bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 38
Isaiah 38
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 39 →
1
Naqueles días Ezequías caeu enfermo de morte, e o profeta Isaías, fillo de Amós, foi onda el para dicirlle: "Así fala o Señor: dá ordes á túa casa, que estás morrendo e non seguirás vivindo".
2
Entón Ezequías volveu o seu rostro cara á parede e rezoulle ó Señor:
3
"Ah, Señor, lémbrate por favor, de que camiñei na túa presenza con fidelidade e con corazón enteiro, e de que fixen o que está ben ós teus ollos". E chorou Ezequías con grande pranto.
4
Logo veulle a palabra do Señor a Isaías nestes termos:
5
"Vai e dille a Ezequías: así fala o Señor, Deus de teu pai David: fíxenlle caso á túa oración e ollei compracido para as túas bágoas. Eu engado sobre os teus días quince anos.
6
Librareite a ti e esta cidade do puño do rei de Asiria, e protexerei esta cidade.
7
Si, este será da parte do Señor o sinal de que cumprirá esta palabra que falou:
8
Velaí: vou facer cear a sombra os mesmos chanzos que baixou pola escaleira de Acaz: dez chanzos para atrás". Entón o sol ceou dez chanzos para atrás, os chanzos que baixara.
9
Escrito de Ezequías, rei de Xudá, de cando estivo enfermo e reviviu da súa enfermidade:
10
Eu pensaba: teño que marchar na metade dos meus días, estou posto ás portas do Xeol para o resto dos meus anos.
11
Pensei: xa non poderei ver o Señor, o Señor que está no país da vida, xa non volverei contemplar a terra, estarei cos que moran no mundo dos mortos.
12
A miña morada éme arrancada e enrolada, coma a miña tenda de pastor. Estendín coma unha tea a miña vida, pero córtanme o urdido. Abandonáchesme desde o día ata a noite,
13
pido auxilio ata a mañanciña. Igual ca un león, alguén esnaquiza os meus ósos, desde o día ata a noite abandonáchesme.
14
Coma unha andoriña, así estou piando, arrolo coma unha pomba. Os meus ollos levantáronse cara ó Altísimo, pero o meu Señor oprimiume, cubriume de escuridade.
15
Que direi? —pensei para min—. Se foi El quen o fixo. Amareino todos os meus anos, a pesar das amarguras da miña vida.
16
Ti, Señor, estás por enriba das amarguras; volveranse felicidade, e a felicidade do meu espírito será superior a todo o que hai nelas. Si, volverasme san e farasme feliz:
17
velaí: o meu amargo sufrimento volverase felicidade. Ti mesmo preservaches a miña vida do pozo da destrución, pois botaches sobre o teu lombo todos os meus pecados.
18
Porque o Xeol non che dá grazas, nin a Morte loanza, non esperan a túa fidelidade os que baixan ó Xeol.
19
O que vive, e vive feliz, é quen te loa, o mesmo ca min hoxe. O pai ensinaralles ós fillos a túa fidelidade.
20
Señor, ti salváchesme: tocaremos as miñas arpas todos os días da nosa vida no templo do Señor.
21
Entón dixo Isaías: "Collede unha cataplasma de figos e póndella sobre o tumor, e vivirá".
22
Entón dixo Ezequías: "Cal é o sinal de que subirei ó templo do Señor?".
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 39 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66