bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 63
Isaiah 63
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 62
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 64 →
1
"Quen é este que chega de Edom, de Bosrah con vestidos tinxidos de vermello? Quen é este que está adornado cos seus vestidos, cangado co peso do seu moito poder?" "Eu, que falo da xustiza, que son Señor para salvar".
2
"Por que está vermella a túa roupa e os teus vestidos coma os do que pisa no lagar?"
3
"Eu só pisei na pía e non houbo do meu pobo quen estivese comigo. Si, piseinos coa miña ira e esmagueinos coa miña furia. E o zume deles salpicou as miñas roupas e lixou todos os meus vestidos.
4
Velaí o día da vinganza: está no meu corazón e o ano do meu desquite xa chegou.
5
Si, mirei con atención e non houbo quen axudase, asombreime de que non houbese quen apoiase, pero o meu brazo salvoume, a miña furia foi a que me apoiou.
6
Esmaguei os pobos coa miña ira,e emborracheinos coa miña furia, fixen baixar á terra o seu propio zume".
7
Voume lembrar dos favores do Señor, das loanzas do Señor: Velaí toda a débeda que nos pagou o Señor, si, un montón de bens para a casa de Xacob, que El nos concedeu segundo a súa misericordia, segundo a abundancia dos seus favores.
8
El dixo: "Si, son o meu pobo, os fillos que non traizoan", e convertéuselles no seu Salvador
9
en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.
10
Pero eles rebeláronse e entristeceron o seu Espírito Santo, que se volveu inimigo deles, facéndolles a guerra.
11
Pero o seu pobo lembrouse das épocas pasadas, de Moisés. Onde está o que os fixo subir do mar xunto co pastor do seu rabaño? Onde está o que puxo no interior do peso o seu Santo Espírito?
12
O que fixo avanzar o seu glorioso brazo por medio da destra de Moisés, o que partiu as augas diante deles, construíndose para si un renome eterno.
13
O que os fixo camiñar polos abismos, coma cabalos polo deserto, sen tropezar.
14
Como baixa o gando para o val, así o Espírito do Señor nos fixo descansar. Así, conduciches o teu pobo, construíndote para ti un renome glorioso.
15
Olla atentamente desde o ceo e mira desde a túa santa e gloriosa morada. Onde está o teu poderoso celo, o conmoverse das túas entrañas? Onde está a túa compaixón, meu Deus, que se viu coaccionada?
16
Pois ti es o noso Pai. Certamente Abraham non nos recoñece, nin Israel nos entende, (pero) ti, Señor, es o noso Pai, o "noso Redentor desde sempre" é o teu Nome.
17
Por que, Señor, nos deixaches extraviar lonxe dos teus vieiros, e fixeches endurecer o noso corazón apartándose do teu respecto? Cambia de actitude por amor dos teus servos, por amor das tribos da túa herdanza!
18
Por que unha banda de mozos se apoderou da cidade do teu santuario? Por que os nosos opresores esmagaron o teu santuario?
19
Fomos desde hai tempo xente na que ti non mandaches, (e) sobre os que non se invocou o teu nome. Ai, se rachares o ceo (e) baixases! Coa túa presenza rebulirían os montes,
← Chapter 62
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 64 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66