bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 41
Isaiah 41
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 40
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 42 →
1
Gardade silencio: Eu fortalezo as nacións costeiras, as nacións renovan as forzas. Que se acerque, e falarán; reunámonos para o xuízo.
2
Quen suscita do oriente un xusto? Quen o chamará ante o seu trono? Quen lle pon diante os pobos? Quen lle somete os reis? Quen fixo as súas espadas numerosas coma o po e os seus arcos coma palla esparexida?
3
Quen os persegue, deixando paz ó seu paso, sen tocar o camiño cos seus pés?
4
Quen obrou e fixo isto? O que convoca á existencia ás xeracións desde un principio. Eu, o Señor, o Primeiro. Tamén cos derradeiros estarei eu.
5
As nacións costeiras veno e collen medo, os confíns da terra tremen, pero acercaranse e virán.
6
Cada un axudará ó seu próximo e diralle ó seu irmán: "Ten ánimo!"
7
O tallista animará ó ourive, ó que pule co martelo, ó que malla na zafra; diralle da lámina incrustada: "Está ben", e logo aseguraraa con cravos para que non se mova.
8
Ti, Israel, es o meu servo; Xacob, ti es quen eu elixín; ti es a descendencia de Abraham, que me amaba;
9
ti es quen eu collín dos confíns da terra e a quen chamei desde os seus extremos. Díxenche: "Ti es o meu servo, quen eu escollín e non rexeitei".
10
Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra vitoriosa.
11
Velaí: avergonzarán e serán aldraxados todos os que rabiaban contra ti, serán coma nada e perecerán os homes que loitan contra ti;
12
buscarás e non atoparás os homes que rifan contigo, serán coma nada e nulidade os homes que guerrean contra ti,
13
porque eu, o Señor, son o teu Deus, que te collo da man dereita. Eu son quen che digo: non teñas medo. Eu son quen te axuda.
14
Non teñas medo, verme de Xacob, bichiño de Israel, Eu son quen te axuda —é o Señor quen fala—; si, o que te redime, o santo de Israel.
15
Eu convértote en carro de trilla, novo, con dentes: trillarás os montes e volveralos po, converterás os outeiros en coaño.
16
Esparexeralos, botándoos ó vento, e o vendaval espallaraos. Entón ti brincarás de ledicia por mor do Señor, alegraraste polo Santo de Israel.
17
Os pobres e os necesitados buscan auga e non a hai, a súa lingua seca coa sede. Eu, o Señor, respondereilles; eu, o Santo de Israel, non os abandonarei.
18
Abrirei regueiros nas gándaras peladas; e no medio dos barrancos, mananciais, converterei o deserto nun pozo de auga, e a terra seca en fontes.
19
Porei no deserto cedros, acacias, buxos e oliveiras, porei xuntos na estepa amieiros, olmos e cipreses,
20
para que todos vexades e saibades, para que vos apliquedes e vos decatedes de que a man do Señor fixo isto e o Santo de Israel o creou.
21
Presentade a vosa defensa, aducide as vosas probas —dixo o Rei de Xacob—.
22
Alegade e mostrádenos o que vai acontecer, mostrádenos cales foron as cousas pasadas e prestarémoslles atención. Entenderiamos as cousas futuras se anunciásedes o que ha de vir.
23
Mostrádenos o que ha de vir para o futuro, e recoñeceremos que vós sodes deuses. Facédenos, pois, algún ben ou algún mal, que todos nós vos ollaremos con respecto e terémosvos medo.
24
Velaí: non sodes ninguén, velaí os vosos feitos, que non son nada: elixirvos a vós é unha abominación.
25
Eu fágoo xurdir do Norte, e vén desde o nacente do sol; será chamado por causa do meu nome. El esmaga os nobres coma se fosen barro, o mesmo que o oleiro pisa o barro.
26
Quen o deu a coñecer desde un principio?, que o recoñeceremos. Quen desde o tempo pasado?, que lle diremos: "Este é o xusto". Non, ninguén o deu a coñecer; non, ninguén o anunciou; non, ninguén oíu os vosos ditos.
27
O primeiro é Sión: velaí fala; si, deille a Xerusalén un mensaxeiro de paz.
28
Ollei, e non había un; ollei entre aqueles, e non había quen aconsellase. Se lles preguntase, devolveríanme a pregunta.
29
Velaí, todos eles son ninguén; os seus feitos non son nada; as súas imaxes fundidas, vento e nada.
← Chapter 40
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 42 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66