bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 60
Isaiah 60
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 59
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 61 →
1
Levántate, brilla, que a túa luz xa chegou; si, a gloria do Señor resplandece sobre ti.
2
Pois, olla, a escuridade encobre a terra e a negrura os pobos, pero sobre ti resplandece o Señor e a súa gloria faise ver sobre ti.
3
Certo que os pobos camiñarán coa túa luz e os reis co resplandor do teu alborexar.
4
Levanta os teus ollos arredor, todos estes xuntáronse, viñeron a ti. Os teus fillos veñen de lonxe e as túas fillas son traídas no colo.
5
Entón, cando o vexas, estarás radiante e o teu corazón latexará e ensanchará, pois as riquezas do mar traeránseche a ti e os bens dos pobos virán para ti.
6
Estarás cuberta dunha chea de camelos, de dromedarios novos de Madián e de Efah. Todos eles virán de Sabá. Virán cargados de ouro e incenso, e proclamarán ledos a loanza do Señor.
7
Todos os rabaños de Quedar xuntaranse en ti, os castróns de Nebaiot estarán ó teu servizo, subirán ó meu altar por amor, e eu glorificarei o meu prezado templo.
8
Quen son estes que voan como unha nube, si, coma pombas cara ós seus pombais?
9
Certamente, xuntaranse onda min as nacións costeiras e os barcos de Tárxix estarán á cabeza, para traeren de lonxe os teus fillos, (e) a súa prata e o seu ouro con eles, para o Nome do Señor, o teu Deus, e para o Santo de Israel, que en verdade te enche de gloria.
10
Os fillos do estranxeiro reconstruirán as túas murallas, e os seus reis estarán ó teu servizo, pois pola miña ira castigueite, pero polo meu amor tiven compaixón de ti.
11
As túas portas estarán sempre abertas, non se pecharán nin de día nin de noite, para que che traian as riquezas dos pobos, traídas polos seus reis.
12
Porque o pobo e o reino que non te sirvan a ti perecerán, e os pobos serán totalmente arrasados.
13
A riqueza do Líbano virá a ti, o ciprés, o amieiro e o buxo xuntos, para adornar o lugar do meu santuario, o lugar onde eu piso cos meus pés.
14
Virán prostarse ante ti os fillos dos que te oprimiron, e prostaranse ante a planta dos teus pés todos os que te desprezaron, e chamaranche "Cidade do Señor", "Sión do Santo de Israel".
15
En vez de estares abandonado, aborrecido, e sen xente que por ti pase, convertereite en esplendor eterno, en causa de gozo por xeracións e xeracións.
16
Mamarar o leite dos pobos e do peito dos reis mamarás, entón recoñecerás que eu son o Señor, o teu Salvador, si, o teu Redentor, o Forte de Xacob.
17
En vez de bronce traereiche ouro; e en vez de ferro traereiche prata; en vez de madeira, bronce; e en vez de pedras, ferro. Converterei a Paz no teu inspector e a Xustiza no teu rexedor.
18
Non se volverá a oír falar de violencia no teu país, nin de saqueo e de arraso dentro dos teus confíns. "Salvación" será o nome dos teus muros e o das túas portas "Loanza".
19
Non che volverá a servir o sol de luz durante o día, nin te alumará o resplandor da lúa, senón que o Señor será a túa luz eterna e o teu Deus será a túa luminosa gloria.
20
Non se volverá a pór o teu Sol e a túa Lúa non desaparecerá. Si, o Señor será a túa luz eterna e acabaranse os días do teu loito.
21
Todos os do teu pobo serán xustos e posuirán a terra eternamente, (serás) xermolo dos seus plantíos, obra das súas mans para que se mostre a súa gloria.
22
O máis pequeno volverase un millar, e o máis miúdo, un pobo poderoso. Eu, Iavé, dareime présa para realizalo ó seu tempo.
← Chapter 59
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 61 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66