bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 7
Isaiah 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 8 →
1
No tempo do rei de Xudá, Acaz, fillo de Iotán, fillo de Ozías, subiron a Xerusalén Resín, rei de Siria e Pécah, fillo de Remalías, rei de Israel, atacárona, pero non foron capaces de a conquistar.
2
Daquela chegou a noticia á descendencia de David nestes termos: "Os sirios están acampados en Efraím"; estremeceuse o seu corazón e mais o corazón do seu pobo, o mesmo que se estremecen as árbores do souto en presenza do vento.
3
Entón díxolle o Señor a Isaías: "Saíde ó encontro de Acaz, ti e mais o fillo que se chama Sear Yasub, ó cruce da canle do Estanque de Arriba co camiño que vai ó campo do bataneiro.
4
Haslle dicir: Atento: ten moita calma, non teñas medo e que o teu corazón non se afrouxe por eses dos dous tizóns que fumegan: a rabia de Resín de Aram e do fillo de Remalías.
5
Porque Aram aconselloulles calamidades contra ti a Efraím e ó fillo de Remalías, dicíndolles:
6
Subamos contra Xudá e infundámoslle pavor; abramos brecha contra ela e constituamos rei nela ó fillo de Tabel".
7
Así fala o Señor Iavé: "Isto non se cumprirá nin sucederá,
8
pois Damasco é a capital de Aram, e a cabeza de Damasco é Resín (ó cabo de sesenta e cinco anos Efraím deixará de ser un pobo);
9
A capital de Efraím é Samaría, e a cabeza de Samaría é o fillo de Remalías. Vós non credes. Pois non subsistiredes!"
10
O Señor volveulle falar a Acaz nestes termos:
11
"Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou arriba nas alturas".
12
Respondeu Acaz: "Non o pido, pois non quero poñer a proba ó Señor".
13
Entón dixo Isaías: "Escoitade vós, casa de David: Non vos é pouco dominar os homes, que aínda queredes dominar o meu Deus?
14
Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel;
15
comerá nata e mel, xa que saberá rexeitar o mal e escoller o ben.
16
Aínda antes de que o meniño saiba rexeitar o mal e escoller o ben, serán abandonados os países dos dous reis ante os que ti tremes.
17
O Señor fará vir sobre ti, sobre o teu pobo e sobre a casa do teu pai, días que non viñeron desde que se apartou Efraím de Xudá. Coa axuda do rei de Asiria,
18
sucederá o día aquel, que o Señor lles asubiará ás moscas que están alá nas canles do Nilo en Exipto e ás abellas que hai no país de Asiria;
19
virán todas e pousarán nos regueiros das quebradas e nas fendas das penas, nas silveiras todas e nos augadoiros.
20
O día aquel afeitará o meu Señor, con navalla de aluguer de alén do Éufrates, ó rei de Asiria: a cabeza e os pelos das pernas, e tamén a barba.
21
Sucederá o día aquel, que cada un poderá manter unha xovenca de gando grande e un par de reses do rabaño.
22
Producirase tanto leite que se comerá nata. Si, quen fique no país comerá nata e mel.
23
Sucederá o día aquel, que calquera viñedo, con mil cepas por valor de mil moedas de prata, volverase unha silveira e un toxal.
24
Entrarase dentro del con frechas e con arco: todo o país será unha silveira e un toxal.
25
Tampouco se entrará nos soutos rozados coa sacha, por medo ás silveiras e ós toxos; todo quedará a monte: para meter bois e ser pisados das cabras".
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66