bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Isaiah 32
Isaiah 32
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 33 →
1
Velaí un gran rei: reinará con xustiza e príncipes gobernarán con xustos decretos.
2
Entón cada un será como un refuxio contra o vento, un pendello para o temporal, coma regos de auga nun sequeiro, coma a sombra dun penedo nunha terra reseca.
3
Se os ollos dos que ven, queren ver; se os oídos dos que escoitan, queren estar atentos;
4
se a mente dos intelixentes trata de coñecer; e se a lingua dos tatexos quere falar con claridade,
5
entón ó louco non se lle volverá a chamar xeneroso, nin á súa loucura se lle chamará sabedoría.
6
Porque o louco fala loucuras e co seu corazón inventa a iniquidade, facendo sacrilexios e falando blasfemias contra o Señor, deixando baleira a gorxa do famento e negándolle a bebida ó sedento.
7
O máis íntimo da súa entraña é malo, el inventa plans para arruinar os pobres con discursos mentireiros e calumniar o necesitado no tribunal.
8
Mentres que o xeneroso planea plans xenerosos e mantense firme neles.
9
Mulleres compracentes, póndevos de pé, escoitade a miña voz. Fillas presumidas, prestade oídos ó meu dito.
10
No ano que vén, tremeredes vós, presumidas, porque desaparecerá a vendima e a seitura non virá.
11
Espantádevos, compracentes; treme ti, presumida, íspete e queda en coiros, cingue o saco sobre a cintura;
12
sobre os peitos que fan lamentación polos campos deleitosos, pola viña frutosa,
13
pola terra do meu pobo. Medran silvas e cardos en todas as casas de pracer da vila alegre.
14
Porque o pazo estará abandonado, a cidade rebuldeira quedará deserta. Ofel e Bahan quedarán para sempre baleiros, serán lugar de pracer para burros salvaxes, pasteiro de rabaños,
15
Ata que sobre vós se verta o espírito desde o alto, e o deserto se volva verxel e o verxel pareza un bosque.
16
Entón o xuízo xusto habitará no deserto e a xustiza morará no verxel;
17
o froito da xustiza será a paz, e o seu resultado vivir tranquilo e seguro para sempre.
18
Entón o meu pobo vivirá nun campo de paz, en casas seguras e en mansións tranquilas,
19
e demoucará o bosque cunha machada, e coa súa caída caerá aquela cidade.
20
Felices vós que sementaredes á beira de todas as augas, e deixaredes andar soltos os cascos do boi e do burro.
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 43
Chapter 44
Chapter 45
Chapter 46
Chapter 47
Chapter 48
Chapter 49
Chapter 50
Chapter 51
Chapter 52
Chapter 53
Chapter 54
Chapter 55
Chapter 56
Chapter 57
Chapter 58
Chapter 59
Chapter 60
Chapter 61
Chapter 62
Chapter 63
Chapter 64
Chapter 65
Chapter 66
Chapter 33 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66