bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 65
Isaiah 65
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 64
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 66 →
1
Eu deixei que me buscasen os que non me consultaban, (e) deixei que me atopasen os que non me procuraban. Díxenlle a unha nación que non se chamaba co meu nome: "Aquí estou!" "Aquí estou!".
2
Boteille unha man todo o tempo a un pobo rebelde, ós que camiñaban por un vieiro non bo, seguindo os seus propios plans,
3
o pobo que me provocaba continuamente ante a miña presenza, ofrecendo sacrificios nos xardíns e queimando incenso sobre os ladrillos;
4
viven nas sepulturas e pasan a noite nas covas, comen carne de porco e talladas de carnes abominables nos seus pratos.
5
Din: "Arreda, non me toques, que te podería consagrar". Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.
6
Velaí: isto está escrito na miña presenza. Non podo calar, senón que lles teño que botar a paga na abada do seu manto,
7
As súas abominacións e as abominacións dos seus pais, todo xunto —fala o Señor—, porque queimaron incenso no cume dos montes e aldraxáronme nos outeiros. Si, botareilles na abada do manto a paga do seu pasado.
8
Así fala o Señor: "O mesmo que se atopa mosto no acio, e se di: non o destrúas, que hai bendición dentro del, así farei cos meus servos: non os destruirei a todos.
9
Farei saír de Xacob descendencia e de Xudá (farei saír) o herdeiro dos meus montes: os meus elixidos herdarán isto e os meus servos morarán alí.
10
O Sarón será o pasteiro do rabaño, e o val de Acor será o curral do gando, para o meu pobo, que me buscou".
11
Pero vós sodes os que abandonades o Señor, os que vos esquecedes do monte do meu santuario, os que preparades a mesa para (ir a) Gad, os que enchedes a bota de viño mesturado para (ir a) Mení.
12
Pois eu destínovos para a espada e todos vós caeredes na matanza, porque eu clamei e vós non respondestes, eu falei e vós non fixestes caso, senón que fixestes o mal ós meus ollos e escollestes o que non me gustaba.
13
Por isto, así fala o Señor Iavé: "Velaí os meus servos: eles comerán e vós pasaredes fame. Velaí os meus servos: eles beberán e vós pasaredes sede. Velaí os meus servos: eles alegraranse e vós avergonzarédesvos.
14
Velaí os meus servos: eles exultarán con corazón ledo, e vós clamaredes con corazón triste e con espírito esnaquizado lamentarédesvos.
15
Deixarédeslles o voso nome ós meus elixidos para un xuramento: Que o Señor Iavé te faga morrer!, e chamarán ós meus servos cun nome diferente".
16
O que queira ser bendito coa felicidade na terra, ha de ser bendito polo Deus Amén. E o que queira facer un xuramento na terra, ha de xurar polo Deus Amén. Si, que se esquezan das aflicións pasadas, e certamente estarán escondidas da miña percepción.
17
Pois velaí: eu creo ceos novos e terra nova, e non serán lembradas as cousas vellas, nin pasarán á consideración de ninguén,
18
senón que: exultade e brincade de ledicia para sempre, coa felicidade que eu creo, pois eu creo Xerusalén: "A Exultación"; e o seu pobo: "A Ledicia".
19
E eu brincarei de ledicia por Xerusalén, e exultarei pola miña cidade, e non se volverá a oír nela ruído de choros nin ruído de berros.
20
Non volverá a nacer nela meniño falto de días nin vello que non os cumpra de cheo, senón que o que morra ós cen anos será un rapaz, e o que consiga os cen anos será un maldito.
21
Construirán casas e habitaranas e plantarán viñas e comerán os seus froitos.
22
Non construirán para que outro habite, nin plantarán para que outro coma, senón que os días do meu pobo serán coma os días dunha árbore, e os meus elixidos gozarán da obra das súas mans.
23
Non se fatigarán en van, nin darán a luz para calamidade, pois eles son a raza dos benditos do Señor, e os seus descendentes serán coma eles.
24
Aínda antes de que chamen, eu respondereilles; mentres eles volven falar, eu xa lles farei caso.
25
O lobo e o año pacerán xuntos, e o león comerá palla coma o boi, pero a serpente terá de comida o po. Non farán mal nin provocarán matanza en todo o meu santo monte —dío o Señor—.
← Chapter 64
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 66 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66