bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 19
Isaiah 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 20 →
1
Oráculo contra Exipto. Velaí o Señor montado nunha nube lixeira; vai a Exipto, tremen os seus deuses por mor da súa presenza, o corazón de Exipto derrétese nos seus adentros.
2
Vou encirrar un Exipto contra o outro: faranse a guerra, cada un co seu irmán, cada un co seu veciño, cidade con cidade, reino con reino.
3
Sobresaltarase o espírito de Exipto e destruirei o seu plan, aínda que consulten ós deuses, ós bruxos, ós nigromantes e ós adiviños.
4
Entregarei a Exipto no poder de donos severos e reinará nel un rei cruel —é o Señor, Deus dos Exércitos, quen fala—.
5
Secarán as augas da corrente, o río secará e estiñará;
6
botarán fedor os canais, os brazos do río no Baixo Exipto baixarán e secarán, a canivela e o xunco murcharán.
7
As xunqueiras de onda o río e do esteiro, todos os campos da ribeira secarán e desaparecerán: non serán.
8
Suspirarán os pescadores, lamentaranse todos os que botaban o anzol no río, esmorecerán os que largaban a rede sobre a superficie da auga.
9
Os que traballaban o liño avergonzaranse, as cardadoras e os teceláns quedarán mirrados,
10
As súas tecelás andarán humilladas, e todos os que traballan por xornal estarán co ánimo abatido.
11
Que loucos están os príncipes de Soán, os sabios que aconsellan ó Faraón consellos estúpidos! Como lle poderán dicir ó Faraón: "Eu son fillo de sabios, fillo de reis orientais"?
12
Onde están, logo, os teus sabios? Que che mostren e dean a coñecer o que ten planeado o Señor dos Exércitos sobre Exipto.
13
Puxéronse loucos os príncipes de Soán, están enganados os príncipes de Nof, os príncipes das súas tribos fan descarreirar a Exipto.
14
O Señor vértelles no seu interior un espírito de confusión; por isto abanean Exipto con todas as súas obras, o mesmo que cambalea o borracho co seu vómito.
15
Deste xeito non haberá para Exipto obra que poida facer a cabeza ou o rabo, a palmeira ou o xunco.
16
No día aquel Exipto será coma as mulleres, abaneará e tremerá ante a man do Señor dos Exércitos, que a vai mover contra el.
17
E a terra de Xudá converterase en causa de vergonza para Exipto, todo aquel que lla lembre a Exipto sentirá temor ó ver o que o Señor dos Exércitos dispuxo contra Exipto.
18
No día aquel haberá cinco cidades no país de Exipto, que falarán a lingua de Canaán, e que farán os xuramentos polo Señor dos Exércitos: a unha chamaráselle a cidade do Sol.
19
No día aquel haberá un altar consagrado a Iavé no medio de Exipto, e unha estela dedicada ó Señor ó lado da súa fronteira,
20
serviralle ó Señor dos Exércitos de sinal e testemuño no país de Exipto. Cando eles clamen ó Señor pola presenza dos opresores, o Señor mandaralles un salvador e un xefe para que os libre.
21
O Señor daráselle a coñecer a Exipto, e os exipcios recoñecerán o Señor no día aquel: daranlle culto con sacrificios e oblacións, e farán ó Señor votos, que cumprirán.
22
O Señor ferirá a Exipto con ferida curable, pois converteranse ó Señor, que se lles mostrará propicio e os curará.
23
No día aquel haberá unha calzada desde Exipto a Asiria, Asiria irá a Exipto e Exipto a Asiria, Exipto dará culto xunto con Asiria.
24
No día aquel Israel será igual ca Exipto e Asiria, será causa de bendición no medio da terra,
25
pois o Señor dos Exércitos hao bendicir nestes termos: "Bendito o meu pobo, Exipto, a obra da miña man, Asiria, e a miña herdanza, Israel".
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66