bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 36
Isaiah 36
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 37 →
1
No ano catorce do rei Ezequías subiu Senaquerib, rei de Asiria, contra todas as cidades fortificadas de Xudá, para apoderarse delas.
2
O rei de Asiria enviou o ministro do tesouro desde Láquix a Xerusalén, onda o rei Ezequías, cun grande exército. Este tomou posición xunto ó canal do estanque de arriba, no camiño do campo do bataneiro.
3
Entón saíron a xunto del o ministro do pazo real Eliaquim, fillo de Hilquías, o escriba Xebná e o chanceler, Ioah, fillo de Asaf.
4
O ministro do tesouro díxolles: "Dicídelle a Ezequías: Así fala o grande rei, o rei de Asiria: Que clase de confianza é esa na que ti confías?
5
Pensaches que as meras palabras dos labios son o plan e a forza para a guerra? En quen confías, xa que te rebelaches contra min?
6
Olla, ti confías en Exipto, no apoio desa canivela rota e a quen se apoia nel penétralle a man e atravésalla; así é o rei de Exipto para todos os que confían nel.
7
Pero certo que me vas dicir: É no Señor, o noso Deus, en quen confiamos! Acaso non foi El a causa de que Ezequías retirase os seus santuarios e os seus altares dos outeiros, e de que lles dixese a Xudá e a Xerusalén: Diante deste altar habedes de prostarvos en adoración?
8
Pois ben, aposta agora co meu señor, o rei de Asiria: douche dous mil cabalos, se es capaz de pór pola túa conta soldados de equipamento sobre eles.
9
De que xeito, pois, poderás facer recuar o ataque dun só gobernador de entre os máis pequenos servidores do meu señor? É aínda pola túa confianza en Exipto e nos seus carros e cabalos?
10
E ademais, acaso subín eu a este país para arrasalo sen o consentimento de Iavé? O Señor díxome: Sube a ese país, e arrásao".
11
Entón Eliaquim, Xebná e Ioah dixéronlle ó ministro do tesouro: "Fálalles, por favor, ós teus servos en arameo, que nós entendemos, e non nos fales en xudeu ós oídos do exército que está sobre a muralla".
12
O ministro do tesouro respondeu: "Acaso o meu señor me mandou soamente onda o teu señor e onda ti para pronunciar estas palabras? Acaso as palabras non van tamén para os homes que están sentados sobre a muralla, comendo o seu propio esterco e bebendo o seus propios ouriños a canda vós?".
13
Entón o ministro do tesouro púxose de pé e berrou con grandes voces en xudeu e dixo: "Escoitade as palabras do grande rei, do rei de Asiria.
14
Así fala o rei: Que non vos engane Ezequías, que el non é capaz de salvarvos.
15
Que non vos faga confiar en Iavé dicindo: Certo, o Señor hanos salvar; esta cidade non será entregada nas mans do rei de Asiria.
16
Non lle fagades caso a Ezequías, que así fala o rei de Asiria: Facede comigo un pacto de bendición. Saíde para onda min; comede cada un da súa viña e cada un da súa figueira, e que beba cada un da auga do seu pozo,
17
Ata que eu veña e vos colla para vos levar a un país coma o voso país, terra de trigo e de mosto, terra de gran e de viñas.
18
Que non vos engane Ezequías dicindo: O Señor hanos salvar. Acaso os deuses das nacións salvaron cada un ó seu país da man do rei de Asiria?
19
Onde estaban os deuses de Hamat e de Arpad? Onde estaban os deuses de Sefarvaim? Que! Algúns deles salvaron Samaría da miña man?
20
Quen foron entre todos os deuses destes países os que puideron salvar o seu país da miña man? Será precisamente Iavé quen libre a Xerusalén da miña man?"
21
Entón eles quedaron calados e non lle responderon nin palabra, pois a orde do rei era nestes termos: "Non lle respondades".
22
Logo o ministro do pazo real Eliaquim, fillo de Hilquías, o escriba Xebná e o chanceler Ioah cos vestidos rachados volveron onda Ezequías e déronlle a coñecer as palabras do ministro do tesouro.
← Chapter 35
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 37 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66