acabarase o meu noxo, a miña ira pronto vai desaparecer totalmente".
26
Pero aínda mostrará o Señor dos Exércitos o seu látego espido contra el, como cando a derrota de Madián no penedo de Horeb levantará o seu bastón contra o mar no camiño de Exipto.
27
Sucederá no día aquel que retirará a súa carga do teu ombreiro, e o seu xugo de enriba da túa cerviz: romperá o xugo pola presenza do seu Nome.
28
Está chegando a Aiat, pasa por Migrón, e Micmax pasa revista ás súas armas;
29
cruzade polo desfiladeiro, Guebá sexa o voso cuartel de noite. Xa treme Ramah, xa foxe Guibá, a de Xaúl.
30
Entoa os teus cantos de xúbilo, filla de Galim, escoita, Laixah. Responde, Anatot.
31
Xa escapou Madmenah, os habitantes de Guebim xa están a seguro.
32
Hoxe mesmo paran en Nob, move a súa man cara ó monte da filla de Sión, cara ó outeiro de Xerusalén.
33
Velaí o Señor Deus dos Exércitos: vai cortar as pólas con furor; as pólas do curuto xa están partidas; as máis altas caen;
34
A espesura do bosque vai ser sacudida co ferro, e o Líbano co seu esplendor caerá.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66