bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 30
Isaiah 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 31 →
1
Ai, fillos que se rebelan é o Señor quen fala, facendo un ídolo de pau sen que isto saia de min, e vertendo metal nun ídolo de fundición, sen contar co meu Espírito, engadindo así pecado sobre pecado!
2
Sen consultar a miña boca, baixan de présa a Exipto, para buscaren refuxio no poder do Faraón e se refuxiaren á sombra de Exipto.
3
Pero o poder do Faraón volveráselles vergonza, e o refuxio á sombra de Exipto volveráselles desgraza.
4
Aínda que os seus xenerais están en Soán, e os seus mensaxeiros chegan a Hanés,
5
todos están humillados por causa do pobo, que non saca proveito para si nin axuda nin utilidade, senón a vergonza e mais o oprobio.
6
A carga das bestas de Arabia que chegou por terra de angustia e perigo, con leoas e leóns ruxintes, con víboras e serpentes voadoras, eles lévana sobre os lombos de burros, pois son as súas riquezas; sobre a xiba dos camelos levan os tesouros para un pobo do que non sacan proveito.
7
Si, Exipto é aire: va é a súa axuda, por isto deille este nome: Ráhab, "ruído—inactivo".
8
Agora vai, escríbeo nunha táboa, ven e grávao nunha lousiña, que sirva para os días futuros, de testemuña para sempre,
9
porque son un pobo rebelde, fillos traidores, fillos que non lle queren facer caso á lei do Señor,
10
que lles din ós videntes: "Non teñades visións" e ós que reciben mensaxes: "Non teñades para nós mensaxes da verdade. Comunicádenos palabras moles, tende visión de cousas agradables.
11
Apartade do noso camiño, quitade do noso vieiro, retirade de diante de nós ó Santo de Israel".
12
Por isto, así fala o Santo de Israel: "Por rexeitardes a miña palabra, confiando no tirano máis perverso, e descansando fiados nel,
13
por isto esa iniquidade estará contra vós, como unha greta nun muro alto, que alomba ameazando ruína. Cando de repente chega a súa ruptura,
14
rompe coma cacharro de oleiro, cando o escachan sen compaixón e non se atopa entre os seus anaquiños un cacho para coller lume do fogar ou para sacar auga do pozo".
15
Porque así fala o meu Señor, Iavé, o Santo de Israel: "Seredes salvados con só sentarvos á espera, a vosa forza está en quedarvos quietos e tranquilos"; pero, non quixestes,
16
senón que dixestes: "Non! Fuxiremos a cabalo!". "De verdade que fuxiredes!". "Montaremos cabalos rápidos!" "Rápidos serán tamén os vosos perseguidores!".
17
Co bramido dun só fuxiredes mil, co bramido de cinco fuxiredes: só quedará un, coma o mastro na cima do monte, coma bandeira nun outeiro.
18
Certo, o Señor está esperando mostrarvos o seu favor, o Altísimo está esperando ter compaixón de vós. O Señor é Deus da Xustiza: felices todos os que esperan nel.
19
Ai, pobo de Sión, que habitas en Xerusalén, non chores máis: o seu favor acollerá o teu berro de auxilio; cando El o escoite, responderache;
20
o Señor darache o pan na hora da angustia e auga na hora do asedio; e o que che dá a chuvia non volverá a marchar, os teus ollos volverano a ver,
21
os teus oídos escoitarán unha palabra: "Este é o vieiro, camiñade por el", cando vos desviedes para a dereita e cando vos desviedes para a esquerda.
22
Entón profanaredes o revestimento de prata dos vosos ídolos, e botaredes fóra os adornos de ouro das vosas imaxes: coma pano ensanguentado, declararédelas unha inmundicia.
23
Entón daralle a chuvia para a sementeira que sementaches na túa terra, e o gran, produto da túa terra, será abundante e gordo. No día aquel o teu rabaño pacerá en pasteiros anchos,
24
e os bois e os burros que aren a túa terra, comerán forraxe ben sazonada, aventada coa galleta e a forquita.
25
Sobre todo monte alto e todo outeiro erguido haberá auga, correrá a regos, no día da grande matanza, cando caian as torres.
26
Entón a luz da lúa será coma a luz do sol e a luz do sol será sete veces maior, cando o Señor sande a ferida do seu pobo e cure a chaga do seu castigo.
27
Velaí o Nome do Señor: está chegando desde lonxe, arde o seu nariz e o seu fígado bota fume, os seus labios están cheos de carraxe, a súa lingua é coma o lume devorador,
28
A súa respiración coma un río desbordado que chega ata o pescozo: xunguirá ás nacións co xugo da destrución, un freo aniquilador estará na boca dos pobos.
29
O voso canto será como o da véspera das festas e a ledicia do voso corazón será como cando un marcha coa frauta para entrar na montaña do Señor Deus, o Penedo de Israel.
30
Entón o Señor fará oír o esplendor da súa voz, mostrará o golpe do seu brazo, co bufido do seu nariz e a chama do lume devorador, coa tempestade, a tormenta e o pedrazo.
31
Pois co pau da voz do Señor Asiria será esnaquizada:
32
cada azoute da vara con que o Señor a castigue, estará acompañado de tambores e de liras, de danzas de guerra e de ritos de loita contra ela.
33
Si, Deus preparou o Tófet contra ela, preparouno para o rei; afondou, ancheou o seu pozo, amoreou paus e lume, o alento do Señor, coma un río de xofre, prendeu lume nel.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66