bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 16
Isaiah 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 17 →
1
Mandade carneiros dos señores do país, desde o Penedo do Deserto, ó monte da filla de Sión.
2
Pois o mesmo cós paxaros espantados ou unha niñada escorrentada, serán as fillas de Moab nos vaos do Arnón.
3
Presenta ti un plan, toma unha decisión. Converte a túa sombra en noite á luz do mediodía, esconde ó fuxido, ó escapado non o descubras.
4
Que vivan contigo coma estranxeiros os fuxitivos de Moab. Serás ti a súa protección ante o devastador. Cando se acabe a opresión, desapareza o asolamento, e o asoballador desapareza completamente do país,
5
establecerase un trono de amor e reinará con fidelidade na tenda de David un que xulgue con xusto xuízo e que sexa perito na xustiza.
6
Oímos falar da soberbia de Moab, da súa soberbia que vén de antigo, da súa fachenda, do seu orgullo e do seu furor, das súas lerias que non son verdade.
7
Por isto xeme Moab, todo Moab xeme, polas doces uvas de Quir Harés quéixanse os aflixidos.
8
Os campos de Hexbón están murchos e o mesmo as viñas de Sibmah: nas súas cepas selectas mallaron os señores das nacións. Chegaban ata Iazer, perdíanse no deserto, as súas vides estendíanse, cruzaban o mar.
9
Por isto vou chorar, ó mesmo tempo ca Iazer, polas viñas de Sibmah. Vouvos regar coas miñas bágoas, Hexbón e Elaleh, porque as cántigas desapareceron da túa seitura e da túa colleita.
10
Desaparecen dos campos a alegría e o xúbilo e nas viñas non se brinca de ledicia, non se danza co gozo. As uvas nas tallas xa non as pisa o viñateiro, vin desaparecer a canción da vendima.
11
Por isto as miñas entrañas tremen por Moab, coma unha arpa, e o meu interior treme por Quir Harés.
12
Verase que se esforza Moab por subir ó outeiro, intenta ir ó seu santuario rezar, pero non pode.
13
Esta é a palabra que o Señor lle falou desde antigo a Moab,
14
pero agora o Señor di así: "Dentro de tres anos, día a día coma anos de mercenario, a gloria de Moab xunto con toda a súa xente volverase desprezable, e o seu resto será pequeniño de todo e sen poder".
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66