bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 28
Isaiah 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 29 →
1
Ai da coroa arrogante dos borrachos de Efraím! Ai da grilanda murcha, o seu fermosísimo adorno, que está na cabeceira do seu fértil val, na cabeza dos soberbios atordados co viño!
2
Velaí o Señor poderoso e valente, coma unha tormenta de pedrazo. Coa man tirará por terra,
3
cos pés pisará a coroa arrogante dos borrachos de Efraím.
4
A grilanda murcha, o seu fermosísimo adorno, a que está na cabeceira do seu fértil val, será como un figo temperán, de antes do tempo da seitura: quen o ve cólleo, devórao sen o reter na man.
5
O día aquel o Señor dos Exércitos será a fermosa coroa e a diadema de adorno do resto do seu pobo,
6
espírito de xuízo para o que se senta no tribunal, e forza para os que retiran as tropas da porta da cidade.
7
Tamén estes cambalean co viño e tropezan co licor. O profeta e o sacerdote cambalean co licor, están devorados polo viño, tropezan por causa do licor, cambalean coa bebida, beben mestura alcohólica a fartar.
8
Todas as mesas están cheas de vómito, a sucidade xa non cabe.
9
A quen lle vai ensinar a mensaxe, a quen lle vai facer comprender o que oíu? Os neniños apartados do leite? Os neniños retirados do peito?
10
Así ten que ser: b, a: ba; b, a: ba; c, a: ca; c, a: ca; un pouco alí, un pouco alá.
11
Si, con labio burlón e en lingua estraña vaille falar a este pobo.
12
Díxolles así: "Este é o lugar de descanso, facede descansar o fatigado. Este é o voso lugar de tranquilidade". Pero non quixeron facer caso.
13
Así soará para eles a palabra do Señor: "b, a: ba; b, a: ba; c, a: ca; c, a: ca un pouco alí, un pouco alá", para que anden e caian para atrás, partan o lombo e sexan cazados e collidos.
14
Por isto escoitade a palabra do Señor, xente burlona, mestres de contos para este pobo que está en Xerusalén.
15
Porque vós dixestes: "Fixemos un pacto coa Morte e co Xeol fixemos un trato: O castigo da inundación chegará, pero non nos alcanzará, porque nos refuxiamos na Mentira e nos agachamos no Engano".
16
Por isto o meu Señor Deus fala así: "Velaquí estou: poño de alicerce de Sión unha pedra; unha pedra de granito, de fundamento; unha esquina pesada, asentada polo que sabe afincar e non se apura.
17
O cordel será o dereito; a chumbada a xustiza, o pedrazo varrerá o refuxio da Mentira, as augas arrasarán o seu toco.
18
A vosa alianza coa Morte será fendida, e o voso pacto co Xeol non se manterá. O castigo da inundación chegará, e ficaredes esmagados.
19
Sempre que pase, levaravos a vós. Si, pasará de mañá en mañá, de día e de noite, e non haberá máis ca terror ó comprender a noticia.
20
Porque a cama é moi curta para se estirar, e a manta moi estreita para se envolver.
21
Pois o Señor erguerase coma o monte Perassim e moverase coma o val de Gabaón para executar a súa obra, a estraña obra súa, e para facer o seu traballo, estraño traballo o seu.
22
Pois agora non vos burledes tanto que caiades na vosa trampa, porque oín do meu Señor, o Deus dos Exércitos, unha destrución segura, decretada contra todo o país.
23
Prestade atención e escoitade a miña voz, atendede e facede caso ó meu discurso.
24
Ara o labrador todos os días? Sen sementar sacha e grada a súa terra?
25
Tan só cando achanza a superficie da terra, esparexe a nichela e bota o comiño; sementa o trigo, o millo, a cebada e o centeo e a avea na beira.
26
O seu Deus instrúeo, ensínao como é debido.
27
Certo, non se trilla a avea co trillo, nin a roda do carro dá voltas sobre o comiño, senón que coa vara se varea a avea e o comiño co pau.
28
O trigo tríllase, pero non sen nunca parar, tríllase coa trilla precisa. Se o machica coa roda do seu carro e cos seus cabalos, non o trilla.
29
Isto tamén sae do Señor dos Exércitos, que dá o consello axeitado e fai grande o éxito".
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66