bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 44
Isaiah 44
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 43
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 45 →
1
Agora, pois, escoita, Xacob, meu servo; Israel, a quen eu escollín.
2
Así fala o Señor, que te creou, e que te formou, quen desde o seo te vén axudando: "Non teñas medo, meu servo Xacob; Iexurún, a quen eu escollín,
3
porque eu verterei auga sobre o sedento, e regueiros sobre a reseca. Verterei o meu espírito sobre a túa descendencia, e a miña bendición sobre os teus xermolos,
4
e brotarán coma entre xuncos, como os amieiros xunto ás correntes de auga. Este dirá: Eu son do Señor; e aquel chamarase co nome de Xacob;
5
este escribirá na súa man: Pertenzo ó Señor; e será titulado co nome de Israel".
6
Así fala o Señor, Rei de Israel, o seu Redentor, o Señor dos Exércitos: "Eu son o Primeiro, e tamén o Derradeiro; non hai outro Deus fóra de min.
7
Quen é coma min? Que o diga, que o manifeste e que se compare comigo, porque eu establecín un pobo eterno e cousas que han vir: comprenderano cando cheguen.
8
Non teñades medo nin pavor. Acaso non volo fixen oír e volo manifestei desde entón? Vós sodes as miñas testemuñas: hai acaso un Deus fóra de min? Non, non hai Penedo: eu non o coñezo".
9
Os escultores de ídolos, todos eles, son nada: para nada serven as súas cousas preciosas. Si, eles mesmos son testemuñas, pero non o queren ver nin recoñecer, porque se avergonzarían.
10
Quen esculpiu un deus e fundiu un ídolo, sen esperar unha ganancia?
11
Velaí: todos os seus devotos avergónzanse, ós seus artistas sáenlles as cores. Xúntanse todos, fican quedos, atérranse, avergónzanse.
12
O artista corta o ferro co cicel, quéntao co carbón; co martelo dálle forma, trabállao coa forza do seu brazo. Por veces ten fame e non ten forza; non bebe auga e está canso.
13
Corta madeira, estende o cordel, fai unha marca co lapis, trabállaa coa garlopa, logo trázaa co compás, e faina á semellanza dun home, conforme a fermosura dun humano, para que habite no templo.
14
Si, corta para si uns cedros ou colle un toro de aciñeira ou de carballo, déixao endurecer entre as árbores do bosque, e planta no seu lugar un cedro que a chuvia fará medrar.
15
A madeira sérvelle ó home para queimar, colle parte dela e acende o lume; quenta o forno e coce o pan. Tamén pode traballar un deus e prostarse ante el, pode facer un ídolo e adoralo.
16
A metade da árbore quéimaa no lume, sobre a outra asa carne, come o asado e fártase. Tamén se quenta e di: "Ah, quéntome, vexo o resplandor!"
17
O que lle sobra é para un deus, fai o seu ídolo, adórao e próstrase ante el, rézalle ó seu deus e dille: "Sálvame, que ti es o meu deus".
18
Non saben nada nin entenden, están ofuscados; os seus ollos non ven, e a súa mente non pensa.
19
Non medita, non ten saber nin intelixencia ó dicir: "Queimo a metade no lume, e sobre as súas brasas cozo o pan, aso a carne e cómoa, e do resto del fago algo abominable: adoro a póla da árbore".
20
A quen mancha a cinsa, engánao o corazón e extravíao: non porá a salvo a súa vida, pois non pode recoñecer: "O que teño na miña dereita é unha mentira"
21
Lémbrate de Deus, Xacob; Israel, ti es o meu servo: eu te formei, o meu servo es ti, Israel: non te esquezas de min.
22
Fixen desaparecer as túas rebeldías coma unha nube, e como a néboa espesa os teus pecados. Convértete a min, que eu son o teu Redentor.
23
Xubilade, ceos, porque o Señor actuou; gritade alegres, profundidades da terra. Montes, estalade de ledicia: o bosque e toda árbore que hai nel, porque o Señor redime a Xacob, vai mostrar a súa gloria en Xerusalén.
24
Así fala o Señor, o teu Redentor, o que te formou desde o seo. Eu son o Señor que o fago todo: estendo o ceo eu só e expando a terra. Quen está comigo?
25
Frustro os sinais dos agoireiros e volvo loucos os adiviños, fago volver para atrás os sabios e converto a súa ciencia en tolemia.
26
El fai firme a palabra do seu servo, e completa o plan dos mensaxeiros. Di: "Xerusalén, serás habitada; cidades de Xudá, seredes reedificadas, que volverei levantar as súas ruínas".
27
Di: "Océano, seca; vou secar os teus ríos".
28
Di: "Ciro é o meu pastor, cumprirá todos os meus gustos, anunciando:Xerusalén, serás reedificada; templo, serás cimentado".
← Chapter 43
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 45 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66