bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 66
Isaiah 66
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 65
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
1
Así fala o Señor: "O ceo é o meu trono e a terra é o estrado dos meus pés. Cal é a casa que me ides construír? Cal é o lugar do meu descanso?
2
Si, todas estas cousas fíxoas a miña man. Aí están todas elas! é o Señor quen fala. Pero hei de ollar por este, polo pobre, polo abatido de espírito e que treme ante as miñas palabras".
3
Sacrifícase un touro e tamén se mata a un home, sacrifícase un año e tamén se descroca un can. Presentase en ofrenda o sangue de porco, faise unha lembranza con incenso e tamén se bendí un ídolo. Certo que eles escolleron os seus vieiros, e o seu gusto compraceuse nas abominacións.
4
Certo que eu escollerei os malos tratos para eles, e traereilles terrores para eles, porque chamei e ninguén respondeu, falei e non fixeron caso, senón que fixeron o mal ós meus ollos, e escolleron o que non me gusta.
5
Escoitade a palabra do Señor, os que tremedes coa súa palabra. Os vosos irmáns que vos aborrecen e que vos rexeitan por causa do meu nome dixeron: "Que o Señor mostre a súa gloria para que vexamos a vosa ledicia", pero eles quedarán avergonzados.
6
Berros de tumulto saen da cidade, berros saen do templo. Berros! O Señor estalles pagando a débeda ós seus inimigos.
7
Antes de se retorcer de dor, deu a luz, antes de que lle chegasen as dores do parto, deu a luz un home.
8
Quen oíu cousa como esta? Quen viu cousas como estas? Párese unha cidade nun só día? Dáse a luz un pobo dunha soa vez? Sión, si que estivo de parto, certo que deu a luz os seus fillos!
9
Vou eu facer abrir a matriz e non vou facer que paira? —fala o Señor—. Eu, o que fai parir, vou pechar a matriz? —fala o teu Deus—.
10
Alegrádevos con Xerusalén, e brincade de ledicia por ela, todos os que a amades. Exultade con xúbilo con ela todos os que vos enloitastes por causa dela,
11
porque mamaredes e fartarédesvos do peito das súas consolacións, porque zugaredes e gozaredes do seo da súa riqueza.
12
Porque así fala o Señor: "Ollade que eu estendo ata ela a fartura coma un río, si, coma un río desbordado a riqueza das nacións. Vós mamaredes, no colo seredes levados, sobre os xeonllos seredes aloumiñados.
13
Coma un neno, a quen súa nai consola, así vos consolarei eu. Si, en Xerusalén seredes consolados.
14
Entón veredes que se alegra o voso corazón e que os vosos ósos florecen coma un campo". A man do Señor daráselles a coñecer ós seus servos e o noxo do Señor daráselles a coñecer ós seus inimigos.
15
Pois velaí o Señor, chega coma o lume, e os seus carros coma o furacán, para converter a súa ira en furia e o seu noxo en chamas de lume.
16
En verdade o Señor móstrase xusto xuíz respecto de toda carne co lume e coa espada e multiplicaranse os abatidos polo Señor,
17
os que se santifican e se purifican (indo) ós xardíns detrás dun que está no medio, comen carne de porco, animais abominables e ratos, as súas obras e os seus plans perecerán a unha —é o Señor quen fala—.
18
Eu chego para xuntar todos os pobos e as linguas, para que veñan e vexan a miña gloria.
19
Porei no medio deles un sinal e mandarei os superviventes de entre eles ás nacións: a Tárxix, a Pul e a Lud, ós que tensan o arco, a Tubal e a Iaván, ás remotas nacións costeiras que non oíron o meu renome, nin viron a miña gloria. Eles manifestarán a miña gloria entre os pobos.
20
Eles traerán a todos os seus irmáns coma ofrenda para o Señor, en cabalos e en carros, en liteiras, en mulos e en dromedarios, ata o meu santo monte de Xerusalén —dío o Señor—, así como os fillos de Israel traen ó templo do Señor a ofrenda en vasillas limpas.
21
Tamén collerei a algúns deles para sacerdotes e levitas —dío o Señor—.
22
Así, o mesmo que o ceo novo e a terra nova que vou crear permanecerán na miña presenza —é o Señor quen fala—, así permanecerá a vosa descendencia e o voso nome.
23
Resultará que desde a lúa nova ata a outra lúa nova e desde o sábado ata outro sábado, virá todo o mundo prostarse na miña presenza —dío o Señor—.
24
Eles sairán e verán nos cadáveres dos homes que se rebelaron contra min que o seu verme non morre e que o seu lume non se apaga, e serán o noxo de todo o mundo.
← Chapter 65
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66