bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 49
Isaiah 49
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 48
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 50 →
1
Escoitádeme, pobos da costa, facédeme caso nacións afastadas. O Señor chamoume desde o seo, desde as entrañas da miña nai repetiu o meu nome.
2
Puxo na miña boca coma unha espada afiada, escondeume na sombra da súa man, converteume en frecha escolleita, gardoume na súa alxaba,
3
e díxome: "Ti es o meu servo, Israel, de ti virame a sona".
4
Pero eu dicía: "Cansei en balde, consumín a miña forza para nada, pero a miña sentencia está onda o Señor, e a miña recompensa onda o meu Deus.
5
Serei glorificado coa presenza do Señor, e o meu Deus será a miña forza". Pois agora —fala o Señor que desde o seo da nai me formou para ser oseu servo, para facer volver onda El a Xacob e para que Israel se xunte con El—:
6
"é moi fácil para ti ser o meu servo, restablecendo as tribos de Xacob e facendo volver os protexidos de Israel, pois convértote en luz das nacións, e serás a miña salvación ata o confín da terra".
7
Así fala o Señor, o Redentor de Israel, o seu Santo: "A ti, o desprezado da xente, abominado do pobo, servo dos gobernantes, verante os reis e levantaranse; os príncipes prostaranse ante ti, porque a ti te escolleu o Señor que é fiel, o Santo de Israel".
8
Así fala o Señor: "Nun momento de amor respondinche e no día da vitoria axudeite: escollinte, e convertinte en alianza dun pobo, para que levantes o país e repartas as herdanzas arrasadas,
9
dicíndolle: Presos, saíde! Os que estades na escuridade, mostrádevos! Pastarán á beira dos camiños e nos montes pelados terán os seus pasteiros,
10
non terán fame nin sede, non lles dará o soán nin o sol: quen ten compaixón deles guiaraos e conduciraos ás nacentes augas.
11
Converterei as miñas montañas en vieiro, construiranse as miñas calzadas.
12
Velaí chegan de lonxe: do norte, do poñente, e do país de Sinim".
13
Exulta, ceo; brinca de ledicia, terra; que se fendan os montes coa alegría, pois o Señor consolou o seu pobo, e compadeceuse dos seus pobres.
14
Sión di: "Iavé non me abandonou, o Señor non se esqueceu de min".
15
"Esquécese unha muller do seu meniño? Non se compadece do fillo das súas entrañas? Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti.
16
Velaí, estás escrito nas palmas das miñas mans, as túas murallas están sempre ante min.
17
Que apuren os que te reconstrúen, que marchen os que te arruinaron e arrasaron.
18
Levanta os teus ollos arredor e olla: Todos eles se xuntan, veñen a ti. Pola miña vida —é o Señor quen fala— que os vestirás a todos con mantos, e que os cinguirás coma a unha noiva!
19
Velaí as túas desolacións e as túas ruínas, velaí a túa capital destruída: agora serás demasiado pequena para os teus habitantes! Os mesmos que te devoraron farante máis grande.
20
Os fillos que che quitaron volverán dicir ós teus oídos: Non teño sitio: apertádevos por min, para que poida vivir aquí.
21
E ti pensarás no teu corazón: Quen me deu estes? Pois eu quedei sen fillos e estéril, desterrada e apartada. A estes quen os criou? Velaí: eu quedei soa; estes de onde son?"
22
Así fala o Señor Iavé: "Velaí: eu ergo a miña man cara ós pobos, e levanto cara ós pobos a miña bandeira, para que traian os meus fillos no colo, e as miñas fillas ó lombo.
23
Entón reis serán os teus titores; e as súas princesas, as túas amas de cría. Diante de ti prostrarán o rostro na terra, e lamberán o po dos teus pés. Entón recoñecerás que eu son o Señor, porque non se avergonzarán os que esperan en min.
24
Pódeselle quitar a presa a un heroe? Poderá escapar o cativo de quen o ten preso?"
25
Porque así fala o Señor: "Aínda que a presa lle sexa quitada ó heroe e o cativo escape do tirano, eu preitearei con quen preitee contigo, e salvarei os teus fillos,
26
farei que os teus opresores coman a súa propia carne, e que beban o seu propio sangue coma viño doce. Entón toda carne recoñecerá que eu son o Señor que te salvo, o teu Redentor, o Valente de Xacob".
← Chapter 48
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 50 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66