bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 57
Isaiah 57
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 56
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 58 →
1
O xusto perece e non hai un que o considere. Si, os homes de ben desaparecen, sen ninguén que o note. Cando o xusto desaparece da presenza do malvado,
2
chégalle a paz. Que descanse nos seus lugares de repouso, pois cada un deles camiñou dereito polo seu camiño!
3
Eh, vós, achegádevos aquí, fillos da adiviña! Raza adúltera, como te prostitúes!
4
De quen vos burlades? A quen lle abrides a boca, (e) lle sacades a lingua? Acaso non sodes vós, fillos da rebeldía, descendencia da mentira?
5
Vós, que vos excitades sexualmente entre os terebintos, debaixo de toda árbore enramada, que degolades os fillos nos regueiros, debaixo das fendeduras dos penedos.
6
Os coios do río son o teu quiñón, eles mesmos son a túa sorte, tamén sobre eles vertiches a libación e presentaches a ofrenda. Voume consolar eu con estas cousas?
7
Sobre o monte alto e levantado puxeches o teu leito, tamén alí subiches para ofrecer o sacrificio.
8
Si, detrás da porta e do marco puxeches o teu memorial, pois mil veces te espiches e subiches ó teu leito para anchealo. Si, fixeches con eles un pacto, amaches os seus leitos, viches as súas vergonzas.
9
Ti marchaches onda Mélec co teu aceite, aumentaches os teus perfumes, mandaches os teus mensaxeiros ata moi lonxe, fixéchelos baixar ata o Xeol.
10
Co teu longo camiño cansaches, (pero) non dixeches: "Isto é desesperante". (Logo) atopaches a vitalidade do teu sexo, por isto non estabas enfermo.
11
De quen amedrentaches e temiches, por lle seres desleal? Porque de min non te lembraches, nin sequera en min pensaches! Acaso non foi porque estiven en silencio, si, desde sempre, e por isto non me respectaches?
12
Eu farei ver atúa xustiza e as túas obras, que non che axudarán.
13
Cando ti clames para que te salven os que se xuntaron ó teu lado, a todos eles levaraos o vento, un sopro arrebataraos. Pero quen confíe en min herdará a cidade e posuirá o meu monte santo.
14
(O Señor) di: "Amontoade, amontoade terra, achanzade o camiño, levantade os atrancos do camiño do meu pobo".
15
Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.
16
Certo que non me querelarei sempre, nin estarei enfadado constantemente, senón o espírito languidecería lonxe da miña presenza e os viventes que eu creei.
17
Alporiceime pola iniquidade da súa cobiza e castigueino escondéndome no meu noxo,
18
eu observaba o seu comportamento e el, rebelde, seguía no comportamento do seu corazón. Pero curareino e dareille descanso, enchereino de consolacións, e para os seus enloitados
19
crearei un canto de loanza: Paz, paz, para os de lonxe e mais para os de cerca —fala o Señor—, si, curareino".
20
Pero os malvados serán coma o mar axitado, que non é capaz de estar quedo, con augas que botan lama e lodo.
21
"Para os malvados —fala o meu Deus— non haberá paz".
← Chapter 56
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 58 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66