bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 45
Isaiah 45
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 44
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 46 →
1
Así fala o Señor acerca do seu unxido, Ciro, a quen eu collín da man dereita: el someterá ante si ós pobos, eu descubrirei ante el o lombo dos reis. El abre ante si os portóns dobres, as portas non se pecharán ante el.
2
Eu camiñarei diante de ti e fareiche favorables os presaxios, romperei os batentes de bronce e farei anacos as trancas de ferro.
3
Dareiche os tesouros pechados e as riquezas dos lugares ocultos, para que recoñezas que eu son o Señor, quen te chamou polo teu nome, son o Deus de Israel que te chamou
4
por causa do meu servo, Xacob, e de Israel, o meu elixido. Si, chameite polo teu nome; creeite, aínda que non me coñecías.
5
Eu son o Señor e non hai outro, fóra de min non hai deus. Ameite, aínda que non me coñecías,
6
para que se saiba desde o nacente ó solpor que non hai cousa sen min. Eu son o Señor e non hai outro,
7
o que forma a luz e crea a tebra, o que fai a felicidade e crea a desgraza. Eu, o Señor, o que fago todas estas cousas.
8
Ceo, fai caer desde arriba; bóveda celeste, bota para abaixo a xustiza, que a terra se abra e dea como froito a salvación, que a xustiza faga brotar a felicidade. Eu, o Señor, son quen a crea.
9
Ai do que preitea con quen o formou! Ai do cacharro que preitea con quen o fixo do barro! Dille a ola a quen a formou: "Que fas? A túa obra non ten xeito!"
10
Ai de quen lle di ó pai: "Que xeraches?", e á súa nai: "Que deches a luz?!"
11
Así fala o Señor, o Santo de Israel, o que o formou: "Ídesme pedir contas do futuro dos meus fillos, e ides dar ordes sobre a obra das miñas mans?
12
Eu fixen a terra e creei o home sobre ela. Eu, coas miñas propias mans estendín o ceo, deilles ordes a todas as súas constelacións.
13
Eu suscitei a Ciro por causa da xustiza e achanceille todos os seus vieiros. El reconstruirá a miña cidade e mandará alí os meus exiliados, sen prezo nin regalo".
14
Así fala o Señor: "A man de obra de Exipto, os traficantes de Cux, os sebaís, homes de grande estatura, virán onda ti e serán teus, camiñarán detrás de ti con cadeas, virán prostarse ante ti e confesarán: Soamente contigo está Deus e non hai outro; non hai máis deuses".
15
Certo, ti es o Deus escondido, o Deus de Israel, o Salvador.
16
Avergonzaranse, cubriranse de oprobio todos eles, camiñarán con oprobio os tallistas de ídolos.
17
Israel será salvado polo Señor con salvación eterna: Non vos teredes que avergonzar e endexamais non vos cubriredes de oprobio.
18
Si, así fala o Señor, o Creador do ceo, El é Deus, o formador da terra e o seu facer, El creouna, non a creou coma un caos, formouna para ser habitada. "Eu son Iavé e non hai outro.
19
Non falei en secreto, nun lugar do inferno, na escuridade. Non lle dixen á descendencia de Xacob: buscádeme no abismo. Eu, o Señor, proclamo a xustiza, dou a coñecer a rectitude".
20
Xuntádevos! Vinde! Achegádevos a un tempo, escapados das nacións: Que non o saiban os que levan en alto ese pau, o seu ídolo, e os que lle rezan a un deus que non é capaz de salvar.
21
Expoñede, presentade as vosas probas; aconselládevos uns cos outros. "Quen fixo oír isto desde antigo? Quen o fixo saber desde o tempo pasado? Acaso non fun eu, o Señor? Si, non hai outro Deus fóra de min! Eu son Deus, o Xusto e o Salvador, non hai outro fóra de min.
22
Volvédevos cara a min e salvádevos, todos os confíns da terra, que eu son Deus, e non hai outro.
23
Xúroo por min mesmo: da miña boca sae —para cumprir o que é xusto— unha palabra que non se volve atrás: ante min dobrarase todo xeonllo, por min xurará toda lingua.
24
De min dirase: Si, no Señor están a xustiza e o poder". Onda El virán, avergonzados, todos os que se levantaron contra El.
25
Toda a descendencia de Xacob recibirá a xustiza de parte do Señor e nel se gloriará.
← Chapter 44
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 46 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66