bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 2
Isaiah 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 3 →
1
Palabras que en visión profética recibiu Isaías, fillo de Amós, acerca de Xudá e Xerusalén:
2
Vede: á fin dos días será creado o monte da Casa do Señor. Vede: será levantado por enriba dos montes e máis cós petoutos, xuntaranse nel todas as xentes.
3
Irán a el pobos numerosos que dirán: "Vinde, subamos ó monte do Señor, á casa do Deus de Xacob, para que nos mostre os seus camiños, e camiñemos polos seus vieiros. Vede: de Sión sairá a Lei, a Palabra do Señor sairá de Xerusalén".
4
Xulgará os preitos entre as xentes, decidirá o que é xusto entre os pobos. Coas espadas forxarán arados; coas lanzas, podas. Non levantará un pobo contra outro a espada, nin aprenderán de novo a facer a guerra.
5
Casa de Xacob, ven; vaiamos e camiñemos á luz do Señor!
6
Olla: vou destruír o teu pobo! Destruirei a Casa de Xacob! Está cheo de adiviños desde oriente ata os filisteos; e sóbranlle fillos de estranxeiros.
7
A súa capital está chea de prata e ouro, non teñen fin os seus tesouros. A súa cidade está chea de cabalos, os seus carros non teñen fin.
8
A súa cidade está chea de ídolos, próstranse diante da feitura das súas mans, diante do que fixeron os seus dedos.
9
Abaixaranse os homes, humillaranse os varóns, pero non os ergas.
10
Métete entre as pedras, escóndete entre o po, lonxe da presenza pavorosa do Señor, lonxe do esplendor da súa maxestade.
11
Os ollos orgullosos abaixaranse, serán dobrados os homes ergueitos, soamente o Señor será enxalzado naquel día.
12
Velaquí o día do Señor Todopoderoso: contra todo o alto e levantado, contra todo o ergueito e admirable.
13
Contra todos os cedros do Líbano altos e levantados, contra todos os carballos de Baxán.
14
Contra todas as altas montañas, contra todos os petoutos ergueitos.
15
Contra toda torre esgrevia, contra todo muro inaccesible.
16
Contra todos os barcos de Tárxix, contra todas as naves esperadas.
17
O Señor dobrará o orgullo do varón, humillará a soberbia dos homes. Enxalzarase o Señor, El só, naquel día;
18
El ocupará o lugar de todos os ídolos.
19
Entrade nas fendas dos penedos, nas gretas do xabre e da barreira, lonxe da cara do Señor, lonxe do esplendor da súa maxestade, cando El se levante para estarrecer a cidade.
20
Aquel día os homes botarán fóra os ídolos de prata, e os ídolos que fixeron co seu ouro, para adoraren toupeiras e morcegos.
21
Entrade nas fendas dos penedos e nas regañas das pedras, lonxe da cara terrible do Señor, lonxe do esplendor da súa maxestade, cando El se levante para estarrecer a cidade.
22
Deixade de tratar entre vós co home a quen esmagan o nariz: foi el quen inventou de seu o culto dos altos.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66