bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 51
Isaiah 51
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 50
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 52 →
1
Escoitádeme os que procurades a xustiza, os que buscades o Señor. Ollade para o penedo de onde fostes tallados e para o pozo de onde fostes escavados.
2
Ollade para o voso pai Abraham e para Sara, a que vos deu a luz. El era un só cando o chamei, pero bendicino e multipliqueino.
3
Cando o Señor console a Sión e a todas as súas ruínas, fará do deserto coma o Edén e da estepa coma o xardín do Señor, contento e ledicia haberá nel, acción de grazas e son de cántigas.
4
Aténdeme, pobo meu! Poboación miña, escóitame!: unha lei sae de onda min, e a miña sentencia será a luz dos pobos.
5
Poño en movemento a miña pronta vitoria, sae a miña salvación e o meu brazo xulgará os pobos. En min porán a esperanza as nacións costeiras, e esperarán no meu brazo.
6
Levantade os vosos ollos cara ó ceo, e ollade para a terra que está abaixo, pois o ceo esvaecerá coma fumareda, e a terra cambiará coma un vestido: os seus habitantes morrerán coma mosquitos, pero a miña salvación durará para sempre e a miña xustiza non decaerá.
7
Escoitádeme os que coñecedes a xustiza, pobo que tes a miña revelación no teu corazón: Non lle teñades medo ó desprezo dos homes, cos seus insultos non estarrezades,
8
o carbuncho comeraos coma a un vestido, e a traza devoraraos coma a lá, pero a miña xustiza durará sempre, e a miña salvación por xeracións de xeracións.
9
Esperta, esperta e revístete de poder, brazo do Señor! Esperta coma nos días de antes, coma nas xeracións eternas. Acaso non fuches ti quen matou a Ráhab, e acoitelou ó Dragón?
10
Acaso non fuches ti quen secou o Mar, as augas do grande Abismo, que converteu o profundo do mar nun camiño, para o paso dos redimidos?
11
Si, os rescatados do Señor volverán e entrarán en Sión con xúbilo. Haberá ledicia eterna sobre as súas cabezas, invadiraos o xúbilo e a alegría; o tormento e os suspiros xa fuxiron.
12
Eu, eu son quen te consola. De que terás medo ti? Dos homes? —Morrerán. Do fillo do home? —Non é máis ca herba.
13
Esquecícheste do Señor, o teu creador, o que estendeu o ceo e fundamentou a terra, por isto estiveches estarrecido todo o día, pola furia do opresor, cando se decidiu a arrasar. Pero onde está a furia do opresor?
14
O preso será librado axiña: non morrerá no pozo nin lle faltará o seu pan,
15
pois eu son o Señor, o teu Deus, que axito o mar de xeito que braden as súas ondas. —Señor dos Exércitos é o meu nome—.
16
Si, puxen as miñas palabras na túa boca, e cubrinte coa sombra da miña man; desde que plantei o ceo e fundamentei a terra, díxenlle a Sión: "O meu pobo es ti".
17
Esperta, esperta, levántate, Xerusalén!, que xa bebiches da man do Señor a copa da súa ira: da borracheira, xa a bebiches ata o fondo.
18
Entre todos os fillos que deu a luz, non hai quen a guíe. Entre todos os fillos que ela criou, non hai quen a colla pola man.
19
Estas dúas cousas acontecéronche: Quen se doía de ti? Saqueo e caída, fame e espada. Quen se doía de ti?
20
Os teus fillos non tiñan forzas, caeron nos cruces de todas as rúas, coma o antílope na rede do cazador, esmagados pola ira do Señor, pola furia do teu Deus.
21
Por isto, escoita ti, aflixida e borracha, aínda que non de viño.
22
Así fala o teu Señor, Iavé, o teu Deus que se querelaba co seu pobo: "Velaí: xa collín da túa man a copa da borracheira, non seguirás bebendo o cáliz da miña ira,
23
pois o puxen na man dos que te aflixiron, dos que che dixeron a ti mesmo: Tómbate para que pasemos, pon o teu lombo como a terra, como a rúa para os que pasen".
← Chapter 50
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 52 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66