bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 9
Isaiah 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 10 →
1
O pobo que camiñaba na escuridade, viu unha grande luz. Unha luz brillou sobre os que habitaban no país das sombras da Morte.
2
Multiplicaches o xúbilo, fixeches grande a ledicia. Alegráronse coa túa presenza, como coa alegría da seitura, o mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín.
3
Velaí o xugo da súa carga e o varal do seu ombreiro —o bastón de quen o oprime—: rompíchelos coma o día de Madián.
4
Pois toda bota que tropeza con ruído, e todo manto cuberto de sangue serán para a queima, serán pasto de incendio.
5
Pois velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo: a soberanía estará sobre o seu ombreiro, e será invocado con estes seus nomes: Marabilla de conselleiro, Heroe divino, Pai eterno, Soberano da Paz.
6
Oh, que grande a súa Soberanía! A paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e para afirmalo, co dereito e coa xustiza, desde agora e para sempre. O celo do Señor dos Exércitos fará isto.
7
Unha palabra mandou o Señor contra Xacob, e caeu en Israel.
8
Coñécea todo o pobo, Efraím e os habitantes de Samaría, que dicían con orgullo e na soberbia das súas intencións:
9
"Se caeron os ladrillos, construiremos con pedra labrada; se foron cortados os sicómoros, cambiarémolos por cedros".
10
Si, o Señor protexeu ó seu inimigo Resín, acirrou ós seus adversarios,
11
A Aram por diante e ós filisteos por detrás, que devoran a Israel a boca chea. Por todo isto non se muda a súa ira e a súa man está aínda estendida.
12
Pois o pobo tampouco non se converteu a quen o castigou, nin busca ó Señor dos Exércitos.
13
Por isto o Señor cortoulle a Israel a cabeza e mais o rabo, a palmeira e o xunco no mesmo día.
14
O ancián e o dignitario son a cabeza, o profeta que dá a coñecer imposturas é o rabo.
15
Os condutores deste pobo foron os que o descarreiraron, e os conducidos foron os destruídos.
16
Por isto o meu Señor non será clemente coa xuventude do pobo, nin terá compaixón dos seus orfos e das súas viúvas, pois todos eles son malvados e ruíns, e todas as bocas falan parvadas. Por todo isto non se muda a súa ira e a súa man está aínda estendida.
17
A ruindade arde coma o lume que devora silveiras e espiños, prendeu lume na espesura do bosque, e lanzou en remuíño unha grande fumareda.
18
Co paso do Señor dos Exércitos queda abrasado o país, e o pobo é pasto do lume, ninguén ten compaixón de seu irmán.
19
Un recolle froitos pola dereita, e queda con fame; come pola esquerda, e non se farta; cadaquén ten que comer a carne do seu brazo.
20
Menaxés come a Efraím; Efraím, a Menaxés; os dous xuntos a Xudá. Por todo isto non se muda a súa ira, e a súa man está aínda estendida.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66