bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 22
Isaiah 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 23 →
1
Oráculo do Val da Visión. Que che pasa agora, que con todos os teus estás subido nas terrazas?
2
Está chea de ruído a cidade rebuldeira, a vila festeira. Os teus caídos non son acoitelados coa espada, nin mortos na guerra.
3
Todos os teus xefes fuxiron á vez, foron collidos co arco. Todos os que te pillaron, foron collidos xuntos, escapaban lonxe.
4
Por isto dixen: "Non olledes para min, que vou amargar con choros, non vos empeñedes en consolarme pola desolación da filla do meu pobo,
5
porque o día da confusión, do esmagamento e do escarnio vén do meu Señor, Deus dos Exércitos. No Val da Visión derrúbase unha muralla, os berros diríxense á montaña.
6
Elam levantou a alxaba, homes en carros de cabalos, Quir destapa os escudos.
7
Carros e cabalos encheron o mellor da túa barxa, tomaron posición xunto á porta,
8
e puxeron ó descuberto a defensa de Xudá". No día aquel ollastes para o arsenal da Casa do bosque,
9
vistes as brechas da cidade de David —cantas eran!— e xuntastes as augas do estanque de abaixo.
10
Contastes as casas de Xerusalén e botastes algunhas abaixo, para facer inaccesible a muralla.
11
Fixestes unha presa entre os dous muros, para a auga do estanque antigo; pero non ollastes para quen a facía, nin vistes a quen desde lonxe a ideaba.
12
No día aquel o meu Señor, Deus de Israel, fixo unha chamada ó pranto e á lamentación, a raparse e vestirse de saco.
13
Pero velaí: vós, xúbilo e ledicia: matar becerros, sacrificar reses, comer carne e beber viño. "A comer e beber, que mañá imos morrer".
14
Pero o meu Señor, Deus dos Exércitos, reveloume ó oído: "Esta iniquidade non vos será expiada ata que morrades", —díxoo o meu Señor, Deus dos Exércitos—.
15
Así falou o meu Señor, Deus dos Exércitos: "Ponte de camiño e entra onda ese mordomo, Xebná, que está á fronte da casa do rei, e dille:
16
Que tes ti aquí? A quen tes ti aquí, pois cavaches aquí unha sepultura para ti? Eu estou cavando no alto a miña sepultura, estou tallando na pedra o meu lugar de descanso".
17
Velaí: o Señor vaite estender ben estendido, valente, e logo vaite envolver,
18
vaite enrolar ben, e facerte rodar, coma unha pelota cara a un país de anchas fronteiras. Alí vas morrer, alí irán as túas gloriosas carrozas, vergonza do pazo do teu Señor.
19
Chimpareite do teu posto prominente, botareite abaixo do teu pedestal.
20
Sucederá no día aquel, que chamarei ó meu servo, Eliaquim, fillo de Hilquías.
21
Farei que vista a túa túnica, e fortalecereino co teu cinguideiro e porei na súa man o teu posto de mando: será un pai para os habitantes de Xerusalén e para a casa de Xudá.
22
Porei a chave da casa de David sobre o seu ombreiro: abrirá, e non haberá quen feche; e fechará, e non haberá quen abra.
23
Cravarei a caravilla da súa tenda nun lugar seguro, e será trono de gloria para a casa de seu pai.
24
Colgarase nel todo o peso da casa de seu pai —ramas e follas—, todos os cacharros pequenos, desde as tazas ata os pucheiros.
25
No día aquel —é o Señor dos Exércitos quen fala— abaneará a caravilla cravada en lugar seguro, fallará e caerá, e esnaquizarase todo o peso que estaba sobre ela, porque o dixo o Señor.
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66