bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 33
Isaiah 33
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 34 →
1
Ai saqueador, ti non es saqueado! Ai traidor, a quen non traizoan! Cando ti acabes de saquear, serás saqueado; cando remates de facer traizón, traizoarante a ti!
2
Señor, móstranos o teu favor; a ti chamamos esperanzados. Serás ti a nosa forza cada mañá, a nosa salvación na hora do asedio.
3
Que co ruído das túas tropas escapen os pobos, que co ruído dos teus soldados desaparezan as nacións.
4
O botín será amoreado, como se amorean os saltóns: como ataca a lagosta saltarán eles no botín.
5
Enxalzado sexas, Señor, pois moras no máis alto. Que se encha Sión de rectitude e de xustiza,
6
e que o Señor sexa a seguridade do seu templo. O tesouro da súa salvación é sabedoría e coñecemento; a súa riqueza, o temor do Señor.
7
Velaí os xefes clamando polas rúas, os mensaxeiros da fartura chorando amargamente.
8
Están desertas as calzadas, o paseante da rúa non camiña, romperon a alianza, rexeitaron os garantes do pacto, non teñen respecto para ningún home.
9
O país anda de loito, está estéril, o Líbano vólvese pálido, está sen forza, o Xarón é coma un deserto, o Baxán e o Carmelo quedan espidos.
10
"Agora voume levantar —dixo o Señor—, vou estar ben alto, voume erguer.
11
Vou concibir herba e vou dar a luz palla, coma o lume o meu Espírito vaivos devorar;
12
o meu pobo será unha queima con cal, coma silvas cortadas arderá no lume.
13
Vós, que estades lonxe, escoitade o que eu fixen; coñecede, os que estades preto, a miña valentía".
14
Que os pecadores se estremezan en Sión, e o terror apreixe os impíos: Quen habitará entre nós nun lume devorador? Quen habitará entre nós nas chamas eternas?
15
O que se comporta con xustiza e fala o que é correcto, o que rexeita as ganancias da opresión, o que sacode a súa man para non coller subornos, o que pecha os seus oídos para non verter sangue, o que pecha os seus ollos para non favorecer a maldade.
16
Este morará no máis Alto, a Praza forte do Penedo será o seu refuxio, o seu pan seralle dado, e a súa auga estará asegurada.
17
Os teus ollos verán o Rei na súa fermosura, verán a cidade remota.
18
O teu corazón contemplará unha visión terrible: U—lo que conta? U—lo que pesa? U—lo que enumera as torres?
19
Non verás un pobo estranxeiro, un pobo de lingua misteriosa de oír, de lingua burlona que non se entende.
20
Velaí Sión, a cidade da nosa solemne asemblea; os teus ollos verán Xerusalén, morada tranquila, tenda que non cambiará, os seus cravos nunca se arrincarán, nin se romperán as súas cordas.
21
Si, olla para o Maxestoso, o Señor, o noso encoro de ríos, de regos anchos ás dúas bandas: non pasará por el barco de remos, nin barco grande o poderá cruzar.
22
Si, o Señor será o noso Rexedor, o Señor será o noso lexislador, o Señor, o noso Rei, El só nos salvará.
23
As súas cordas afrouxaranse, non erguerán o mastro nin izarán a bandeira. Entón será dividido o botín, o riquísimo botín; os coxos poderán coller a súa parte,
24
quen alí reside non dirá: "Estou impedido". O pobo que resida alí quedará libre da iniquidade.
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 34 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66